An­tes as co­tas e ago­ra o «pa­que­te lác­teo»

La Voz de Galicia (Lugo) - - OPINIÓN - LI­ÑA ABER­TA XO­SÉ TURNES PA­RE­DES Pre­si­den­te da Aso­cia­ción Ga­le­ga Te­rra e Lei­te

Na Aso­cia­ción Ga­le­ga Te­rra e Lei­te vi­mos fa­cen­do, des­de o re­ma­te das co­tas o 31 de mar­zo do 2015, un se­gui­men­to do com­por­ta­men­to do sector lác­teo ga­le­go e es­pa­ñol en ter­mos com­pa­ra­ti­vos coa evo­lu­ción des­te sector a ni­vel eu­ro­peo e mun­dial, e a reali­da­de é que nes­ta com­pa­ra­ti­va non saí­mos moi ben pa­ra­dos.

As prin­ci­pais di­fe­ren­zas do no­so país con ou­tros do con­ti­nen­te eu­ro­peo ra­di­can en que es­tes dis­po­ñen de plans es­tra­té­xi­cos pa­ra o sector pri­ma­rio e es­pe­ci­fi­ca­men­te pa­ra o sector lei­tei­ro. Nes­tes paí­ses té­ñen­se pre­pa­ra­do pa­ra o no­vo es­ce­na­rio mun­dial de li­be­ra­li­za­ción da pro­du­ción, in­ves­tin­do en in­dus­trias trans­for­ma­do­ras pa­ra a ela­bo­ra­ción de pro­du­tos que poi­dan via­xar, po­ñen­do en mar­cha pa­que­tes

lác­teos con sen­ti­do co­mún, e po­ten­cian­do os acor­dos in­ter­pro­fe­sio­nais pa­ra que to­da a ca­dea lác­tea es­tea com­pro­me­ti­da en al­can­zar a ne­ce­sa­ria sos­ti­bi­li­da­de da pro­du­ción e o man­te­men­to dun sector fun­da­men­tal. Con moi­tos ma­ti­ces en ca­da país, as me­di­das adop­ta­das coin­ci­den no esencial, que é pre­pa­rar­se pa­ra com­pe­tir nos mer­ca­dos mun­diais e afron­tar a per­ma­nen­te vo­la­ti­li­da­de dos pre­zos, que no no­vo es­ce­na­rio sen co­tas pa­sa a ser es­tru­tu­ral.

Po­la con­tra, en Es­pa­ña e en Ga­li­cia o sector se­me­lla ca­re­cer de rum­bo e non se sa­be ca­ra on­de vai por non dis­por dun plan es­tra­té­xi­co. Is­to non é doa­do de en­ten­der en Ga­li­cia, on­de se pro­du­ce o 40 % do lei­te de Es­pa­ña e o sector re­pre­sen­ta o 1,5 % do PIB, ade­mais de con­tri­buír ao man­te­men­to de te­rras agrí­co­las tra­ba­lla­das en gran­des zo­nas do in­te­rior.

Aquí ta­mén ti­ve­mos que po­ñer en mar­cha o pa­que­te lác­teo, pe­ro en lu­gar de fa­ce­lo co­mo nou­tros lu­ga­res da no­sa con­tor­na, pu­xe­mos en mar­cha o pa­que­te lác­teo máis res­tri­ti­vo de Eu­ro­pa, que, sen a ne­ce­sa­ria ver­te­bra­ción da ca­dea, es­tá ten­do efec­tos moi ne­ga­ti­vos, dei­xán­do­nos con­ti­nua­men­te con pre­zos fó­ra de mer­ca­do, ra­zón po­la que ur­xe a súa re­vi­sión. Os pre­zos su­biron moi­to no mer­ca­do mun­dial e os gan­dei­ros ga­le­gos e es­pa­ñois non se es­tán be­ne­fi­cian­do des­ta me­llo­ra po­las li­mi­ta­cións im­pos­tas po­los con­tra­tos asi­na­dos en vir­tu­de do pa­que­te lác­teo. O ra­zoa­ble se­ría que os pre­zos en Ga­li­cia es­ti­ve­sen subin­do en con­so­nan­cia co que acon­te­ce nos mer­ca­dos in­ter­na­cio­nais, pe­ro a de­bi­li­da­de in­dus­trial e a es­ca­sa ca­pa­ci­da­de de ne­go­cia­ción dos pro­du­to­res, uni­das a un mar­co le­gal ex­ce­si­va­men­te rí­xi­do, non o per­mi­ten. Nes­tes in­tres e a cur­to pra­zo, o sector in­dus­trial é o prin­ci­pal be­ne­fi­cia­rio da si­tua­ción con­xun­tu­ral mo­ti­va­da por un in­cre­men­to non es­pe­ra­do dos pre­zos da man­tei­ga a ni­vel mun­dial, pe­ro de­be­ria­mos pre­gun­tár­mo­nos se no es­ce­na­rio con­tra­rio, as in­dus­trias te­rían a ca­pa­ci­da­de e a von­ta­de de cum­prir os con­tra­tos.

Xa sa­be­mos que os gan­dei­ros ga­le­gos po­den so­por­tar ter os pre­zos máis bai­xos de Es­pa­ña e pro­du­cir a me­llor ca­li­da­de; po­den ta­mén mo­bi­li­zar as te­rras pro­du­ti­vas, pe­ro o que non po­den é loi­tar con­tra to­dos os ele­men­tos e su­plir as in­com­pe­ten­cias dos ou­tros ac­to­res da ca­dea, e es­pe­cial­men­te da fal­ta dun plan es­tra­té­xi­co que po­ten­cie un te­ci­do in­dus­trial real. Pa­ra iso re­sul­ta ne­ce­sa­rio apoiar­se nas in­dus­trias via­bles que xa ope­ran na co­mu­ni­da­de e aban­do­nar a de­ma­go­xia de anun­ciar pro­xec­tos de via­bi­li­da­de li­mi­ta­da e sen ca­pa­ci­da­de pa­ra po­ñer no mer­ca­do lo­cal e mun­dial os máis de 2,6 mi­llóns de to­ne­la­das de lei­te anuais que pro­du­ci­mos en Ga­li­cia, que nos si­túan co­ma un­ha das re­xións máis im­por­tan­tes de Eu­ro­pa en pro­du­ción, pe­ro en ris­co evi­den­te de aban­do­nar es­te club no fu­tu­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.