Son e ima­xes con ori­xe en Ga­li­cia e des­tino in­ter­na­cio­nal

Un li­bro ela­bo­ra­do nun­ha uni­ver­si­da­de de No­va Ze­lan­dia e escrito en in­glés fai un per­co­rri­do po­lo au­dio­vi­sual ga­le­go

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - NIE­VES RODEIRO, S. L. SAN­TIA­GO / LA VOZ

As cul­tu­ras vi­sual e mu­si­cal ga­le­gas ve­ñen de con­ver­ter­se por pri­mei­ra vez en pro­ta­go­nis­tas dun li­bro escrito en in­glés, con editorial bri­tá­ni­ca e ela­bo­ra­do den­de a uni­ver­si­da­de neo­ce­lan­de­sa de Auc­kland. O seu au­tor é o ca­te­drá­ti­co ga­le­go Jo­sé Col­mei­ro, que re­gre­sou a Ga­li­cia pa­ra pre­sen­tar on­te o seu úl­ti­mo tra­ba­llo, bai­xo o tí­tu­lo Pe­rip­he­ral Vi­sions/Glo­bal Sounds: from Ga­li­cia to the World.

A in­ves­ti­ga­ción le­va­da a ca­bo po­lo ca­te­drá­ti­co cén­tra­se tan­to na música po­pu­lar ga­le­ga co­mo na pro­du­ción de ci­ne, vídeo, ani­ma­ción e as co­rren­tes que se dan coas no­vas re­des do úl­ti­mo sécu­lo. O per­co­rri­do dá co­me­zo nos oi­ten­ta, coas ex­pre­sións cul­tu­rais que xor­den li­ga­das ao re­ma­te do fran­quis­mo. A mo­vi­da ga­le­ga, o bum da música cel­ta, o pri­mei­ro dis­co de Car­los Nú­ñez ou o Xa­co­beo son al­gúns dos fe­nó­me­nos que se in­clúen no li­bro.

«A cul­tu­ra ga­le­ga é un­ha cul­tu­ra en mo­ve­men­to, en evo­lu­ción. Moi li­ga­da ao exi­lio. O con­cep­to de via­xe es­tá moi pre­sen­te», des­ta­cou Col­mei­ro. Is­to fai que os dis­tin­tos sons e ima­xes se­xan pre­sen­ta­dos no li­bro co­mo ele­men­tos cul­tu­rais que par­ten de Ga­li­cia pe­ro que ten­den a ex­pan­dir­se e re­la­cio­nar­se máis aló das súas fron­tei­ras.

¿Co­mo se ve Ga­li­cia den­de fó­ra? «O ca­mi­ño de San­tia­go (e o Xa­co­beo) é a ima­xe máis pre­sen­te, o que ver­te­bra co­mo nos ven den­de fó­ra», res­pos­ta o ca­te­drá­ti­co. «Eu fi­xen o ca­mi­ño» ou «eu que­ro fa­ce­lo» pa­san a ser afir­ma­cións ha­bi­tuais. Aín­da que ta­mén co­bran re­le­van­cia a música de ar­tis­tas co­mo Mer­ce­des Peón e Car­los Nú­ñez ou as pro­du­cións do ci­ne­ma ga­le­go.

Dou­tra ban­da, a obra trata as re­la­cións en­tre o cen­tro e a pe­ri­fe­ria, pres­tan­do es­pe­cial aten­ción ás pre­sións ás que sem­pre es­ti­vo so­me­ti­da Ga­li­cia po­la súa lo­ca­li­za­ción. «Bus­ca­ba re­de­fi­nir o con­cep­to de pe­ri­fe­ria e dei­xar de re­la­cio­na­lo con al­go ne­ga­ti­vo, se­cun­da­rio. Dar­lle a vol­ta a is­to», in­ci­diu Col­mei­ro.

A obra é o re­sul­ta­do de dez anos de tra­ba­llos rea­li­za­dos «na pe­ri­fe­ria, pe­ro con fo­co en Ga­li­cia. Vol­ver a ela é co­mo pe­char un círcu­lo», afir­mou o in­ves­ti­ga­dor du­ran­te a pre­sen­ta­ción, na que ta­mén par­ti­ci­pou o se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca, Va­len­tín Gar­cía. «O li­bro é un­ha opor­tu­ni­da­de ta­mén de apren­der, den­de fó­ra, a ver­nos den­de den­tro», di­xo Gar­cía, quen re­mar­cou a im­por­tan­cia des­te tra­ba­llo ao tras­la­dar a cul­tu­ra ga­le­ga a un ám­bi­to in­ter­na­cio­nal.

A am­pla in­ves­ti­ga­ción rea­li­za­da po­lo ca­te­drá­ti­co Col­mei­ro xa deu lu­gar no 2013 a un pri­mei­ro li­bro, Ga­leg@s sen fron­tei­ras, no que se re­co­llen as con­ver­sas que el man­ti­vo con dis­tin­tas fi­gu­ras da cul­tu­ra ga­le­ga.

PA­CO RO­DRÍ­GUEZ

Col­mei­ro e Gar­cía pre­sen­ta­ron «Pe­rip­he­ral Vi­sions/Glo­bal Sounds: from Ga­li­cia to the World».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.