«O Xuvenciencia es­tá atraen­do alum­nos ao cam­pus de Lu­go»

Máis da me­ta­de dos par­ti­ci­pan­tes nes­ta ac­ti­vi­da­de da uni­ver­si­da­de ma­tri­cu­lá­ron­se na USC

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo - LAU­RA LÓ­PEZ

O cam­pus lu­cen­se con­ver­teu­se es­ta se­ma­na nun fer­ve­doi­ro de vo­ca­cións cien­tí­fi­cas. Un to­tal de 135 alum­nos de cuar­to de ESO e pri­mei­ro de BAC —118 que­da­ron fó­ra por fal­ta de pra­zas— par­ti­ci­pa­ron es­ta se­ma­na na quin­ta edi­ción do Cam­pus de Ve­rán Xuvenciencia, un­ha ci­ta que, se­gun­do ex­pli­ca a súa coor­di­na­do­ra, Mer­ce­des No­vo Ro­drí­guez, do de­par­ta­men­to de Quí­mi­ca-Fí­si­ca da fa­cul­ta­de de Cien­cias, es­tá ple­na­men­te con­so­li­da­da. Ade­mais do cam­pus de ve­rán, o pro­gra­ma de di­vul­ga­ción cien­tí­fi­ca Xuvenciencia or­ga­ni­za ou­tras dúas ac­ti­vi­da­des ao lon­go de to­do o ano: un­has xor­na­das de for­ma­ción pa­ra o pro­fe­so­ra­do e ac­ti­vi­da­des nas au­las dos ins­ti­tu­tos a tra­vés da uti­li­za­cións duns kits cien­tí­fi­cos que ela­bo­ran no pro­pio cam­pus. —¿Que no­vi­da­des hou­bo es­te ano no cam­pus de ve­rán Xuvenciencia? —Hou­bo moi­tas ac­ti­vi­da­des no­vas, en­tre elas, un obra­doi­ro con dro­nes, de xe­né­ti­ca, zoo­lo- xía, dan­za, tea­tro, au­dio­vi­sual coa Fun­da­ción TIC... e ha­bía pro­gra­ma­da un­ha vi­si­ta a So­ta­ven­to, pe­ro non a pui­de­mos fa­cer po­la fol­ga de trans­por­tes. —O cam­pus non é ex­clu­si­va­men­te cien­tí­fi­co... —É cien­tí­fi­co no máis am­plo sen­ti­do da pa­la­bra, abar­ca to­das as áreas das cien­cias so­ciais, ar­tes, hu­ma­ni­da­des, cien­cia... cun­ha gran va­rie­da­de de ac­ti­vi­da­des pa­ra que os alum­nos en­tren en con­tac­to con es­tas áreas. —¿Con que fi­na­li­da­de na­ceu es­te cam­pus? —O ob­xec­ti­vo é que os mo­zos en­tren en con­tac­to coas dis­tin­tas ra­mas das cien­cias e que ve­xan de pri­mei­ra man o que se fai. Ta­mén, que te­ñan con­tac­to coa uni­ver­si­da­de e que tra­ba­llen, de for­ma prác­ti­ca, nas dis­tin­tas dis­ci­pli­nas; así apren­den fa­cen­do. Os alum­nos tra­ba­llan con to­do o equi­pa­men­to que ten a uni­ver­si­da­de, son aten­di­dos por pro­fe­so­ra­do ex­per­to e saen gra­ta­men­te sor­pren­di­dos. —Ou­tro dos ob­xec­ti­vos é cap­tar alum­nos pa­ra o cam­pus de Lu­go. ¿Es­ta­se lo­gran­do? —Is­to é un pro­ce­so len­to por­que le­va­mos soa­men­te cin­co edi­cións e hai alum­nos que aín­da es­tán en cuar­to de ESO. Pe­ro ela­bo­ra­mos un­has es­ta­tís­ti­cas que xa nos per­mi­ten ase­gu­rar que o Xuvenciencia es­tá atraen­do alum­nos ao cam­pus de Lu­go. De fei­to, máis do 50% do alum­na­do de Xuvenciencia ma­tricu­lou­se na USC, e de­sa por­cen­ta­xe, un 33% fí­xoo no cam­pus de Lu­go. Ten­do en con­ta que a sede lu­cen­se su­pón un 20% da USC, es­tá cla­ro que es­ta­mos atraen­do es­tu­dan­tes. Pe­ro os datos hai­nos que afi­nar máis por­que aín­da nos fal­ta un­ha com­pa­ra­ti­va, é di­cir, sa­ber que te­ría fei­to ese alum­na­do de non par­ti­ci­par no Xuvenciencia. Ou­tro dato im­por­tan­te é que hai es­tu­dan­tes que par­ti­ci­pa­ron nes­te cam­pus de ve­rán e que ago­ra co­la­bo­ran co­mo mo­ni­to­res. —¿Re­pi­ten ano tras ano os es­tu­dan­tes? —Si, é im­por­tan­te des­ta­car que hai moi­to alum­na­do que re­pi­te. Dos 135 par­ti­ci­pan­tes, 35 xa es­ti­ve­ron ou­tros anos, al­gún mes­mo era a ter­cei­ra vez que vi­ña. Pa­ra es­tes «ve­te­ra­nos» te­mos un pro­gra­ma es­pe­cial. Ade­mais, hai es­tu­dan­tes de to­da Es­pa­ña e ta­mén de Por­tu­gal, to­dos eles moi mo­ti­va­dos e con moi­tas ga­nas de apren­der.

AL­BER­TO LÓ­PEZ

No­vo tra­ba­lla na fa­cul­ta­de de Cien­cias de Lu­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.