«Lu­go po­de aco­ller cal­que­ra pro­ba»

O edil des­ta­ca o éxi­to dos Xo­gos do Ei­xo Atlán­ti­co e a boa re­la­ción do Con­ce­llo cos clu­bes

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo - X. R. PENOUCOS

Lu­go foi nos de­rra­dei­ros días a sede cen­tral da 12 edi­ción dos Xo­gos do Ei­xo Atlán­ti­co, com­pe­ti­ción que con­gre­gou a ca­se 2.000 de­por­tis­tas de dis­tin­tas lo­ca­li­da­des de Ga­li­cia e Por­tu­gal. O con­ce­llei­ro de Deportes lu­cen­ses, Mi­guel Fer­nán­dez, fai un­ha va­lo­ra­ción moi po­si­ti­va do even­to e des­ta­ca a boa sin­to­nía en­tre o Con­ce­llo e os dis­tin­tos clu­bes da ci­da­de.

—¿Có­mo va­lo­ra os Xo­gos do Ei­xo Atlán­ti­co?

—A va­lo­ra­ción non po­de ser máis po­si­ti­va. Lu­go le­va seis días cheo de luz, cor, es­pí­ri­to de­por­ti­vo, com­pe­ti­ti­vi­da­de san e con­vi­ven­cia en­tre de­por­tis­tas ga­le­gos e por­tu­gue­ses. Ade­mais, e ten­do en con­ta un­ha com­pe­ti­ción cun­ha am­pla par­ti­ci­pa­ción co­mo es­ta, po­de­mos es­tar or­gu­llo­sos de que to­do pa­sa­ra se­gun­do o pre­vis­to. Por iso, nes­ta li­ña que­ro agra­de­cer, prin­ci­pal­men­te, o tra­ba­llo e im­pli­ca­ción dos dis­tin­tos de­par­ta­men­tos mu­ni­ci­pais dos tres con­ce­llos que aco­lle­mos es­tes xo­gos -Lu­go, Sarria e Mon­for­te-, á Depu­tación e ao pro­pio Ei­xo Atlán­ti­co pa­ra que es­tes xo­gos fo­sen un­ha reali­da­de. De­trás hou­bo me­ses de tra­ba­llo pa­ra ter to­do a pun­to pa­ra que se dispu­tara es­ta com­pe­ti­ción, que nos po­rá den­de ago­ra no ma­pa de­por­ti­vo in­ter­na­cio­nal.

—¿Sor­pren­deu­lle o po­der de con­vo­ca­to­ria des­ta com­pe­ti­ción?

—Por su­pos­to. As ex­pec­ta­ti­vas es­tán am­pla­men­te su­pe­ra­das. Es­ta­mos fa­lan­do de 1.850 ra­pa­ces e ra­pa­zas ins­cri­tos pro­ce­den­tes de 29 mu­ni­ci­pios de Ga­li­cia e Por­tu­gal, sen­do es­tes os se­gun­dos xo­gos con máis po­der con­vo­ca­to­ria da súa his­to­ria. A ex­pe­di­ción de Lu­go ta­mén foi a máis nu­me­ro­sa nos anos que os mo­zos e mo­zas lu­gue­sas le­van com­pe­tin­do nes­tes xo­gos. De­ron exem­plo de bos an­fi­trións. Po­lo tan­to, a aco­lli­da foi in­me­sa, e a ex­pe­ri­cen­cia or­ga­ni­za­ti­va e de con­vi­ven­cia ta­mén, e nes­ta li­ña, es­ta­mos moi sa­tis­fei­tos.

—¿Lu­go es­tá pre­pa­ra­do pa­ra aco­ller cam­pio­na­tos de si­mi­la­res ca­rac­te­rís­ti­cas?

—Lu­go es­tá pre­pa­ra­do pa­ra aco­ller cal­que­ra ti­po de cam­pio­na­to ou pro­ba. Po­den di­cir que é un so­ño ex­ce­si­va­men­te am­bi­cio­so, pe­ro non o creo, pois o ca­mi­ño án­da­se a pe­que­nos pa­sos. Ano a ano ce­lé­bran­se dis­tin­tos even­tos de­por­ti­vos, que or­ga­ni­za­mos ou nos que co­la­bo­ra­mos, que ci­tan en Lu­go a cen­tos de de­por­tis­tas, co­mo por exem­plo o Cir­cuí­to Co­rre con Nós, ou o pri­mei­ro me­dio ma­ra­tón do pa­sa­do mes de maio. E mes­mo o ano pa­sa­do fo­mos fin de eta­pa da Vol­ta Ci­clis­ta.

—¿Se­gui­rán apos­tan­do por or­ga­ni­zar tor­neos de equi­pos e de­por­tis­tas de ca­te­go­rías in­fe­rio­res?

—Se­guir po­ten­cian­do o de­por­te ba­se é a no­sa má­xi­ma, sen tam­pou­co des­coi­dar o de­por­te de elite. E fa­cé­mo­lo, prin­ci­pal­men­te, a tra­vés de axu­das e co­la­bo­ra­ción cos di­fe­ren­tes clubs e aso­cia­cións. Pe­ro ta­mén so­mos cons­cien­tes de que te­mos que con­ti­nuar me­llo­ran­do per­ma­nen­te­men­te as ins­ta­la­cións. En Lu­go con­ta­mos cun­has ex­ce­len­tes ins­ta­la­cións de ca­li­da­de, equi­pa­ra­bles ás de cal­quei­ra ci­da­de do no­so en­torno. Aín­da que ás ve­ces se que­dan es­ca­sas da­do o ele­va­do nú­me­ro de de­por­tis­tas cos que, por for­tu­na, con­ta­mos no no­so con­ce­llo, e que ano tras ano se vai in­cre­men­tan­do. Nes­te ei­do tra­ba­lla­mos na subs­ti­tu­ción do cés­pe­de ar­ti­fi­cial dos cam­pos de fútbol mu­ni­ci­pais, es­tu­da­mos a po­si­bi­li­da­de de cu­brir a pis­ci­na ex­te­rior de Frig­sa e ta­mén de me­llo­rar as pis­tas de atletismo de As Pe­drei­ras, así co­mo as pis­tas de tenis. O que te­mos cla­ro é que con­ti­nua­re­mos co man­te­men­to dia­rio das ins­ta­la­cións mu­ni­ci­pais, das que por cer­to, es­ta­mos moi or­gu­llo­sos, xa que son ca­pa­ces de aco­ller cam­pio­na­tos co­mo os pa­sa­dos Xo­gos do Ei­xo Atlán­ti­co.

—¿O Con­ce­llo apos­ta po­los de­por­tis­tas no­vos?

—O Con­ce­llo apos­ta po­lo de­por­te, que xa é ho­xe un­ha si­nal de iden­ti­da­de do mu­ni­ci­pio, e po­los va­lo­res que in­cul­ca nos máis no­vos. En Lu­go hai moi­ta xen­te que prac­ti­ca o de­por­te de to­das as ida­des, e un­ha gran can­te­ira de ra­pa­ces e ra­pa­zas que se for­xa non só nos clu­bes, se­nón ta­mén nos cen­tros edu­ca­ti­vos e nas es­co­las de­por­ti­vas, tan­to nas do Con­ce­llo co­mo nas de dis­tin­tas en­ti­da­des, nas que, por ri­ba de to­do, se in­cul­ca com­pa­ñei­ris­mo, ami­za­de e va­lo­res cí­vi­cos.

—¿Có­mo é a re­la­ción do Con­ce­llo cos clu­bes da ci­da­de na ac­tua­li­da­de?

—Es­trei­ta, con­ti­nua e fluí­da. Tra­ba­lla­mos man a man con to­dos eles. Co­mo mos­tra, no úl­ti­mo Pleno Municipal de xu­ño apro­ba­mos 531.500 eu­ros pa­ra sub­ven­cio­nar dis­tin­tas ini­cia­ti­vas na área de deportes, tan­to a clubs co­mo de­por­tis­tas in­di­vi­duais.

O con­ce­llei­ro Mi­guel Fer­nán­dez, no sa­lón de ple­nos de Lu­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.