Dous anos de cam­bio de mo­de­lo

La Voz de Galicia (Lugo) - - | | | 16 Opinión - GO­RET­TI SAN­MAR­TÍN REI Vi­ce­pre­si­den­ta da Depu­tación da Co­ru­ña

Hai dous anos que un no­vo go­berno che­gou á Depu­tación da Co­ru­ña, tras o acor­do en­tre o BNG e o PS­dG-PSOE. Mes­mo con ese es­ca­so per­co­rri­do tem­po­ral, a ac­ción go­ber­na­ti­va es­tá a su­por un­ha ver­da­dei­ra mu­dan­za na ma­nei­ra de xes­tio­nar es­ta ad­mi­nis­tra­ción, fei­ta ade­mais des­de o in­ten­so diálogo nun­ha cor­po­ra­ción con seis gru­pos.

O cam­bio en mar­cha asen­tou so­bre tres ei­xos: un no­vo mo­de­lo de re­la­ción co ám­bi­to lo­cal, a de­fi­ni­ción e apli­ca­ción de cri­te­rios trans­pa­ren­tes e ob­xec­ti­vos na con­ce­sión das axu­das a con­ce­llos e en­ti­da­des e a apos­ta trans­ver­sal po­lo em­pre­go. O pun­to de in­fle­xión foi a apro­ba­ción do Plan Úni­co de Con­ce­llos, un ins­tru­men­to que mar­ca un an­tes e un des­pois na re­la­ción cos con­ce­llos. Do­ta­do ini­cial­men­te con 74 mi­llóns de eu­ros, o plan uni­fi­ca o an­ti­go POS, o PAI e 11 li­ñas de sub­ven­cións de dis­tin­tas áreas. Fi­nan­cia os proxectos dos con­ce­llos ao 100 % e dá­lles au­to­no­mía pa­ra de­ci­di­ren en que que­ren in­ves­tir. O mo­de­lo, aplau­di­do po­lo con­xun­to de re­pre­sen­tan­tes dos con­ce­llos, xa se con­ver­teu nun re­fe­ren­te pa­ra ou­tras Ad­mi­nis­tra­cións.

A mu­dan­za es­tá a ser per­cep­tí­bel ta­mén na po­lí­ti­ca de axu­das a con­ce­llos e en­ti­da­des, tan­to po­la re­du­ción de axu­das no­mi­na­ti­vas co­mo po­la ob­xec­ti­va­ción e trans­pa­ren­cia ple­na nos cri­te­rios de con­ce­sión das li­ñas de con­co­rren­cia com­pe­ti­ti­va, pro­cu­ran­do a súa maior es­pe­cia­li­za­ción e efi­cien­cia.

Fi­xe­mos ta­mén un­ha apos­ta po­lo em­pre­go, in­cre­men­tan­do as po­si­bi­li­da­des de di­na­mi­za­ción eco­nó­mi­ca des­de to­das as áreas. Ade­mais do desen­vol­ve­men­to do Plan de Em­pre­go Lo­cal, crea­mos em­pre­go de ca­li­da­de des­de ser­vi­zos so­ciais, aten­ción tu­rís­ti­ca, xes­tión cul­tu­ral, mu­seos e cen­tros de in­ter­pre­ta­ción, po­ten­cia­mos a Re­de Cul­tu­ral e fes­ti­vais e even­tos de en­ti­da­des e con­ce­llos.

Abri­mos as xa­ne­las pa­ra que co­rra o ai­re. A Depu­tación ce­le­brou o Or­gu­llo LGTBI. Apro­bou­se un­ha Or­de­nan­za de usos da lin­gua ga­le­ga. Os ple­nos xa se po­den se­guir por strea­ming. E ce­de­mos ao Mu­seo de Be­las Ar­tes O dis­cur­so, de Isaac Díaz Pardo, pa­ra que es­tea on­de to­das as per­soas poi­dan con­tem­pla­lo.

So­mos ta­mén un­ha ins­ti­tu­ción con me­mo­ria. Jo­sé Ló­pez Bou­za e Án­xel Ca­sal, pre­si­den­te e vi­ce­pre­si­den­te da Depu­tación asa­si­na­dos no 1936, pre­si­di­ron un­ha se­sión con que ini­cia­mos o pro­xec­to Xe­ra­ción Per­di­da, so­bre as cor­po­ra­cións lo­cais re­pu­bli­ca­nas e a re­pre­sión fran­quis­ta. E de­ci­di­mos que a fu­tu­ra re­si­den­cia uni­ver­si­ta­ria, que a Depu­tación es­tá a fa­cer reali­da­de, le­ve o no­me de El­vi­ra Bao.

O tra­ba­llo por fa­cer é aín­da moi­to en te­mas re­le­van­tes co­mo as trans­fe­ren­cias, un as­pec­to en que a Xun­ta de­be­ra ca­mi­ñar ca­ra a un­ha pla­ni­fi­ca­ción acaí­da, acor­de coa Ga­li­za do sécu­lo XXI, ou na ra­cio­na­li­za­ción da Depu­tación, de­li­mi­tan­do as súas fun­cións no apoio aos pe­que­nos e me­dia­nos con­ce­llos. Trá­ta­se de re­tos de fon­do ca­la­do, con­tan­do co tra­ba­llo do per­soal, a quen agra­de­ce­mos o es­for­zo pa­ra desen­vol­ver os ei­xos da ac­ción de go­berno que abren un­ha no­va era sen vol­ta atrás.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.