To­gas de S.P.Q.L.

La Voz de Galicia (Lugo) - - Agenda -

Sem­pre me ad­mi­rou a len­da «S.P.Q.R: Se­na­tus po­pu­lus­que ro­ma­nus». O Se­na­do e o po­bo ro­mano» mes­mo en tem­pos que non ti­ña­mos Se­na­do nin Con­gre­so. Da sen­sa­ción de po­de­río, de pro­tec­ción, de que al­go que es­ta por ri­ba do po­bo, es­tá co po­bo. E gós­ta­me a exis­ten­cia dun gru­po de lu­cen­ses que apor­tan un «aquel de se­ño­río» (Ro­sa­lía di­xit) á fes­ta do Ar­de Lu­cus, e con­for­man o «S.P.Q.L.: Se­na­tus po­pu­lus­que lu­cen­sis: O Se­na­do e o po­bo de Lu­go», que non ten ran­go ins­ti­tu­cio­nal pe­ro é par­te esen­cial das fes­tas, po­lo no­me, e po­los xei­tos.

Pois o Se­na­do ro­mano-lu­cen­se, pa­sa­das as fes­tas nas que to­dos re­vi­vi­mos un pa­sa­do glo­rio­so, de­ci­de le­var a la­var as súas to­gas a As­pnais, pa­ra dar a co­ñe­cer es­te ser­vi­zo que a sen­llei­ra aso­cia­ción po­de pres­tar a em­pre­sas, en­ti­da­des e par­ti­cu­la­res.

Un sa­be que de­trás des­ta ini­cia­ti­va sen­si­ble e sin­to­má­ti­ca, es­tá a man de al­guén que sa­be o que un só xes­to po­de re­pre­sen­tar pa­ra un­ha en­ti­da­de me­ri­to­ria co­mo As­pnais, e ac­cións co­ma es­ta en­no­ble­cen ao co­lec­ti­vo que as pro­ta­go­ni­za, e evi­den­cian que o Se­na­do es­tá coa fes­ta, pe­ro por ri­ba da fes­ta.

Xes­tos así son ac­cións in­te­li­xen­tes, sin­xe­las, co­mo quen non que­re a cou­sa, pe­ro pa­ra que quen quei­ra en­ten­der que en­ten­da. E apro­vei­to pa­ra di­cir que As­pnais —que ten per­ma­nen­te­men­te as súas por­tas aber­tas— ten moi­to que di­cir, e en­si­nar ao po­bo de Lu­go, e moi­to que ofre­cer, por­que os cen­to e pi­co usua­rios, que moi axi­ña van po­der ser o do­bre, son ou­tros tan­tos lu­cen­ses ca­pa­ces de sor­pren­der­nos co seu en­tu­sias­mo e obras.

To­me­mos no­ta do xes­to, e da in­ten­ción. Ave, As­pnais!. Ave, Se­na­do de Lu­cus!.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.