Os tru­cos do ma­le­tín e a ma­xia dos anun­cios por pa­la­bras

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura -

A poe­ta Ola­lla Co­ci­ña (Vi­vei­ro, 1979) per­ten­ce a un­ha xe­ra­ción que, ma­lia a di­fe­ren­za tem­po­ral, co­nec­tou de xei­to in­me­dia­to coa pro­pos­ta li­te­ra­ria de Agus­tín Fer­nán­dez Paz. Co­ci­ña re­pre­sen­ta ta­mén a ese gru­po de per­soas que em­pe­za­ron a ler a Fer­nán­dez Paz pa­ra lo­go con­ver­ter­se en au­to­res, un pro­ce­so ao que non fo­ron alleas as súas lec­tu­ras do es­cri­tor. «Co­ñe­cino sen­do ado­les­cen­te por­que ti­ven a sor­te de for­mar par­te do xu­ra­do do Pre­mio Mer­lín», lem­bra a au­to­ra. Caí­mo­nos ben. «Eu era lec­to­ra de­vo­ta, e co­me­za­mos a es­cri­bir­nos. Abría as súas lon­gas car­tas coida­do­sa­men­te me­ca­no­gra­fa­das sen­tín­do­me im­por­tan­te: el con­tá­ba­me os in­trín­gu­lis da es­cri­ta, os li­bros nos que an­da­ba, e ta­mén cou­sas da vi­da, sen es­ca­ti­mar tem­po nin es­ti­lo nin es­pa­zo. Eu res­pon­día­lle coas mi­ñas mo­vi­das, fa­la­ba­mos de igual a igual», re­me­mo­ra. O pro­pio Fer­nán­dez Paz era cons­cien­te des­ta in­fluen­cia en lec­to­res máis mo­zos e, ma­lia ser alleo aos ex­ce­sos do ego de tan­tos crea­do­res, co­men­tá­bao con or­gu­llo con­ti­do.

Ade­mais dese fío de co­mu­ni­ca­ción, que con­ver­tía a Fer­nán­dez Paz no es­cri­tor ideal se­gun­do o cri­te­rio de Hol­den Caul­field, o ines­que­ci­ble pro­ta­go­nis­ta de O vixía no cen­teo, de Sa­lin­ger —«O que en reali­da­de me gus­ta é can­do re­ma­tas de ler un li­bro e che gus­ta­ría que o au­tor que o es­cri­biu fo­se o teu gran ami­go e pui­de­ses fa­lar­lle por te­lé­fono can­do che pe­ta­se»—, ta­mén es­ta­ban os li­bros. «Lem­bro que ler Con­tos por pa­la­bras me abriu a men­te, de ado­les­cen­te: na reali­da­de ato­pá­ba­se to­do o ma­te­rial da fan­ta­sía. Co­rre­do­res de som­bra é un­ha es­cu­sa pa­ra fa­lar do que su­pu­xo a di­ta­du­ra fran­quis­ta, que dal­gún xei­to era o que el que­ría», enu­me­ra Ola­lla Co­ci­ña.

O fo­men­to da lec­tu­ra

De Agus­tín Fer­nán­dez Paz ta­mén fas­ci­na­ba co­mo se ser­vía da ma­xia da li­te­ra­tu­ra pa­ra os seus pro­pó­si­tos pe­da­gó­xi­cos, o fo­men­to da lec­tu­ra, o máis prio­ri­ta­rio. «Que­ría que os ne­nos le­sen, sem­pre pen­san­do en co­mo fo­men­tar a lec­tu­ra, sacando pe­que­nos tru­cos do seu ma­le­tín, re­cor­dan­do os no­mes dos ne­nos anos des­pois. Acu­día a cal­que­ra co­le­xio hu­mil­de an­tes que aos ac­tos de loas...», lem­bra a poe­ta, quen ci­ta un en­con­tro da súa nai, mes­tra en Vi­vei­ro: «Mi­ña nai cón­ta­me: ‘Re­cor­do que fo­ra­mos to­mar al­go un día dos tres que veu fa­lar cos ne­nos e co­lleu La Voz pa­ra mi­rar os anun­cios. En­tón sa­cou moi mis­te­rio­so va­rios re­cor­tes de anun­cios do pe­to da cha­que­ta e dixo que eran in­cri­bles, que aí ha­bía moi­ta his­to­ria. Du­ran­te un tem­po eu imi­teino bus­can­do anun­cios e dá­do­llos aos ne­nos’».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.