Ago­ra que non ar­de

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - MA­ÑÁ EM­PE­ZA HO­XE LOURENZO FER­NÁN­DEZ PRIE­TO

Apu­bli­ci­da­de é un mé­to­do de venta e ta­mén un­ha dis­ci­pli­na aca­dé­mi­ca que se es­tu­da no cam­pus de Pon­te­ve­dra, pe­ro non ser­ve de na­da se que­re­mos sa­ber por que ar­den os mon­tes. Tam­pou­co ser­ve con bo­tar­lle a cul­pa aos pi­ró­ma­nos por moi­to que fun­cio­ne —den­de hai de­ma­sia­do tem­po— en ter­mos de co­mu­ni­ca­ción po­lí­ti­ca, ou­tra téc­ni­ca que, por cer­to, ta­mén po­de apren­der­se nas uni­ver­si­da­des. Sa­ber por que ar­den os mon­tes e co­mo evi­ta­lo é un­ha cues­tión de co­ñe­ce­men­to com­ple­xo que im­pli­ca a moi­tos sa­be­res di­fe­ren­tes. A res­pos­ta es­tá re­la­cio­na­da cos solos, cos cli­mas, coas ár­bo­res, cos eco­sis­te­mas, cos agroe­co­sis­te­mas, coas so­cie­da­des, co me­dio trans­for­ma­do po­las co­mu­ni­da­des ao lon­go do tem­po, coas ideas e os mi­tos, coa po­lí­ti­ca e as po­lí­ti­cas, co pa­sa­do e o pre­sen­te, coas per­soas e os seus va­lo­res, e con moi­tas cou­sas máis.

Ago­ra que aín­da non ar­de o mon­te é o mo­men­to de fa­lar­mos do asun­to sen as ur­xen­cias de can­do to­do se cen­tre en apa­gar o lu­me. Pe­ro fa­lar, de­ba­ter e dis­cu­tir pa­ra bus­car so­lu­cións non é o mes­mo que fa­cer pu­bli­ci­da­de de­fen­den­do in­tere­ses, por su­pos­to le­xí­ti­mos, pe­ro que non po­den fa­cer­se pa­sar por co­ñe­ce­men­to in­dis­cu­ti­ble. Cóm­pre dis­tin­gui­lo pa­ra non en­ga­nar­se. Tam­pou­co pa­re­ce dig­na de cré­di­to a opi­nión do po­lí­ti­co que afir­ma que pa­ra que non ar­da o mon­te abon­da cum­prir a lei. So­bre to­do se na se­guin­te rin­glei­ra re­co­ñe­ce que a lei cúm­pre­se só anec­do­ti­ca­men­te. E me­nos aín­da se sa­be­mos que a lei que se in­cum­pre foi mo­di­fi­ca­da pa­ra re­la­xa­la. Nin­guén é tan in­xe­nuo co­mo pa­ra pen­sar que só con cum­prir a lei o mon­te no ar­de e me­nos se é pú­bli­co que a lei non ser­ve ou non se cum­pre.

Dis­to fá­la­se an­tes de ar­der o mon­te; can­do ar­de xa só se dá en fa­lar de pi­ró­ma­nos. Un­ha ex­pli­ca­ción po­lí­ti­ca pa­ra saír do pa­so que foi con­ver­tén­do­se en mi­to­lo­xía pa­ra evi­tar dis­cu­tir do fra­ca­so, da au­sen­cia de po­lí­ti­cas ou de in­com­pe­ten­cia, que ta­mén a hai a es­ga­lla. In­sis­tir nos pi­ró­ma­nos co­mo un­ha la­daí­ña é pu­ro fol­clo­re, igual que se en cla­se de His­to­ria lles ex­pli­cá­ra­mos aos ne­nos que os cas­tros os fi­xe­ron os mou­ros, se­guin­do a ex­pli­ca­ción po­pu­lar. O asom­bro­so é que le­va­mos un­ha dé­ca­da re­pe­tin­do es­ta ex­pli­ca­ción en vez de bus­car so­lu­cións e in­ten­tar en­ten­der a evo­lu­ción do pro­ble­ma. Non se po­ñen en mar­cha os es­tu­dos nin o de­ba­te so­cial e par­la­men­ta­rio axei­ta­do pa­ra adop­tar es­tra­te­xias de fu­tu­ro. Nin se­que­ra se res­pon­de á opo­si­ción no Par­la­men­to, con ci­fras e da­tos, nin se re­fle­xio­na ao xei­to.

Al­gun­has ver­da­des son ne­ce­sa­rias nes­te ne­go­cio. O xe­fe dos bom­bei­ros fo­res­tais ca­ta­láns, un ex­per­to mundial no asun­to, afir­ma­ba es­tes días que o lu­me é re­xe­ne­ra­dor dos agroe­co­sis­te­mas, que axu­da a crear es­pa­zos no bos­que can­do non llos dei­xan, que os eu­ca­lip­tos tal co­mo es­tán plan­ta­dos na Pe­nín­su­la Ibé­ri­ca non for­man bos­ques, se­nón au­tén­ti­cos cul­ti­vos co­mo o tri­go ou o cen­teo, pe­ro en moi­tos ca­sos sen os coida­dos ade­cua­dos ou co­mo un­ha for­ma de aban­dono da agri­cul­tu­ra. O tri­go aban­do­na­do ta­mén aca­ba ar­den­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.