Cou­rel en no­ve­la

Gar­cía am­bien­tou a súa pri­mei­ra obra de fic­ción na se­rra coure­lá, na épo­ca en que os ro­ma­nos ex­plo­ta­ban o ou­ro

La Voz de Galicia (Lugo) - - Coches Eléctricos Courel En Novela - FRAN­CIS­CO ALBO

So­nia Ma­ría Gar­cía es­cri­bió una no­ve­la so­bre la mi­na de oro de A To­ca, en O Cou­rel del si­glo I

A pro­fe­so­ra co­ru­ñe­sa So­nia Ma­ría Gar­cía Gar­cía, li­cen­cia­da en his­to­ria e xeo­gra­fía e au­to­ra do blog Ga­li­cia mi­le­na­ria, de­bu­tou o ano pa­sa­do co­mo es­cri­to­ra co en­saio O li­bro do Cou­rel, de­di­ca­do a un te­rri­to­rio co que man­tén un­ha es­trei­ta re­la­ción des­de hai anos. Ago­ra aca­ba de pu­bli­car­se a súa se­gun­da obra li­te­ra­ria, a no­ve­la To­ca. El oro de la Ga­llae­cia, am­bien­ta­da igual­men­te na Se­rra do Cou­rel, que se­rá pre­sen­ta­da nas pró­xi­mas fei­ras do li­bro da Co­ru­ña e Mon­for­te. A no­ve­la pre­sen­ta­ra­se ta­mén o 18 de agosto no bar A Co­va da Mou­ra, en Vi­la­mor do Cou­rel. —¿Que re­la­ción hai en­tre a mi­na ro­ma­na da To­ca e súa no­ve­la? —A his­to­ria que con­ta a no­ve­la es­tá am­bien­ta­da na Se­rra do Cou­rel na épo­ca en que os ro­ma­nos co­me­za­ron a ex­plo­tar os xa­ce­men­tos de ou­ro e de fe­rro. No re­la­to apa­re­ce esa mi­na, que é a máis im­por­tan­te do Cou­rel, pe­ro To­ca é ta­mén o no­me da pro­ta­go­nis­ta, un­ha mu­ller cas­tre­xa. Na no­ve­la, a mi­na to­ma o seu no­me des­ta mu­ller, que ten un­ha re­la­ción cun pre­fec­to ro­mano que di­ri­xe un cam­pa­men­to mi­li­tar cu­xa mi­sión é es­ca­var un­ha mi­na de ou­ro. Non que­ro con­tar moi­to máis pa­ra non des­tri­par a no­ve­la, pe­ro xi­ra en torno ao en­con­tro en­tre os co­lo­ni­za­do­res ro­ma­nos e a xen­te que vi­vía aquí. Hai co­mo un cho­que en­tre eses gru­pos que al­gúns le­van con máis man es­quer­da que ou­tros. —¿Ata que pun­to se axus­ta á reali­da­de histórica? —É un­ha obra de fic­ción, pe­ro es­tá ba­sea­da en in­for­ma­cións his­tó­ri­cas e ar­queo­ló­xi­cas ben com­pro­ba­das. Tra­ba­llo pro­fe­sio­nal­men­te no cam­po da his­to­ria e ti­ven moi­to coida­do ne­se as­pec­to, qui­xen ser moi fiel a to­das esas fon­tes. To­dos os lu­ga­res que apa­re­cen na no­ve­la son reais, co­mo a mi­na da To­ca ou os cas­tros de To­rre e do mon­te Ci­do, moi re­la­cio­na­dos coa mi­ne­ría ro­ma­na. A his­to­ria trans­co­rre no sécu­lo I, en torno ao ano 30, pou­co des­pois de que fo­se gra­va­da a co­ñe­ci­da «tá­boa da hos­pi­ta­li­da­de» do Cou­rel que se con­ser­va no Mu­seo Pro­vin­cial de Lu­go e que es­tá da­ta­da no ano 28. Creo que as cou­sas que con­ta a no­ve­la pui­de­ron oco­rrer per­fec­ta­men­te ne­sa épo­ca e ne­ses lu­ga­res. Ta­mén po­de ser me que equi­vo­que en cer­tas cou­sas, por­que na his­to­ria nun­ca po­de­mos es­tar to­tal­men­te se­gu­ros do que su­ce­deu en reali­da­de, e máis can­do se tra­ta de épo­cas tan afas­ta­das. —O pa­tri­mo­nio ar­queo­ló­xi­co cas­tre­xo e ro­mano do Cou­rel aín­da es­tá moi pou­co es­tu­da­do. ¿Iso su­pú­xo­lle moi­tos pro­ble­mas ao es­cri­bir o li­bro? —Pois a ver­da­de é que o me­nos me cus­tou foi desen­vol­ver a am­bien­ta­ción histórica. Hai ou­tros as­pec­tos da no­ve­la que me de­ron moi­to máis tra­ba­llo. É cer­to que no Cou­rel non se fi­xe­ron moi­tas es­ca­va­cións ar­queo­ló­xi­cas. Ata ho­xe só se in­ves­ti­ga­ron par­cial­men­te uns pou­cos lu­ga­res, co­mo o cas­tro de To­rre ou a mi­na da To­ca. Pe­ro sa­be­mos moi­tas cou­sas so­bre ese pe­río­do his­tó­ri­co por in­ves­ti­ga­cións que se fi­xe­ron nou­tros lu­ga­res, en moi­tos cas­tros de Ga­li­cia e nas mi­nas de ou­ro de Las Mé­du­las, no Bierzo. Hai moi­ta in­for­ma­ción so­bre as so­cie­da­des cas­tre­xas, so­bre a ro­ma­ni­za­ción de Ga­li­cia e so­bre as ac­ti­vi­da­des mi­nei­ras desa épo­ca. E o pou­co que se es­ca­vou no Cou­rel per­mi­te che­gar a con­clu­sións bas­tan­te con­cre­tas so­bre co­mo ex­plo­ta­ron os ro­ma­nos es­te te­rri­to­rio.

—¿A que ti­po de pú­bli­co es­tá di­ri­xi­da es­ta obra? —É un­ha no­ve­la pa­ra xo­ves e adul­tos. Pen­so que é ap­ta pa­ra ra­pa­ces de 16 anos en dian­te, que xa po­den en­ten­der a his­to­ria e non se van es­can­da­li­zar por cer­tas cou­sas. Es­pe­ro que ani­me á xen­te a in­tere­sar­se po­lo Cou­rel. Por ou­tro la­do, os no­mes dos per­so­na­xes cas­tre­xos es­tán to­ma­dos de to­pó­ni­mos do Cou­rel, así que a no­ve­la po­de ser­vir de ba­se pa­ra un­ha ru­ta po­la se­rra. —O seu pri­mei­ro li­bro pu­bli­cou­se en ga­le­go pe­ro es­te foi es­cri­to en cas­te­lán. ¿Por que de­ci­diu cam­biar de idio­ma? —É só por che­gar a un pú­bli­co máis am­plo. Ho­xe a Se­rra do Cou­rel é vi­si­ta­da por moi­ta xen­te que vén de fó­ra de Ga­li­cia e non es­tá ha­bi­tua­da a ler en ga­le­go. Pre­ten­do que eses lec­to­res co­ñe­zan a his­to­ria des­te te­rri­to­rio. Non te­ño na­da con­tra o ga­le­go, se­nón to­do o con­tra­rio. O meu pri­mei­ro li­bro es­tá en ga­le­go e ta­mén o es­ta­rá ou­tro que es­tou es­cri­bin­do ago­ra.

«Hai moi­ta in­for­ma­ción so­bre as so­cie­da­des cas­tre­xas e so­bre a ro­ma­ni­za­ción» «Os no­mes dos per­so­na­xes es­tán to­ma­dos de to­pó­ni­mos do Cou­rel»

R. GROBAS

Gar­cía é pro­fe­so­ra de his­to­ria nun cen­tro de en­sino me­dio.

Por­ta­da da no­ve­la «To­ca»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.