O fe­nó­meno Re­su­rrec­tion Fest

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - MI­GUEL SANDE

Sick Of it All. Ese é o no­me cla­ve. Es­te gru­po neo­ior­quino de hard­co­re punk es­tá na ori­xe do Re­su­rrec­tion Fest. Era o pre­di­lec­to dun­ha pan­da de ra­pa­ces que ten­ta­ban to­car rock e me­tal e que un día ar­ga­lla­ron trae­los a Vi­vei­ro só pa­ra te­ren oca­sión de par­ti­ci­par nun con­cer­to can­da eles. E foi. Na praia ur­ba­na de Co­vas. No 2006. Co­mo to­da lou­cu­ra ou ou­sa­día —pa­ra ma­te­ria­li­za­la— ten de ha­ber cóm­pli­ces; ato­pá­rono no en­tón al­cal­de de Vi­vei­ro. Melchor Roel da­ba o per­fil:

pro­gre, en tem­pos do PC, do máis clan­des­tino; gus­ta­ba dos ver­sos de Be­ne­det­ti e da can­ción pro­tes­ta. Coa súa me­le­na, va­quei­ros e zu­rrón sem­pre ás cos­tas, can­do che­gou á al­cal­día a maior cu­rio­si­da­de era sa­ber se ía ves­tir ga­ra­ba­ta e co­man­dar as pro­ce­sións de Se­ma­na San­ta. E si, par­ti­ci­pou nos pa­sos e na ce­le­bra­ción e des­pois, iso si, im­pul­sou cun ra­paz de só 18 anos un fes­ti­val da mú­si­ca máis ex­tre­ma.

No re­cin­to do Re­su­rrec­tion Fest hai un ac­ce­so prin­ci­pal que le­va o seu no­me en gra­ti­tu­de; cu­rio­so, é un­ha ave­ni­da de­di­ca­da só por tres días, en ca­da edi­ción; o res­to do ano vol­ve ser un cam­po un tan­to des­coi­da­do de­trás da pis­ci­na municipal. Fran­ca­men­te, nin­guén apos­ta­ba un eu­ro por es­te fes­ti­val. Can­do co­me­zou a che­gar máis e máis xen­te ra­ra con cris­tas de to­das as co­res, ca­mi­se­tas ne­gras con cra­nios e ta­toos e fo­ron en­chen­do to­das as zo­nas de acam­pa­da, ha­bía ata cer­to te­mor; nun­ca se vi­ran en Vi­vei­ro tan­tos fur­góns an­ti­dis­tur­bios en rin­glei­ra si­tuán­do­se en zo­nas es­tra­té­xi­cas da ci­da­de. Xa­mais acon­te­ceu na­da gra­ve. Ho­xe ocú­pan­se ha­bi­ta­cións e sui­tes nos ho­teis de maior ca­te­go­ría; non que­da un­ha soa pra­za ba­lei­ra, a pe­sa­res de que se tri­pli­can os pre­zos nos días cen­trais de con­cer­tos. Lei de mer­ca­do sei­ca. E a se­gu­ri­da­de ex­tré­ma­se, pe­ro é xa pa­ra pre­vir ac­cións ex­ter­nas. Cal­cú­lan­se uns 70.000 fans. Eis o gran cam­bio, ta­mén de men­ta­li­da­de.

Ago­ra hai xa dúas ci­tas gran­des, re­le­van­tes, ca­da ano que dan un­ha sin­gu­la­ri­da­de es­pe­cial a Vi­vei­ro: a súa Se­ma­na San­ta In­ter­na­cio­nal e, ape­nas dous ou tres me­ses des­pois, o Re­su­rrec­tion Fest; es­ta trans­for­ma­ción tan ra­di­cal non de­be su­ce­der en nin­gún ou­tro lu­gar do mun­do. Bru­tal. On­de de an­ti­go se abría e lim­pa­ba o pei­xe pa­ra as con­ser­vei­ras, alí en Ce­lei­ro, ago­ra soa co maior es­tron­do o me­tal máis in­dus­trial, o hard­co­re eo punk eo seu eco re­soa —mar por me­dio— en to­da Eu­ro­pa con apoio xa de to­das as ins­ti­tu­cións. Mo­tör­head, Iron Mai­den, Ramms­teim e 400 ban­das máis, ca­dan­súa máis un­der­ground. Nun re­can­to ao do­brar o ma­pa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.