De cos­tas á reali­da­de

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - X. L. FRAN­CO GRAN­DE

Otem­po que se lle vén de­di­can­do ás miu­de­zas é moi­to maior que o consagrado aos te­mas e si­tua­cións máis im­por­tan­tes. Ca­se se­gu­ro que o saú­do ne­ga­do, ao pa­re­cer, por Gon­zá­lez a Igle­sias, nun re­cen­te ac­to po­lí­ti­co, ou a au­sen­cia do rei emé­ri­to ne­se mes­mo ac­to, me­re­ce­ron máis tin­ta que a cre­cen­te po­bre­za que dei­xa a tan­ta xen­te sen ilu­sións.

Po­de que o tra­ta­men­to ex­ce­si­vo de­sas e ou­tras miu­de­zas e fri­vo­li­da­des te­ña co­mo fi­na­li­da­de aga­char reali­da­des ou si­tua­cións que non gus­tan, pro­cu­ran­do que per­ma­ne­zan in­vi­si­bles en­tre tan­to bou­reo. Po­den pa­re­cer ás ve­ces ex­pli­ca­cións li­xei­ras; pe­ro, na maio­ría, coida­mos que non o son. Os que te­ñen po­der (se­xa po­lí­ti­co, me­diá­ti­co ou cal­que­ra ou­tro que le­ve apa­re­lla­do in­fluen­cia), sa­ben moi ben can­do e co­mo aga­char as reali­da­des ou as si­tua­cións que se pre­fi­re non exis­ti­sen.

En­tre os in­fi­ni­tos ca­sos si­na­le­mos ago­ra tan só o de Ve­ne­zue­la, da que se nos pin­ta un­ha si­tua­ción que acen­túa e su­bli­ña a xa ben ma­la da­quel país can­do xor­de —e xor­de a miú­do— al­gún es­cán­da­lo de co­rrup­ción: un­ha ma­nei­ra de dis­traer á xen­te, co­mo xa se ten de­mos­tra­do, é le­var a súa aten­ción a ou­tra par­te. E xa non fa­le­mos de Ca­ta­lu­ña.

Trá­ta­se dun­ha moi ma­la po­lí­ti­ca: é ma­ni­fes­to que pro­ce­den­do de­sa ma­nei­ra o que se lo­gra é illar á xen­te da reali­da­de. Non po­de ha­ber peor po­lí­ti­ca que aga­char a reali­da­de, por­que é pre­ten­der vi­vir fó­ra de­la e, de­sa ma­nei­ra, ne­gar a fun­ción e a esen­cia mes­ma da ac­ti­vi­da­de po­lí­ti­ca. E con­sé­gue­se coa co­la­bo­ra­ción dal­gúns me­dios de co­mu­ni­ca­ción e per­sua­sión, co­mo é ben sa­bi­do. E con efi­ca­cia pro­ba­da, tan­to que xa un du­bi­da de que, en con­tra do que pen­sa­ba Lin­coln, ho­xe é po­si­ble en­ga­nar a to­do o mun­do to­do o tem­po. A súa fra­se xa nos em­pe­za a re­sul­tar fer­mo­sa por de­mais ¿A is­to te­re­mos che­ga­do?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.