Fo­ro de Por­to­no­vo (XI edi­ción)

La Voz de Galicia (Lugo) - - | | | 16 Opinión - XESÚS ALON­SO MON­TE­RO

Inau­gu­rou­se no ano 2007 coa de­no­mi­na­ción Fo­ro de Por­to­no­vo Ra­món de Va­len­zue­la. Na­que­la edi­ción, o es­cri­tor Va­len­zue­la (1914-1980), im­por­tan­te voz ga­le­ga no exi­lio ar­xen­tino, foi glo­sa­do e ga­ba­do por ami­gos e com­pa­ñei­ros. Des­de o 2007, 75 ou 80 co­men­sais asis­ti­mos, nun día de xu­llo, a un xan­tar no que hai poe­sía, can­ción e evo­ca­cións de per­soas que nos aca­ban de dei­xar. Nal­gun­ha edi­ción hou­bo mo­no­lo­guis­tas co­mo Cán­di­do Pa­zó e ho­mes de tea­tro co­mo Ju­lián Ro­drí­guez No­vo, que di­ri­xiu no 2015 o pri­mei­ro dra­ma so­cio­lin­güís­ti­co ga­le­go pro­ta­go­ni­za­do por un tri­bu­nal fran­quis­ta. Non es­ca­sean os poe­tas, de mu­sas moi dis­tin­tas: Xesús Rá­ba­de Pa­re­des, He­le­na Villar Ja­nei­ro, Fer­nán­dez Abe­lla, Xesús Re­don­do Abuín, Lui­sa Ca­ye­tano…

Quen nos aco­lle na súa ca­sa é Luís Gon­zá­lez Ló­pez, Fe­rrei­ro na clan­des­ti­ni­da­de an­te­rior a 1976, que cum­pri­rá o 2 de agosto 79 anos e que é un pro­di­xio de xe­ne­ro­si­da­de e de ra­di­cal cor­dia­li­da­de, ca­rac­te­rís­ti­cas que non min­gua­ron nun­ca as ad­ver­si­da­des, in­cluí­das as tor­tu­ras in­fli­xi­das po­la po­li­cía na Co­mi­sa­ría da Co­ru­ña en 1969. O 1 de xu­llo ce­le­brou­se a un­dé­ci­ma edi­ción, que se abriu cun­ha lem­bran­za de Ma­ri­ví Villaverde (1922-3/4/2017), ou­tra voz ga­le­ga im­por­tan­te no exi­lio ar­xen­tino, a

au­to­ra dun li­bro me­mo­ria­lís­ti­co ex­cep­cio­nal, Tres tiem­pos y la es­pe­ran­za (1962). Foi a es­cri­to­ra Car­men Blan­co Ra­mos quen nos ofre­ceu a súa con­mo­ve­do­ra ga­ban­za. A con­ti­nua­ción, a pro­fe­so­ra Oli­via Ro­drí­guez Gon­zá­lez pre­sen­tou o seu dis­cí­pu­lo Fran­cis­co No­voa Blan­co, au­tor dun mag­ní­fi­co tra­ba­llo ti­tu­la­do Mar­cos Ana: pa­la­bra, pri­sión y vi­da.

Co­mo hai cen anos que na­ceu Eva­ris­to de Se­la, o tra­du­tor ao ga­le­go da Ilía­da e da Odi­sea, eu de­di­quei­lle un­has pa­la­bras a tan sin­gu­lar he­le­nis­ta, que foi, ta­mén, un poe­ta, en ga­le­go e en cas­te­lán, an­ti­fran­quis­ta. Lau­ra Pé­rez Lan­dei­ra, rap­so­da in­sig­ne, re­ci­tou, co­mo só ela sa­be, o Res­pon­so in­dig­na­do (Co­plas de mal­de­cir an­te el ca­dá­ver

de Fran­co). É un­ha exe­cra­tio de 174 ver­sos que non ten par. Es­cri­biuno o au­tor, ca­la­mo cu­rren­te, a noi­te en que mo­rreu o ti­rano, e ne­les trou­sou a ca­rra­xe, o me­do e o no­xo que o au­tor foi acu­mu­lan­do du­ran­te co­ren­ta anos, se­te de­les hós­pe­de nas pri­sións fran­quis­tas. Fi­del Cas­tro foi evo­ca­do por Car­los Por­to­me­ñe nun tex­to pre­ci­so no que pu­xo o acen­to nas raí­ces lu­gue­sas (Lán­ca­ra) e nal­gun­has das súas pa­la­bras máis me­mo­ra­bles so­bre a iniqui­da­de do ca­pi­ta­lis­mo con­tem­po­rá­neo. Á ho­ra dos do­ces e das lam­be­ta­das, os co­men­sais, ne­mi­ne dis­cre­pan­te, ga­ba­ron afer­voa­da­men­te a tar­ta de amén­doa fei­ta por Au­ro­ra Mu­rias: po­lo ben que sou­bo e po­la ico­no­gra­fía (a fouce e o mar­te­lo).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.