«O mar é un­ha fron­tei­ra pro­pia do rea­lis­mo má­xi­co»

A au­to­ra pre­sen­ta a no­ve­la coa que ga­ñou o Illa No­va, un­ha re­in­ter­pre­ta­ción do xé­ne­ro das via­xes

La Voz de Galicia (Lugo) - - CULTURA - BOR­JA CA­SAL, X. F. RE­DAC­CIÓN / LA VOZ

Vanesa San­tia­go (Fon­tán-Sa­da, 1983) vén de ga­ñar o pre­mio Illa No­va de Na­rra­ti­va, que or­ga­ni­za Edi­to­rial Ga­la­xia pa­ra me­no­res de 35 anos. A pre­sen­ta­ción do li­bro, A vi­da sin­xe­la de Mar­ce­lo Fir­ma­men­to, se­rá ho­xe na Co­ru­ña e te­rá lu­gar en El Cor­te In­glés de Ra­món y Ca­jal ás 20.00 ho­ras. Es­ta é a se­gun­da no­ve­la dun­ha au­to­ra moi in­fluen­cia­da po­la tra­di­ción oral e o mun­do do mar. —¿Que lle con­ta­ría so­bre o pro­ta­go­nis­ta, Mar­ce­lo Fir­ma­men­to, a un po­si­ble lec­tor? —Pois que Mar­ce­lo é un ma­ri­ñei­ro e ve­ci­ño de Sa­da, que na­ce dun xei­to que xa pre­sa­xia un­ha vi­da al­go di­fe­ren­te a do res­to de ve­ci­ños. Coi­do que á xen­te vai­lle in­tere­sar por­que vai vi­vir un­ha se­rie de aven­tu­ras que mes­tu­ran fan­ta­sía e reali­da­de. —¿Can­do na­ce a A vi­da sin­xe­la de Mar­ce­lo Fir­ma­men­to? —De ver­ter­se no pa­pel, na­ce can­do apa­re­ce a con­vo­ca­to­ria pa­ra o pre­mio, por­que ata en­tón non ti­ña es­cri­to na­da do li­bro. Creo que é un­ha his­to­ria que se foi desen­vol­ven­do co­mi­go den­de a ne­nez, xa que con­to cou­sas que eu mes­ma vi­vín ou que me con­ta­ron, e que xa es­ta­ban aí pa­ra saír á su­per­fi­cie. —No li­bro hai un­ha for­te pe­ga­da da tra­di­ción oral. Co­mo es­cri­to­ra, ¿que su­pón es­ta for­ma de na­rrar? —In­flúe­me moi­tí­si­mo. Den­de ca­ti­va es­coi­tei con­tos por par­te da mi­ña fa­mi­lia e ami­gos. Creo que esa ar­te da ora­li­da­de, de con­tar his­to­rias, es­tá pre­sen­te na cer­na do ser hu­mano. —O pro­ta­go­nis­ta es­coi­ta moi­tas len­das que ra­chan coa li­ña en­tre o real e o fan­tás­ti­co. ¿In­fluíu o rea­lis­mo má­xi­co na con­cep­ción da no­ve­la? —Si, creo que o rea­lis­mo má­xi­co na­ce en Ga­li­cia, aín­da que lo­go es­tou­pa cos es­cri­to­res su­r­ame­ri­ca­nos. O no­so pro­pio con­torno xa nos le­va ca­ra a el, cun­ha pai­sa­xe chea de né­boa que sem­pre che dá por pen­sar no que hai máis alá. —¿Cre que es­te pre­mio se­rá un im­pul­so na súa ca­rrei­ra li­te­ra­ria? —Pen­so que si. Con­tar co res­pal­do dun­ha edi­to­rial tan for­te co­mo Ga­la­xia é un pu­lo que na­tu­ral­men­te mar­ca di­fe­ren­za coa mi­ña si­tua­ción an­te­rior, na que ti­ña al­gun­ha cou­sa pu­bli­ca­da, pe­ro coa que non aca­da­ba a vi­si­bi­li­da­de que es­tou con­se­guin­do ago­ra. —No mes de agos­to vol­ven os re­la­tos de ve­rán de La Voz. ¿Que su­pu­xo pu­bli­car un dos seus tex­tos, A cha­ma­da do mar, con 16 anos? —Foi a pri­mei­ra ex­pe­rien­cia de saír á luz e sig­ni­fi­cou moi­to pa­ra min. Á par­te de ser un­ha lec­to­ra em­pe­der­ni­da den­de que des­cu­brín que as le­tras con­ta­ban his­to­rias, sem­pre ti­ven esa cou­sa de es­cri­bir os meus pro­pios re­la­tos. An­tes de par­ti­ci­par non sa­bía o que ía su­po­ñer pa­ra min o fei­to de des­cu­brir que ou­tras per­soas des­co­ñe­ci­das po­dían ler o que ti es­cri­bi­ras. Abriu­me un mun­do no­vo. —Xa ne­se pri­mei­ro re­la­to fa­la do mar. ¿Sem­pre es­ti­vo pre­sen­te na súa es­cri­ta? —Si, de fei­to eu creo que en cer­to mo­do A vi­da sin­xe­la de Mar­ce­lo Fir­ma­men­to é ca­se co­mo un des­en­ro­lo de­sa pe­que­na idea, de­sa pe­que­na se­men­te de A cha­ma­da do mar. —Ade­mais de es­cri­to­ra, tra­ba­lla co­mo bi­blio­te­ca­ria. ¿Co­mo é iso de es­tar to­do o día ro­dea­da de his­to­rias? —A ver­da­de é que nun­ca te­ño moi cla­ro se son un­ha bi­blio­te­ca­ria que es­cri­be ou un­ha es­cri­to­ra que tra­ba­lla co­mo bi­blio­te­ca­ria. O que te­ño cla­ro é que sem­pre vou fa­cer al­go re­la­cio­na­do coas his­to­rias, con ese ima­xi­nar, por­que creo que os se­res hu­ma­nos ne­ce­si­ta­mos eses mi­tos e eses so­ños pa­ra se­guir avan­zan­do.

EDUAR­DO PÉ­REZ

Vanesa San­tia­go es­cri­be den­de que apren­deu a es­cri­bir.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.