Apa­ña­dos imos coa luz

La Voz de Galicia (Lugo) - - A Fondo - Mi­guel Ló­pez Cres­po Se­cre­ta­rio xe­ral da Unión de Con­su­mi­do­res de Ga­li­cia

Se al­gún con­su­mi­dor pen­sa­ba que as cou­sas ían me­llo­rar lo­go dos úl­ti­mos cam­bios no sis­te­ma eléc­tri­co, apa­ña­do vai. Nin a fac­tu­ra se­rá máis com­pren­si­ble nin os pre­zos da elec­tri­ci­da­de bai­xa­rán máis aló das flu­tua­cións dun mer­ca­do bai­xo per­ma­nen­te sos­pei­ta. Cus­tes de pro­du­ción, mar­xe de co­mer­cia­li­za­ción, trans­por­te, dis­tri­bu­ción, in­ter­rom­pi­bi­li­da­de, ca­pa­ci­da­de, per­das da re­de, cus­tes ex­tra­pe­nin­su­la­res, dé­fi­cit; to­dos eles ter­mos in­cor­po­ra­dos á no­sa fac­tu­ra que non só non des­apa­re­cen da mes­ma nin se es­pe­ra nos vin­dei­ros anos, se­nón que mes­mo a súa cuan­ti­fi­ca­ción com­plí­ca­se máis nal­gúns ca­sos. Fol­ga di­cir, po­lo tan­to, que se­gui­re­mos sen en­ten­der a fac­tu­ra da elec­tri­ci­da­de. No ca­pí­tu­lo dos pre­zos, se­gui­re­mos dis­cu­tin­do so­bre os ti­tu­la­res dos me­dios que fa­lan de can­to subiu a luz des­de a pon­te da Cons­ti­tu­ción ou des­de o anun­cio do ou que fa­lan do im­pac­to de tal ou cal con­cep­to na fac­tu­ra, ani­man­do así as so­bre­me­sas fa­mi­lia­res ou as con­ver­sas no bar e des­vian­do a aten­ción so­bre os pro­ble­mas reais do sec­tor.

Non po­de­mos per­der a pers­pec­ti­va e non po­de­mos es­que­cer que o mer­ca­do eléc­tri­co se­gue a fun­cio­nar bai­xo un­has re­gras que non re­flic­ten co­rrec­ta­men­te os cus­tes de pro­du­cir elec­tri­ci­da­de e no que di­fi­cil­men­te po­de con­fiar o con­su­mi­dor can­do se anun­cian in­ves­ti­ga­cións por par­te do re­gu­la­dor e mes­mo da Fis­ca­lía. De­be­mos lem­brar a con­for­ma­ción da fac­tu­ra da elec­tri­ci­da­de e a por­cen­ta­xe da mes­ma que se co­rres­pon­de con ele­men­tos re­gu­la­dos que, ou ben non de­be­ran es­tar in­cluí­dos ne­la, ou ben es­tan­do de­be­ran ser me­llo­ra­dos pa­ra mi­no­rar o seu im­pac­to. E por su­pos­to, non po­de­mos dei­xar de traer a co­la­ción a po­lí­ti­ca fis­cal e so­cial no ei­do da elec­tri­ci­da­de se­gui­da po­los no­sos go­ber­nan­tes, que, pe­na­li­zan­do o au­to­con­su­mo, se­guen sen con­tem­plar un­ha bai­xa­da nin dos ti­pos nin a eli­mi­na­ción de co­men­ta­dos con­cep­tos que con­for­man a ba­se im­po­ñi­ble dos im­pos­tos que a gra­van. Po­lí­ti­cas que se­guen per­mi­tin­do que mi­llóns de usua­rios se­xan des­pra­za­dos a un mer­ca­do li­bre que ofre­ce pre­zos aín­da máis ca­ros que o re­gu­la­do, no que se mul­ti­pli­can os abu­sos e no que non se con­tem­pla a apli­ca­ción do bono so­cial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.