«O meu futuro co­mo por­ta­voz de En Ma­rea de­ci­di­rano os ins­cri­tos»

O lí­der en­ca­ra nuns días un pro­ce­so asem­blea­rio no que un sec­tor da for­ma­ción cues­tio­na o seu li­de­ra­do

La Voz de Galicia (Lugo) - - Galicia - MA­RIO BERAMENDI

Xuíz den­de moi no­vo, Luís Vi­lla­res (Lu­go, 1978) irrom­peu na es­ce­na po­lí­ti­ca hai me­nos dun ano. No tem­po que le­va na pri­mei­ra fi­la xa se de­ca­tou de que es­te non ía ser un ca­mi­ño doa­do.

—¿En que se di­fe­ren­cia En Ma­rea dun par­ti­do con­ven­cio­nal?

—En moi­tas cou­sas. Pri­mei­ro, na re­la­ción que ten con esas per­soas que con­for­man o es­pa­zo po­lí­ti­co. Non nos de­fi­ni­mos co­mo un par­ti­do e nos re­co­ñe­ce­mos uns a ou­tros po­los va­lo­res que com­par­ti­mos, alén dun­ha re­la­ción or­gá­ni­ca.

—Vos­te­des di­xe­ron que eran un par­ti­do ins­tru­men­tal...

—Xu­ri­di­ca­men­te non nos que­dou máis re­me­dio que ser un par­ti­do pa­ra con­co­rrer ás elec­cións. Pe­ro so­mos un es­pa­zo.

—¿En que se con­cre­ta iso?

—Un exem­plo: mi­ra a re­la­ción de En Ma­rea coas ma­reas mu­ni­ci­pais, non nos fai fal­ta ter un­ha re­la­ción or­gá­ni­ca con Com­pos­te­la Aber­ta pa­ra que nos re­co­ñe­za­mos co­mo par­te dese mes­mo es­pa­zo. Bas­ta com­par­tir un con­xun­to de ideas. Ta­mén nos di­fe­ren­cia­mos dos par­ti­dos na fle­xi­bi­li­da­de na par­ti­ci­pa­ción. Non es­ta­mos pe­cha­dos ás per­soas nin se lles pi­de un car­né.

—¿Non cre que hai si­mi­li­tu­des cos par­ti­dos con­ven­cio­nais? Por exem­plo, re­fí­ro­me ás loi­tas po­lo po­der in­terno ou aos acor­dos dos gru­pos que for­man En Ma­rea, acor­dos nas cú­pu­las...

—As si­mi­li­tu­des po­den vir de­ter­mi­na­das á ho­ra de es­ta­ble­cer as fe­rra­men­tas de tra­ba­llo or­di­na­rio. Po­de re­cor­dar, pe­ro non ve­xo moi­tos pa­re­ci­dos. O re­par­to de po­der no es­pa­zo de En Ma­rea faino un só su­xei­to, que é o con­xun­to das per­soas ins­cri­tas, que son as que te­ñen to­do o po­der na or­ga­ni­za­ción.

—¿Non hai de­ci­sións que se to­man de arri­ba abai­xo? ¿Non hai de­ci­sións que re­fe­ren­dan as ba­ses e que son pre­via­men­te co­ci­ña­das po­las cú­pu­las?

—Non, to­do o con­tra­rio. É ao re­vés; nós ago­ra te­mos un­ha coor­di­na­ción, un con­se­llo das ma­reas, que foi eli­xi­do po­las per­soas ins­cri­tas. E iso é de abai­xo arri­ba. E foi o mes­mo pro­ce­de­men­to que se se­guiu pa­ra a po­si­ción de En Ma­rea coa mo­ción de cen­su­ra pro­pos­ta por Po­de­mos no Par­la­men­to. Non acep­ta­mos ou­tra for­ma de fun­cio­nar. Non re­co­ñe­ce­mos máis au­to­ri­da­de que a que ema­na das per­soas ins­cri­tas. Is­to afás­ta­nos do mo­de­lo clá­si­co.

—¿Sín­te­se vos­te­de cues­tio­na­do co­mo lí­der or­gá­ni­co de En Ma­rea?

—Non creo que se­xa un­ha cues­tión de per­soas. É cer­to que te­mos un de­ba­te in­terno, exis­te, e é evi­den­te, pe­ro é máis so­bre a mor­fo­lo­xía da or­ga­ni­za­ción e o rum­bo que to­ma. Do con­tra­rio, se­ría un de­ba­te po­bre. Eu xa o di­xen e o re­pi­to: o meu futuro en En Ma­rea de­ci­di­rano os ins­cri­tos.

—Xa, pe­ro é evi­den­te que hai un sec­tor que non que­re que o por­ta­voz par­la­men­ta­rio e o or­gá­ni­co se­xan a mes­ma per­soa...

—Es­ta cues­tión foi so­me­ti­da xa en di­ver­sos mo­men­tos a un de­ba­te in­terno no pro­pio ple­na­rio de Com­pos­te­la, en de­cem­bro; e hou­bo un­ha de­ci­sión moi cla­ra da asem­blea a efec­tos de non es­ta­ble­cer in­com­pa­ti­bi­li­da­des.

—¿Cre vos­te­de que ao me­llor hai un­ha ope­ra­ción de des­gas­te dos crí­ti­cos pa­ra que non re­pi­ta co­mo can­di­da­to nas pró­xi­mas au­to­nó­mi­cas?

—As au­to­nó­mi­cas es­tán aín­da moi lon­xe. Eu vincu­lo to­do o que es­tá a acon­te­cer ao pro­pio di­na­mis­mo de En Ma­rea, a un­ha or­ga­ni­za­ción que vén de na­cer e á que aín­da se lle es­tá dan­do for­ma. Is­to ten in­tere­se po­lí­ti­co, ver cal é a evo­lu­ción do es­pa­zo de uni­da­de po­pu­lar, que na­ceu alen­ta­do por Bei­ras hai xa máis de cin­co anos.

—A ru­mo­ro­lo­xía in­ter­na apun­ta a que Mar­ti­ño No­rie­ga po­de­ría ser un dos can­di­da­tos á Xun­ta no 2020...

—In­sis­to, iso se­rá un­ha cou­sa que no seu mo­men­to lles co­rres­pon­de­rá de­ci­dir aos ins­cri­tos. Eles te­rán a úl­ti­ma pa­la­bra.

—¿Que po­si­ción cre que vai man­ter Bei­ras no pró­xi­mo ple­na­rio an­te as vo­ces que o dis­cu­ten?

—Non me atre­vo a di­cir o que po­de fa­cer Bei­ras. Pe­ro ten­do en con­ta es­tes cin­co anos, a súa po­si­ción se­rá a de sem­pre: o pro­ta­go­nis­mo ten que ser das per­soas ins­cri­tas, de­las de­pen­de a con­ti­nui­da­de des­te es­pa­zo.

—Non me re­fi­ro a ni­vel teó­ri­co ou xe­ral, se­nón a co­mo vai reac­cio­nar Bei­ras res­pec­to de quen cues­tio­na o seu rol co­mo lí­der...

—Bei­ras du­ran­te to­do o pri­mei­ro cua­dri­mes­tre ate o 2 de abril, que se cons­ti­tuíu a no­va coor­di­na­do­ra, dixo cla­ra­men­te que el con­si­de­ra­ba que nes­te mo­men­to de con­so­li­da­ción de­be­rían coin­ci­dir as por­ta­vo­cías or­gá­ni­ca e par­la­men­ta­ria. Den­de aque­la pa­sou pou­co tem­po, e o nor­mal é que a súa po­si­ción non va­ria­ra en tres me­ses.

—O ou­tro día o al­cal­de de Fe­rrol fa­cía un­ha cha­ma­da a dei­xar de fa­lar de cues­tións in­ter­nas e fa­lar da xen­te e dos seus pro­ble­mas...

—Iso é o que in­ten­ta­mos en En Ma­rea den­de o seu na­ce­men­to e no que eu sem­pre es­ti­ven ocu­pa­do.

—No par­ti­do de En Ma­rea hai un de­ba­te or­gá­ni­co, pe­ro ta­mén ideo­ló­xi­co. ¿Non hai un­ha pug­na en­tre un sec­tor na­cio­na­lis­ta e un sec­tor máis afín a Po­de­mos?

—Até ago­ra dí­xo­se un­ha cou­sa que non era cer­ta, que o es­pa­zo de Po­de­mos non es­ta­ba re­pre­sen­ta­do na coor­di­na­do­ra. A Gon­za­lo Ro­drí­guez pro­pú­xoo Po­de­mos, e Ele­na Co­res é de Po­de­mos. En Ma­rea é trans­ver­sal, e na­ceu co­mo un pro­xec­to no que te­ñen ca­bi­da os na­cio­na­lis­tas e os non na­cio­na­lis­tas. So­mos un es­pa­zo po­lí­ti­co so­be­rano de ads­cri­ción in­di­vi­dual.

—¿Non cre vos­te­de que a ac­ción po­lí­ti­ca de En Ma­rea no Con­gre­so es­tá ab­so­lu­ta­men­te fa­go­ci­ta­da por Po­de­mos?

—Non. Pa­ra em­pe­zar o pro­pio no­me de En Ma­rea es­tá pre­sen­te. Gra­zas á ac­ción po­lí­ti­ca que es­tá le­van­do a ca­bo, os de­ba­tes que in­tere­san no no­so país e ás súas maio­rías so­ciais es­tán pre­sen­tes no Par­la­men­to es­pa­ñol.

—¿Por exem­plo?

—Pois to­do o de­ba­te da AP-9 ou o que es­tá a acon­te­cer con Fe­rroatlán­ti­ca, ou mes­mo con ou­tras cues­tións re­la­cio­na­das coa pes­ca e coa cons­tru­ción na­val.

—Raúl Ase­gu­ra­do, de Ano­va, dixo que na súa coor­di­na­do­ra ha­bía trai­do­res e tráns­fu­gas...

—A crí­ti­ca sem­pre é ad­mi­si­ble e desexa­ble, má­xi­me nun es­pa­zo plu­ral co­mo o no­so, pe­ro sen en­trar en des­cua­li­fi­ca­cións.

—¿En que se di­fe­ren­za En Ma­rea de AGE?

—En Ma­rea é a evo­lu­ción na­tu­ral de AGE, pe­ro coa am­plia­ción a máis es­pa­zos po­lí­ti­cos. AGE era un­ha coa­li­ción e is­to xa non o é. So­mos un pro­xec­to de par­ti­ci­pa­ción in­di­vi­dual, aín­da que hai par­ti­dos que exer­cen de mo­to­res. E hai xen­te á que lle cus­ta en­ten­de­lo.

«É cer­to que te­mos un de­ba­te, pe­ro non de per­soas, se­nón so­bre a mor­fo­lo­xía da or­ga­ni­za­ción» «Non é cer­to que o es­pa­zo de Po­de­mos non es­tea re­pre­sen­ta­do na coor­di­na­do­ra»

PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Luís Vi­lla­res, na sede do gru­po, cre que hai que de­ba­ter de pro­xec­tos, non de per­soas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.