Parga fes­te­xa­rá a gas­tro­no­mía e os ofi­cios tra­di­cio­nais

O en­con­tro, que te­rá lu­gar o do­min­go 16, ofer­ta­rá ac­ti­vi­da­des to­do o día pa­ra to­das as ida­des

La Voz de Galicia (Lugo) - - AGENDA -

Parga ren­de­rá ho­me­na­xe á gas­tro­no­mía e aos ofi­cios tra­di­cio­nais na XXIII Fei­ra da Can­te­ría, Ca­llos e Ar­te­sa­nía, que se ce­le­bra­rá o do­min­go 16, con ac­ti­vi­da­des du­ran­te to­do o día pa­ra to­dos os pú­bli­cos. A pro­gra­ma­ción foi pre­sen­ta­da on­te na Depu­tación —que apor­ta un­ha axu­da de 3.000 eu­ros— por Ál­va­ro San­tos, depu­tado de Re­la­cións Ins­ti­tu­cio­nais; Regina Po­lín, al­cal­de­sa de Gui­ti­riz; Fer­nan­do Ro­ca Are­nas, pre­si­den­te da Co­mu­ni­da­de de Mon­tes de Parga; e Xesús Ba­rrei­ro, pre­si­den­te da Aso­cia­ción de Pro­pie­ta­rios do Cam­po da Fei­ra de Parga.

Du­ran­te o día po­de­ra­se ver co­mo tra­ba­llan ar­te­sáns da pe­dra, da ma­dei­ra e de tear con de­mos­tra­cións de ar­te­sa­nía en di­rec­to, e de­gus­tar os ca­llos, un pra­to tí­pi­co nas an­ti­gas fei­ras. Os or­ga­ni­za­do­res ofer­ta­rán un­has 1.000 ra­cións de ca­llos. Ao lon­go da xor­na­da ta­mén ha­be­rá vi­si­tas guia­das po­la Ru­ta da Au­ga, vi­si­ta aos Muí­ños de Au­ga de Parga e Fe­rrei­ra, ru­ta guia­da en bi­ci­cle­ta ata as Can­te­iras e ac­ti­vi­da­des in­fan­tís no CIT (xogos po­pu­la­res, obra­doi­ros de pin­tu­ra, etc.)

O pro­gra­ma é o se­guin­te: 8.15h. Che­ga­da dos Can­te­iros e elección das pe­dras 8.30h. Bom­bas e co­me­zo do XX Con­cur­so de Can­te­ría 10.00h. Aper­tu­ra da Fei­ra de Ar­te­sa­nía 11.00h. Pa­sa­rrúas a car­go de Os Gai­tei­ros de Goián e da Cha­ran­ga CDV-BAND 11.00-13.00h. Pro­bas ecues­tres de an­da­du­ra fe­de­ra­das e li­bres 13.30h. Pre­gón a car­go de En­ri­que Ve­las­co —di­rec­tor da Es­co­la de Can­te­ría de Poio— na Pra­za do Cam­po da Fei­ra 13.30h. Co­me­zo da ven­da dos Ca­llos na Car­ba­llei­ra 14.00h. Pe­che do Cer­ta­me de Can­te­ría 14.15h. Fa­llo do xu­ra­do 16.00-19.00h. Xogos po­pu­la­res no CIT 16.30h. En­tre­ga de pre­mios do Con­cur­so de Can­te­ría e do con­cur­so de car­teis 17.00-19.00h. Pro­bas ecues­tres de an­da­du­ra fe­de­ra­das e li­bres 19.00h. Pe­che da mostra de ar­te­sa­nía 20.00h. En­tre­ga de Pre­mios das pro­bas ecues­tres de an­da­du­ra fe­de­ra­das e li­bres

A pro­gra­ma­ción foi pre­sen­ta­da on­te na Depu­tación

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.