«Avións de pa­pel»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - X. F. RE­DAC­CIÓN / LA VOZ

Xa­vier Estévez Ilus­tra­cións de Mar­cos Vi­so Edi­cións Xe­rais de Ga­li­cia Co­lec­ción Mer­lín 200 pá­xi­nas. 13,50 eu­ros

Avións de pa­pel é o li­bro co que Xa­vier Estévez (Bru­xe­las, 1969) foi fi­na­lis­ta no 2016 do pre­mio Mer­lín e que se pu­bli­ca ago­ra na co­lec­ción do mes­mo no­me. Os pro­ta­go­nis­tas son dous ra­pa­ces que vi­ven en Vi­go, Lu­cas e Sa­ra, que se co­ñe­cen de xei­to ca­sual: el tim­bra na súa ca­sa pa­ra de­vol­ver­lle o avión de pa­pel que ela guin­dou po­la xa­ne­la. O azar, co­mo adoi­ta su­ce­der tan­tas ve­ces, co­nec­ta dúas vi­das ata en­tón se­pa­ra­das, pe­ro que a par­tir des­te in­tre co­me­zan a in­fluír­se mu­tua­men­te. O in­tere­se po­la es­cri­tu­ra e a lec­tu­ra é al­go que te­ñen en co­mún: non é ca­sual que a no­ve­la se es­tru­tu­re so­bre a voz en pri­mei­ra per­soa dos per­so­na­xes, que se vai al­ter­nan­do nos ca­pí­tu­los ou en ana­cos de dia­rios.

Pe­ro, ade­mais da pa­la­bra es­cri­ta, ta­mén es­tá a ima­xe. A apa­ri­ción dun graf­fi­ti asi­na­do por Hop­per —un­ha alu­sión trans­pa­ren­te ao pin­tor nor­te­ame­ri­cano, ci­ta­do no li­bro— que re­tra­ta un neno cun pa­pa­ven­tos —á súa vez alu­sión ao gra­fi­tei­ro bri­tá­ni­co Banksy, ta­mén alu­di­do na obra— in­tri­ga aos pro­ta­go­nis­tas, que caen en­gaio­la­dos po­lo fei­ti­zo des­ta ma­ni­fes­ta­ción de ar­te ur­ba­na. O graf­fi­ti, ade­mais, mar­ca sim­bo­li­ca­men­te un­ha se­pa­ra­ción cun­ha par­te do mun­do adul­to que non en­ten­de es­tas ma­ni­fes­ta­cións, co­mo tam­pou­co as ilu­sións dos máis ca­ti­vos.

Par­te grá­fi­ca

Xa que lo­go, Avións de pa­pel con­ta cun­ha im­por­tan­te par­te grá­fi­ca. Mar­cos Vi­so re­crea con co­res ma­ti­za­das e fi­gu­ras evo­ca­do­ras a re­la­ción en­tre Lu­cas e Sa­ra, in­cluí­da a re­crea­ción do graf­fi­ti de Hop­per. Can­do re­ma­ta o li­bro, Estévez asi­na un­ha no­ta na que re­la­cio­na o tema da no­ve­la coa sen­si­bi­li­da­de po­la ar­te, en con­cre­to o graf­fi­ti e a ar­te ur­ba­na. O es­cri­tor tra­za un bre­ve pa­no­ra­ma dos ar­tis­tas vi­gue­ses, es­pe­cial­men­te Po­wo­ne, de quen se re­pro­du­cen fo­to­gra­fi­ca­men­te un bo nú­me­ro de pe­zas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.