Os ca­mi­ños que abriu Agus­tín

A pi­ques de con­me­mo­rar­se o seu ca­bo­dano, a pre­sen­za li­te­ra­ria de Fer­nán­dez Paz non di­mi­núe, coa pu­bli­ca­ción de no­vos li­bros e a súa po­si­ción nas le­tras ga­le­gas

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

«Cos seus li­bros pós­tu­mos pu­bli­ca­dos ao lon­go des­te ano semella que Agus­tín es­tá aín­da en­tre nós». O crí­ti­co li­te­ra­rio Ra­món Ni­co­lás re­su­me o sen­tir dos moi­tos lec­to­res que ti­vo en vi­da Agus­tín Fer­nán­dez Paz, de quen o vin­dei­ro mér­co­res se fai o pri­mei­ro ca­bo­dano do seu pa­sa­men­to aos 69 anos. A re­cen­te pu­bli­ca­ción de Un mun­do de pa­la­bras (Xe­rais) tes­te­mu­ña ese fe­nó­meno do­bre: dun­ha ban­da, pro­pi­cia esa mi­ra­xe dun es­cri­tor en ple­na ac­ti­vi­da­de; dou­tra, é un chan­zo máis na obra dun au­tor que pre­ci­sa­men­te por vo­ca­ción e ca­li­da­de se si­tuou sem­pre fó­ra do tem­po.

Es­ta ca­li­da­de in­flúe na per­cep­ción do con­xun­to da súa es­cri­ta: «Éme di­fí­cil ava­liar se se pro­du­ciu al­gun­ha mo­di­fi­ca­ción na ava­lia­ción da súa obra en con­xun­to na so­cie­da­de lec­to­ra pois pa­ra min sem­pre foi un dos gran­des au­to­res con­tem­po­rá­neos: coida­do­so na súa obra ata a ex­te­nua­ción abriu, ade­mais, ca­mi­ños po­los que no­vas xe­ra­cións tran­si­tan ago­ra», ana­li­za Ni­co­lás, quen ta­mén in­vo­ca a atem­po­ra­li­da­de dos li­bros de Fer­nán­dez Paz: «Ao tra­tar­se, a súa, dun­ha obra con cla­ra vo­ca­ción de per­ma­nen­cia non é di­fí­cil con­xec­tu­rar que, co pa­so de tem­po, vaia­mos no­tan­do máis a súa au­sen­cia, ma­lia que sem­pre te­ña­mos o con­so­lo de ato­pa­lo nos seus li­bros».

«Con­fío que a me­di­da que pa­se o tem­po, a fi­gu­ra de Agus­tín Fer­nán­dez Paz ocu­pa­rá o es­pa­zo que merece na li­te­ra­tu­ra ga­le­ga de en­tre sécu­los, tan­to po­lo seu pa­pel ful­cral no de­sen­vol­ve­men­to do sub­xé­ne­ro in­fan­til e xu­ve­nil co­mo, e so­bre to­do, po­la súa for­ma de en­ten­der a flui­dez da es­cri­ta na­rra­ti­va», va­ti­ci­na o seu edi­tor, Ma­nuel Bra­ga­do, di­rec­tor de Xe­rais. Nes­te se­lo apa­re­ce­rá no 2018 A pa­tria da lin­gua, «un­ha obra que Agus­tín dei­xou pla­ni­fi­ca­da aín­da que non pui­do fi­na­li­zar com­ple­ta­men­te» so­bre cues­tións de po­lí­ti­ca lin­güís­ti­ca. So­bre a me­sa es­tá ta­mén a po­si­bi­li­da­de de pu­bli­car ou­tro iné­di­to, un tex­to de tea­tro pa­ra mo­ni­cre­ques, men­tres Xe­rais con­ti­nua­rá co «pro­ce­so de co­mu­ni­ca­ción do con­xun­to da obra de Agus­tín» e a súa co­la­bo­ra­ción co pre­mio de na­rra­ti­va in­fan­til e xu­ve­nil po­la igual­da­de que le­va o seu no­me e que re­sol­ve­rá a súa pri­mei­ra con­vo­ca­to­ria es­te ou­tono en Vilalba.

Tan­to Ra­món Ni­co­lás co­mo Ma­nuel Bra­ga­do ci­tan a in­fluen­cia vi­xen­te de Fer­nán­dez Paz nun­ha «xe­ra­ción de lec­to­res e lec­to­ras li­te­ra­rios, que ago­ra se es­tá in­cor­po­ran­do co­mo au­to­res e au­to­ras da na­rra­ti­va ga­le­ga de ho­xe, e que o re­co­ñe­cen co­mo o seu mes­tre in­dis­cu­ti­ble», ex­pón o edi­tor, pa­ra quen Fer­nán­dez Paz non era só un es­cri­tor máis do ca­tá­lo­go, se­nón al­guén que con­tri­buía coa súa voz ás cues­tións ac­tuais. «Non ne­go que ao lon­go des­te ano bo­ta­mos moi­to en fal­ta o cri­te­rio equi­li­bra­do co que Agus­tín par­ti­ci­pa­ba nos de­ba­tes da no­sa so­cie­da­de li­te­ra­ria, ese en­tu­sias­mo mi­li­tan­te que tan­tos azos nos ache­gou en mo­men­tos de con­fu­sión e in­cer­te­za co­mo os que vi­vi­mos», lem­bra o edi­tor, quen evo­ca ade­mais a en­gaio­lan­te per­so­na­li­da­de do es­cri­tor: «Agus­tín dei­xou un am­plo le­ga­do li­te­ra­rio, que aven­tu­ro con­ti­nua­rá in­tere­san­do ao lec­to­ra­do de xe­ra­cións fu­tu­ros, ao tem­po que un­ha pe­ga­da mar­can­te nos no­sos co­ra­zóns».

«Agus­tín dei­xou un am­plo le­ga­do li­te­ra­rio, ao tem­po que un­ha pe­ga­da mar­can­te nos no­sos co­ra­zóns» Ma­nuel Bra­ga­do Edi­tor «Foi exem­plo de moi­tas cou­sas pa­ra min e pa­ra moi­ta xen­te. Do que é o va­lor da li­ber­da­de e da ho­nes­ti­da­de na es­cri­ta, nos afec­tos» Ola­lla Co­ci­ña Es­cri­to­ra «Cos seus li­bros pós­tu­mos semella que se­gue en­tre nós. Pa­ra min sem­pre foi un dos gran­des au­to­res con­tem­po­rá­neos» Ra­món Ni­co­lás Crí­ti­co li­te­ra­rio

ÓS­CAR VÁZ­QUEZ

Xe­rais pu­bli­ca­rá obras iné­di­tas de Fer­nán­dez Paz.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.