O tra­du­tor de voz ga­le­go-cas­te­lán ten ver­sión de­fi­ni­ti­va

A fe­rra­men­ta in­for­má­ti­ca bi­lin­güe e de ac­ce­so gra­tuí­to CoToVía ofre­ce múl­ti­ples apli­ca­cións so­ciais

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - SAN­TIA­GO BA­RÓN, I.C.

«Mon­chi­ño», o pri­mi­ti­vo sin­te­ti­za­dor de voz do centro de in­ves­ti­ga­ción Ra­món Piñeiro, xa ten su­ce­sor de­fi­ni­ti­vo. Chá­ma­se CoToVía e foi pre­sen­ta­do on­te en San­tia­go po­lo di­rec­tor do pro­xec­to, Ma­nuel Gon­zá­lez, e o se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca, Va­len­tín Gar­cía, or­ga­nis­mo do que de­pen­de es­ta iniciativa pú­bli­ca.

Máis alá da fi­na­li­da­de co­mer­cial, CoToVía so­bre­sae po­los seus be­ne­fi­cios so­ciais. Trá­ta­se dun sis­te­ma de con­ver­sión au­to­má­ti­ca tex­to-voz de ca­rác­ter bi­lin­güe (ga­le­go e cas­te­lán). Ma­nuel Gon­zá­lez, que ta­mén é o di­rec­tor cien­tí­fi­co do Centro Ra­món Piñeiro pa­ra a In­ves­ti­ga­ción en Hu­ma­ni­da­des (CRPIH), com­pa­rou as ver­sións an­te­rio­res do sis­te­ma coa no­va e de­fi­ni­ti­va e su­bli­ñou que nes­ta úl­ti­ma «as pa­la­bras ex­tráen­se da lin­gua na­tu­ral», e xa non a par­tir de ver­bas in­ven­ta­das co­mo en ver­sións máis ve­llas. Ade­mais, ex­pli­cou que se po­den «es­co­ller dis­tin­tas vo­ces, o que o fai máis na­tu­ral».

Gon­zá­lez sa­lien­tou a im­por­tan­cia dos sin­te­ti­za­do­res de voz co­ma es­te, iniciativa do CRPIH e da Uni­ver­si­da­de de Vi­go, po­los seus múl­ti­ples usos: no en­sino de idio­mas, na apren­di­za­xe da lec­tu­ra de ne­nos con dis­le­xia, pa­ra pro­gra­mar alar­mas orais ou na ve­ri­fi­ca­ción de tex­tos. Ta­mén ad­ver­tiu que «as lin­guas que per­dan o ca­rro das tec­no­lo­xías da fa­la son lin­guas sen fu­tu­ro». CoToVía é a ver­sión de­fi­ni­ti­va na li­ña evo­lu­ti­va do sin­te­ti­za­dor am­pa­ra­do po­la Xun­ta. Xa es­tá dis­po­ñi­ble pa­ra to­do o pú­bli­co bai­xo li­cen­za de Crea­ti­ve Com­mons. Po­rén, o tra­ba­llo do centro Ra­món Piñeiro non aca­ba aquí, se­nón que se­gui­rá co de­sen­vol­ve­men­to de apli­ca­cións.

O se­cre­ta­rio xe­ral de Po­lí­ti­ca Lin­güís­ti­ca, Va­len­tín Gar­cía, re­mar­cou o ca­rác­ter so­cial do pro­xec­to por ri­ba do co­mer­cial: «CoToVía fai que xen­te con dis­ca­pa­ci­da­des á ho­ra de ac­ce­der a in­for­ma­ción poi­da ob­te­la», po­lo que «o que es­ta­mos fa­cen­do é eli­mi­nar ba­rrei­ras». Ta­mén su­bli­ñou que con es­ta iniciativa a lin­gua ga­le­ga non se que­da atrás fron­te as de­mais lin­guas: «É un dos gran­des pro­xec­tos pa­ra me­ter o ga­le­go na era di­xi­tal».

Po­la súa par­te, Ma­nuel Gon­zá­lez con­cluíu coa idea de «fa­cer do ga­le­go un­ha lin­gua mo­der­na que res­pon­da ás ne­ce­si­da­des so­ciais».

PACO RO­DRÍ­GUEZ

Gon­zá­lez e Gar­cía pre­sen­ta­ron a fe­rra­men­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.