A Ca­sa de Ro­sa­lía, en Pa­drón, re­abre cun per­fil mu­seo­ló­xi­co re­no­va­do

A es­trea coin­ci­diu coa con­me­mo­ra­ción do 132.º aniver­sa­rio do pa­sa­men­to da poe­ta

La Voz de Galicia (Lugo) - - CULTURA - UXÍA LÓPEZ

Co­ren­ta e cin­co anos des­pois da súa apertura ao pú­bli­co, a Ca­sa-Mu­seo de Ro­sa­lía de Castro, no lu­gar de A Ma­tan­za, no con­ce­llo co­ru­ñés de Pa­drón, vi­viu on­te ou­tra inau­gu­ra­ción tras re­ma­tar un­ha pro­fun­da re­for­ma tan­to es­tru­tu­ral co­mo nos seus con­ti­dos, e na súa pre­sen­ta­ción. Des­te xei­to, o vi­si­tan­te que en­tre no edi­fi­cio ato­pa­rá un per­fil mu­seo­ló­xi­co adap­ta­do aos tem­pos de ho­xe e ás no­vas lec­tu­ras so­bre a es­cri­to­ra, ade­mais das no­vas pe­zas que se in­cor­po­ra­ron re­cen­te­men­te. To­do co ob­xec­ti­vo de ofre­cer­lle un­ha pers­pec­ti­va que lle per­mi­ta com­pren­der a im­por­tan­cia de Ro­sa­lía co­mo fi­gu­ra cen­tral da cultura ga­le­ga, ache­gan­do a in­for­ma­ción esencial pa­ra en­ten­der a súa obra, a do seu ma­ri­do e a dos seus fi­llos.

A es­trea coin­ci­diu co 132.º aniver­sa­rio do pa­sa­men­to da es­cri­to­ra e ta­mén co día que abriu a ca­sa, un 15 de xu­llo, pe­ro de 1972. O en­con­tro co­me­zou cun­ha vi­si­ta guia­da, da man do di­rec­tor do no­vo pro­xec­to de mu­sea­li­za­ción, Pe­pe Ba­rro, que ex­pli­cou por­me­no­ri­za­da­men­te os cam­bios que se pro­du­ci­ron no in­mo­ble —cun­has obras de acon­di­cio­na­men­to que se ini­cia­ron en de­cem­bro do 2012— e a no­va mu­sea­li­za­ción, que re­ma­tou es­tes días coa re­for­ma do so­bra­do da ca­sa.

Xa na hor­ta, An­xo An­guei­ra, pre­si­den­te da Fun­da­ción Ro­sa­lía de Castro, elo­xiou a im­por­tan­cia da xor­na­da ao di­cir que on­te foi «un día his­tó­ri­co» pa­ra a Fun­da­ción Ro­sa­lía de Castro, coa rei­nau­gu­ra­ción da «ca­sa que nos une», ase­gu­rou. O ac­to ser­viu ta­mén pa­ra pre­sen­tar un li­bro de poe­sía es­co­lar que re­co­lle os tex­tos pre­mia­dos e fi­na­lis­tas do con­cur­so que a ins­ti­tu­ción or­ga­ni­za, xun­to con El Cor­te In­glés, de mo­do que os ga­lar­doa­dos re­ci­ta­ron os ver­sos eli­xi­dos.

Da di­men­sión in­ter­na­cio­nal que ad­qui­riu a fi­gu­ra de Ro­sa­lía deu con­ta a pre­sen­za de Cat­he­ri­ne Davies, pro­fe­so­ra da Uni­ver­si­da­de de Lon­dres e un­ha das máis im­por­tan­tes in­ves­ti­ga­do­ras ac­tuais so­bre a obra da au­to­ra. A fun­da­ción pa­dro­ne­sa ta­mén apro­vei­tou pa­ra fa­cer­lle en­tre­ga da dis­tin­ción Ro­sa de Ga­li­cia a Ca­sil­da Agra­sar, fi­lla de Ca­mi­lo Agra­sar, a per­soa que, se­gun­do afir­mou An­xo An­guei­ra, «ve­lou to­da a vi­da po­la Ca­sa de Ro­sa­lía».

O fes­te­xo reuniu a nu­me­ro­sas au­to­ri­da­des cul­tu­rais, co­ma o con­se­llei­ro Ro­mán Ro­drí­guez; o pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga, Víc­tor Frei­xa­nes; a vi­ce­pre­si­den­ta da Depu­tación da Co­ru­ña, Go­ret­ti San­mar­tín; a con­ce­llei­ra de cultura de Pa­drón, Lorena Cou­so; e dis­tin­tos aca­dé­mi­cos e es­cri­to­res, xun­to con pa­tro­nos da fun­da­ción e un­ha abon­do­sa con­co­rren­cia de ve­ci­ños da co­mar­ca e ci­da­dáns que acu­di­ron de to­das par­tes de Ga­li­cia.

PACO RO­DRÍ­GUEZ

An­guei­ra im­pon­lle a Ro­sa de Ga­li­cia a Ca­sil­da Agra­sar, fi­lla de Ca­mi­lo Agra­sar, ho­me que «ve­lou to­da a vi­da po­la Ca­sa de Ro­sa­lía».

Detalle da ex­po­si­ción mu­seo­grá­fi­ca nun­ha das sa­las da ca­sa de Ro­sa­lía.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.