Amei­xas na adua­na

La Voz de Galicia (Lugo) - - OPINIÓN - PE­DRO PUY Por­ta­voz do PP no Par­la­men­to de Ga­li­cia

En oca­sións, a nai de Luís, que emi­gra­ra a Lon­dres, apro­vei­ta­ba al­gun­ha das mi­ñas via­xes ao Reino Uni­do pa­ra man­dar­lle un­has amei­xas. Pou­co an­tes do em­bar­que che­ga­ba a La­va­co­lla cun­ha bol­sa tér­mi­ca chea de amei­xas vi­vas en­vol­tas nun­ha ver­du­ra e xeo pi­ca­do, que Luís re­co­llía en man en Heath­row un­ha vez eu su­pe­ra­ba a al­fán­de­ga. Por en­tón es­ta­ba prohi­bi­da e es­pe­cial­men­te san­cio­na­da a en­tra­da de plan­tas e ani­mais na illa. E por iso aín­da é ho­xe o día que, ca­da vez que ca­mi­ño por dian­te dos es­pe­llos dos ae­ro­por­tos tras os que a po­li­cía vixía aos tran­seún­tes, lem­bro a ten­sión que me pro­vo­ca­ba a po­si­ción de trans­por­tis­ta oca­sio­nal pe­ro ile­gal de amei­xas vi­vas.

Eran fi­nais dos se­ten­ta do sécu­lo pasado, e o Reino Uni­do da Gran Bre­ta­ña xa in­gre­sa­ra nun­ha Co­mu­ni­da­de Eu­ro­pea na que Es­pa­ña aín­da are­la­ba en­trar. Fí­xoo no 1986, fo­men­tan­do o in­cre­men­to das re­la­cións en­tre os dous paí­ses. Co­mo lem­bra­ba o rei Fe­li­pe no seu dis­cur­so des­ta semana en West­mins­ter, 30 anos des­pois, o co­mer­cio bi­la­te­ral an­glo­es­pa­ñol an­da no en­torno dos 30.000 mi­llóns de eu­ros ao ano; Es­pa­ña foi o país que máis in­ves­tiu no Reino Uni­do no 2016 (máis de 80.000 mi­llóns de eu­ros); e o Reino Uni­do o se­gun­do que máis in­ves­tiu en Es­pa­ña (ao re­dor do 12 % do to­tal dos in­ves­ti­men­tos es­tran­xei­ros). E co­mo non po­día ser dou­tra ma­nei­ra, boa par­te deses flu­xos eco­nó­mi­cos son ga­le­gos. Se fa­la­mos do mo­ve­men­to de ca­pi­tais, bas­ta lem­brar que uns 130 bar­cos de ca­pi­tal ga­le­go, a in­men­sa maio­ría de­les con bandeira bri­tá­ni­ca, fae­nan en au­gas bri­tá­ni­cas, des­de o Gran Sol ás Mal­vi­nas.

E se fa­la­mos da libre cir­cu­la­ción de bens, abon­da re­cor­dar que no 2016 o Reino Uni­do im­por­tou ca­se o 8 % das ven­das ga­le­gas no ex­te­rior, por un va­lor li­xei­ra­men­te in­fe­rior aos 1.600 mi­llóns de eu­ros: un 60 % máis do que ex­por­ta­mos a to­da Amé­ri­ca La­ti­na ou a to­da Asia. O al­ba­ri­ño é posto co­mo exem­plo de vi­ño de ca­li­da­de nos xor­nais bri­tá­ni­cos, con­ver­ten­do ese des­tino no com­pra­dor do 80 % das ex­por­ta­cións da de­no­mi­na­ción de ori­xe Rías Bai­xas; por non men­cio­nar as cuan­ti­ta­ti­va­men­te máis re­le­van­tes ven­das de Ci­troën, In­di­tex ou as con­ser­vei­ras ga­le­gas. E co­mo só im­por­ta­mos do Reino Uni­do por va­lor de 270 mi­llóns de eu­ros, o sal­do (ex­por­ta­cións me­nos im­por­ta­cións) é fa­vo­ra­ble pa­ra Ga­li­cia nuns 1.300 mi­llóns de eu­ros. De aí que as con­se­cuen­cias dun bre­xit du­ro poi­dan ser moi ne­ga­ti­vas pa­ra nós, ao igual que pa­ra o con­xun­to de Es­pa­ña. O que por si mes­mo xus­ti­fi­ca que o Gru­po Po­pu­lar im­pul­sa­se no Par­la­men­to de Ga­li­cia e a Xun­ta xa es­tea a desen­vol­ver un­ha aná­li­se pro­fun­da das con­se­cuen­cias que os dis­tin­tos es­ce­na­rios do bre­xit po­den oca­sio­nar na no­sa eco­no­mía.

Po­rén, e sen­do im­por­tan­tes as in­cer­tas con­se­cuen­cias eco­nó­mi­cas nos mo­ve­men­tos de ca­pi­tais e mer­can­cías en­tre Ga­li­cia e o Reino Uni­do, re­sul­tan máis preo­cu­pan­tes as con­se­cuen­cias en re­la­ción co ter­cei­ro piar exis­ten­cial da Unión Eu­ro­pea: a libre cir­cu­la­ción de per­soas. Os mi­llei­ros de ga­le­gos e ga­le­gas que, co­mo con­se­cuen­cia da su­pre­sión das adua­nas, es­trei­ta­ron os la­zos que xun­tan fa­mi­lias de paí­ses que xa com­par­tían, des­de hai sécu­los, to­pó­ni­mos cel­tas co­mo os que no­mean aos ríos Tá­me­sis e Tam­bre. As ci­fras apun­tan a 300.000 es­pa­ñois re­si­den­tes no Reino Uni­do en­tre es­tu­dan­tes e tra­ba­lla­do­res; aín­da que só uns 130.000 es­tán re­xis­tra­dos ofi­cial­men­te. Un­ha boa por­ción de­les ga­le­gos, aos que ha­be­ría que en­ga­dir os nu­me­ro­sos ci­da­dáns bri­tá­ni­cos que te­ñen ori­xes ga­le­gas. Con­fie­mos en que nin­gún de­les, co­mo fa­cía o meu xa fa­le­ci­do e lem­bra­do ami­go Luís, te­ña que vol­ver a for­zar o trá­fi­co ile­gal de amei­xas vi­vas pa­ra ali­viar, mo­men­ta­nea­men­te e co sa­bor das rías, a súa mo­rri­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.