Be­gon­te es­trea­rá Fes­ta da Xu­ven­tu­de es­te ven­res

La Voz de Galicia (Lugo) - - Agenda -

Ven­res 14 • A par­tir das 17.00 ho­ras•Club Flu­vial de

Be­gon­te • Be­gon­te es­trea­rá Fes­ta da Xu­ven­tu­de es­te ven­res, con actividades pola tar­de e pola noi­te pa­ra os máis no­vos. Es­ta pri­mei­ra edi­ción co­me­za­rá ás 17.00 ho­ras no Club Flu­vial de Be­gon­te, con actividades de­por­ti­vas e cul­tu­rais di­ri­xi­das a to­das as ida­des, co­mo xin­ca­nas e xo­gos tra­di­cio­nais. Ás 21.30 ho­ras te­rá lu­gar a cea de con­fra­ter­ni­da­de, na que se po­de­rá de­gus­tar em­pa­na­da, chu­rras­co e be­bi­da, por 3 eu­ros. Os in­tere­sa­dos po­den mer­car os ti­ques pa­ra xan­tar no Con­ce­llo de Be­gon­te e na re­cep­ción do Club Flu­vial. A xor­na­da re­ma­ta­rá coa ver­be­na, a car­go das or­ques­tras Clan Ce­ro e Ci­ne­ma, ade­mais dun­ha dis­co­te­ca mó­bil.

O depu­tado de Tu­ris­mo, Eduar­do Vidal Baa­mon­de, e o con­ce­llei­ro de Cul­tu­ra e De­por­tes de Be­gon­te, Luís Lua­ña Cas­te­lo, pre­sen­ta­ron on­te es­ta pro­gra­ma­ción no sa­lón de ac­tos do Pa­zo de San Mar­cos. O go­berno da Depu­tación é a úni­ca ad­mi­nis­tra­ción que co­la­bo­ra co Con­ce­llo na or­ga­ni­za­ción des­ta ci­ta, ache­gan­do 6.000 eu­ros. Pre­ve­se a par­ti­ci­pa­ción dun­has 1.500 per­soas nes­ta xor­na­da, que con­ta­rá con actividades de­por­ti­vas, cul­tu­rais e mu­si­cais, ade­mais de de­gus­ta­cións. Po­ten­ciar a Te­rra Chá

Vidal Baa­mon­de des­ta­cou que «es­te ti­po de ini­cia­ti­vas de­di­ca­das aos máis no­vos das vi­las son un re­vul­si­vo eco­nó­mi­co e tu­rís­ti­co pa­ra a co­mar­ca da Te­rra Chá, pois es­pé­ra­se que pre­to de 1.500 per­soas se ache­guen es­te ven­res ao fer­mo­so en­cla­ve na­tu­ral do Club Flu­vial de Be­gon­te pa­ra par­ti­ci­par nes­ta pri­mei­ra edi­ción da Fes­ta da Xu­ven­tu­de. Den­de o exe­cu­ti­vo pro­vin­cial in­ves­ti­mos na pre­sen­te anua­li­da­de 330.000 eu­ros pa­ra a rea­li­za­ción de 71 even­tos tu­rís­ti­cos, fei­ras e mer­ca­dos, en máis de cin­cuen­ta con­ce­llos lu­cen­ses, cos que di­na­mi­za­mos a vi­da dos no­sos mu­ni­ci­pios, es­pe­cial­men­te no ru­ral lu­gués».

A Depu­tación pre­sen­tou on­te o pro­gra­ma

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.