De hor­to a xar­dín

La Voz de Galicia (Lugo) - - CASA DE ROSALÍA -

«Hor­ti­ña que que­ro tan­to»

Nin a Ca­sa da Ma­tan­za po­de en­ten­der­se sen o es­pa­zo ver­de que a ro­dea nin a pro­pia poe­sía de Ro­sa­lía é allea á na­tu­re­za máis pró­xi­ma, co­mo tes­te­mu­ñan dous po­pu­la­res ver­sos de Adiós ríos, adiós fon­tes: «Hor­ti­ña que que­ro tan­to / fi­guei­ri­ñas que pran­tei». Hai nes­te xar­dín da ca­sa da es­cri­to­ra un aquel de lo­cus amoe­nus, un es­pa­zo idea­li­za­do on­de á vis­ta e ao oí­do se ma­te­ria­li­za a poe­sía: «Pa­xa­ri­ños pia­do­res / ca­si­ña do meu con­ten­to». Pe­ro es­te xar­dín non sem­pre foi tal. En vi­da de Ro­sa­lía ofre­cía un as­pec­to moi dis­tin­to, xa que de fei­to era un te­rreo de uso agra­rio, co­ñe­ci­do co­mo hor­ta da Paz. Es­ta di­men­sión his­tó­ri­ca, así co­mo as vi­ci­si­tu­des da súa trans­for­ma­ción ata aca­dar as súas ca­rac­te­rís­ti­cas ac­tuais, es­tán re­co­lli­das no do­cu­men­ta­dí­si­mo li­bro de Car­los Ro­drí­guez Da­cal O

xar­dín da ca­sa de Ro­sa­lía, edi­ta­do po­la pro­pia fun­da­ción da au­to­ra. Nos seus tem­pos, res­pon­día a un mo­de­lo hor­tí­co­la, de cul­ti­vo da te­rra ade­mais de ár­bo­res froi­tei­ras e un po­pu­lar em­pa­rra­do, re­ser­van­do un­ha pe­que­na par­te co­mo xar­dín de le­cer. A me­dia­dos do sécu­lo pasado ato­pá­ba­se nun es­ta­do ca­la­mi­to­so, por mor dos pi­ñei­ros amo­rea­dos po­la em­pre­sa ma­dei­rei­ra que arren­da­ra a pro­pie­da­de. Foi a par­tir de 1971 can­do se aco­me­teu un ver­da­dei­ro tra­ba­llo de con­ver­sión do es­pa­zo no vi­zo­so xar­dín que ho­xe re­ci­be aos vi­si­tan­tes, e que con­ta con es­pe­cies tan sen­llei­ras co­mo a fi­guei­ra con­tem­po­rá­nea de Ro­sa­lía ou o cha­ma­do Lou­rei­ro dos Poe­tas, tes­te­mu­ños da súa vi­da fa­mi­liar.

O lou­rei­ro cha­ma­do dos Poe­tas, que se ato­pa a ca­rón do por­ta­lón an­ti­go, pa­re­ce ser o es­ce­na­rio máis cri­ble pa­ra un­ha das ima­xes máis co­ñe­ci­das de Ro­sa­lía, con to­da a súa fa­mi­lia, en­tre os seus tron­cos.

Ma­lia o pa­so do tem­po e os efec­tos do

Hor­ten­sia eo Klaus, a cen­te­na­ria fi­guei­ra re­sis­te no xar­dín, tes­te­mu­ño do amor que Ro­sa­lía lle ti­ña a es­tas ár­bo­res.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.