A gran­de iden­ti­fi­ca­ción da so­cie­da­de ga­le­ga coa es­cri­to­ra

La Voz de Galicia (Lugo) - - CULTURA -

An­xo An­guei­ra afir­mou que «hai un­ha im­pli­ca­ción da so­cie­da­de ga­le­ga con Ro­sa­lía de Castro. Te­mos do no­so la­do o po­bo e as súas ins­ti­tu­cións», dixo, e en­tre elas men­cio­nou a Real Aca­de­mia Ga­le­ga. Ta­mén a Depu­tación da Co­ru­ña e, en con­cre­to, a súa vi­ce­pre­si­den­ta Go­ret­ti San­mar­tín, a quen o pre­si­den­te da fun­da­ción ro­sa­lia­na lle deu as gra­zas por­que, coas súas xes­tións «foi po­si­ble, en tem­pos moi di­fí­ci­les, afron­tar o fi­nan­cia­men­to dun­ha re­no­va­ción to­tal do dis­cur­so ex­po­si­ti­vo», se­gun­do apun­tou. Ade­mais, An­guei­ra lem­brou que a depu­tación dei­xou­lle en de­pó­si­to á Ca­sa da Ma­tan­za un­ha co­lec­ción ex­tra­or­di­na­ria de pe­zas pic­tó­ri­cas, mo­bi­lia­rio per­ten­cen­te á fa­mi­lia e o gue­cho de pe­lo de Ro­sa­lía. Ta­mén en­ga­diu ao Con­ce­llo de Pa­drón e á Xun­ta, de mo­do que lem­brou que, gra­zas ás ache­gas do Go­berno ga­le­go, xun­to con fon­dos eu­ro­peos, se ac­tuou so­bre o in­mo­ble, que es­ta­ba en ma­las con­di­cións.

Nes­te sen­so, Ro­mán Ro­drí­guez avan­zou que a Xun­ta fir­ma­rá un con­ve­nio coa fun­da­ción pa­ra apor­tar 120.000 eu­ros en­tre es­te ano e o 2018 pa­ra me­llo­rar os ane­xos da ca­sa e con­ver­te­la nun centro cul­tu­ral que aco­lla ac­ti­vi­da­des en torno á fi­gu­ra da au­to­ra de Fo­llas no­vas pe­ro ta­mén so­bre a cultura ga­le­ga. O con­se­llei­ro des­ta­cou a im­por­tan­cia pa­ra o país do le­ga­do li­te­ra­rio, éti­co e emo­cio­nal de Ro­sa­lía. A ce­le­bra­ción re­ma­tou co ac­tua­ción de Aman­cio Pra­da, un dos pio­nei­ros en mu­si­ca­li­zar os ver­sos de Ro­sa­lía, co que a fun­da­ción, anotou An­guei­ra, cum­priu «o so­ño» de te­lo e de es­coi­ta­lo na ca­sa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.