A tec­no­lo­xía da es­pe­ran­za

La Voz de Galicia (Lugo) - - OPINIÓN - AN­TÓN RI­VEI­RO COELLO

Máis de dous me­ses en­te­rra­do na lama e, con to­do, o mó­bil de Dia­na Quer re­su­ci­tou gra­zas ao tra­ba­llo dun­ha em­pre­sa is­rae­lí. Es­ta vol­ta á vi­da do apa­ra­to é ta­mén un­ha sor­te de res­pi­ra­ción asis­ti­da pa­ra o pro­pio ca­so so­bre­si­do. Que­ro pen­sar que es­ta re­cu­pe­ra­ción de da­tos pe­cha un­ha amea­za cer­ta pa­ra quen poi­da es­tar de­trás des­te apa­ren­te e no­xen­to cri­me, que, por di­ver­sos mo­ti­vos, se con­ver­teu nun ca­so me­diá­ti­co, non ex­cep­cio­nal, de­sa­for­tu­na­da­men­te. Gus­to de ca­li­brar o desacou­go do asa­sino, o seu si­len­cio alar­ma­do ao ver a no­va es­tou­pan­do dian­te súa nas páxinas dos xor­nais. Tal­vez exis­ta a de­sola­da com­pli­ci­da­de dou­tras per­soas que, nun­ha con­xe­la­da in­mo­bi­li­da­de, sin­tan a in­mi­nen­cia dun­ha no­va tra­xe­dia caen­do so­bre eles por cul­pa dos avan­ces tec­no­ló­xi­cos. Non o sei. O cer­to é que to­dos es­ta­mos pen­den­tes de que se re­abra o ca­so e, un­ha vez máis, o po­si­ble asa­sino non que­de sen cas­ti­go e a fa­mi­lia da ví­ti­ma poi­da por fin sa­ber o acon­te­ci­do. A es­pe­ra cár­ga­se de ex­pec­ta­ción e con­fia­mos na pe­ga­da que sem­pre dei­xan es­tes apa­re­llos elec­tró­ni­cos, es­tas pre­sen­zas in­quie­tas, es­tes es­pías que nos si­túan no ma­pa a cal­que­ra ho­ra do día ou da noi­te, e que ás ve­ces odia­mos por­que nos lem­bran que a pri­va­ci­da­de é un lu­xo. Mais, des­ta vol­ta, aplau­di­mos que a tec­no­lo­xía non se alíe co cri­me, se­nón que se vol­va con­tra el e axu­de, un­ha vez máis, na re­so­lu­ción des­te ca­so on­de os in­di­cios son sór­di­dos. De aí a im­por­tan­cia de que os da­tos re­cu­pe­ra­dos se­xan cru­ciais e de­la­to­res pa­ra que os cul­pa­bles xa es­tean a sen­tir o te­rror cons­cien­te de se sen­tir atra­pa­dos. Agar­de­mos, pois, que o mó­bil fa­ga pa­sar á his­to­ria o cri­me per­fec­to e o tem­po non fo­si­li­ce a es­pe­ran­za de ato­par a Dia­na Quer, vi­va ou mor­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.