Máis me­xi­llón, máis mer­ca­dos

La Voz de Galicia (Lugo) - - OPINIÓN - UXÍO LA­BAR­TA

Fron­te as pre­di­cións de hai vin­te anos, a reali­da­de es­ta­ble­ce que o mer­ca­do eu­ro­peo de me­xi­llóns es­tá en torno ás 600.000 to­ne­la­das en equi­va­len­te en pe­so de ani­mais vi­vos, das que 500.000 son de ori­xe pro­pio, e un­has 100.000 to­ne­la­das de ori­xe in­ter­na­cio­nal. A acep­ta­ción dos me­xi­llóns di­fi­re dun país a ou­tro e o con­su­mo per cá­pi­ta anual va­ría de me­nos de 200 gra­mos a ca­se 4 qui­los se­gun­do o país, cun­ha me­dia de un 1,30 kg/per­soa e ano pa­ra o con­xun­to da UE dos 27.

A si­tua­ción ho­xe é ben di­fe­ren­te da­que­la pre­vis­ta po­las aná­li­ses de pri­mei­ros de sécu­lo, so­bre de to­do o in­for­me Ma­cA­llis­ter en­car­ga­do po­la Unión Eu­ro­pea, quen diag­nos­ti­ca­ban un es­tan­ca­men­to ou bai­xa pa­ra o mer­ca­do de me­xi­llón en Europa. Ou­tros man­ti­ña­mos que o in­cre­men­to de con­su­mo se pro­du­ci­ría nos mer­ca­dos tra­di­cio­nais de mo­lus­cos (Es­pa­ña, Fran­cia, Be­ne­lux e Ita­lia), men­tres que as ex­pec­ta­ti­vas de in­cre­men­to da pro­du­ción se si­tua­rían en áreas non tra­di­cio­nais e alleas a es­te cul­ti­vo. Es­te fei­to le­va­ría a un au­men­to das im­por­ta­cións que se pro­du­ci­ría nos mer­ca­dos de pro­du­tos trans­for­ma­dos, na li­ña de no­vas tec­no­lo­xías de con­ser­va­ción e ela­bo­ra­ción, e non nos mer­ca­dos de fres­co. Era a adap­ta­ción do me­xi­llón ás no­vas de­man­das do mer­ca­do, lon­xe da súa co­mer­cia­li­za­ción co­mo se fo­sen po­los con plu­mas, que se veu prac­ti­can­do maio­ri­ta­ria­men­te ata os anos no­ven­ta.

É po­si­ble que o pre­do­mi­nio dal­gun­has aná­li­ses se con­ver­te­sen en erros es­tra­té­xi­cos da in­dus­tria me­xi­lloei­ra galega nes­tes trin­ta anos. A con­cep­ción de que pa­ra man­te­ren a ren­di­bi­li­da­de pa­ra o pro­du­tor de­bía­se man­ter li­mi­ta­da a pro­du­ción, se­gun­do o prin­ci­pio de que a máis pro­du­ción me­no­res pre­zos por máis com­pe­ten­cia, le­vou a li­mi­tar a pro­du­ción a esas 3.300 ba­teas de 500 me­tros ca­dra­dos e cin­co­cen­tas cor­das, e adiar du­ran­te tem­po a ex­plo­ra­ción de no­vos mer­ca­dos e mes­mo de no­vos pro­du­tos. E an­te ese erro os mer­ca­dos bus­ca­ron al­ter­na­ti­vas, en­tre elas a in­ter­na­cio­na­li­za­ción da in­dus­tria do me­xi­llón.

Dos ma­ris­cos de Ga­li­cia, ta­mén da Europa, o me­xi­llón era o úni­co que ti­ña ca­pa­ci­da­de pa­ra se con­ver­te­ren en ali­men­to. A ex­pan­sión do mer­ca­do de fres­co, im­pul­sa­do po­las gran­des ca­deas de co­mer­cia­li­za­ción nes­tes anos, e a adap­ta­ción das téc­ni­cas de cul­ti­vo pa­ra ob­te­ren me­llo­res pro­du­tos con­son­te coas esi­xen­cias dese mer­ca­do, con­fir­man esa si­tua­ción, até o ex­tre­mo que ho­xe ao mer­ca­do de fres­co di­rí­xe­se o 60 por cen­to da pro­du­ción, e apor­ta o 64 por cen­to da fac­tu­ra­ción, dez pun­tos mais que hai dez anos.

Cum­pri­ría pois que as aná­li­ses ac­tuais e as es­tra­te­xias no­vas fi­xe­ran por rec­ti­fi­car aquel prin­ci­pio de li­mi­ta­ción da pro­du­ción, e bus­ca­ran al­ter­na­ti­vas en pro­du­to e pro­du­ción pa­ra man­te­ren vi­zo­sa a in­dus­tria do me­xi­llón. Por iso non é doa­do en­ten­der que si­gan os ve­llos prin­ci­pios que sos­te­ñen que a me­nos pro­du­ción mais va­lor. O par dos mer­ca­dos e a pro­du­ción ten de ser mais en­re­da­do. Sem­pre co per­mi­so das ma­reas ver­me­llas, o gran­de li­mi­ta­dor, po­la má­qui­na ou po­lo ra­to.

ILUS­TRA­CIÓN PI­LAR CANICOBA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.