Un­ha ra­dio­gra­fía so­cial

La Voz de Galicia (Lugo) - - OPINIÓN - VÍC­TOR F. FREI­XA­NES Pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga

Na es­tru­tu­ra do po­der, [os em­pre­sa­rios] vi­ñe­ron subs­ti­tuír os ve­llos fi­dal­gos que, co­mo di­cía Ote­ro Pe­dra­yo, co­lle­ron me­do á noi­te da al­dea e arri­ba­ron ás vi­las e ás ci­da­des

To­can­te a bus­car fu­tu­ro, na Ga­li­cia do tem­po dos avós a mo­ci­da­de ti­ña ba­si­ca­men­te tres saí­das: o se­mi­na­rio, que re­cru­ta­ba nas al­deas ra­pa­ces no­vos con ap­ti­tu­des pa­ra o es­tu­do; o exér­ci­to, ca­se nun­ca de ca­rrei­ra, máis ben bra­cei­ros de ba­se, e os la­bre­gos a sa­char nas lei­ras, que as máis das ve­ces nin de­les eran. Ha­bía un­ha cuar­ta saí­da, a emi­gra­ción. Non ían os máis po­bres, nin os mais fe­bles. A emi­gra­ción era un­ha pro­ba pa­ra os que ti­ñan re­cur­sos ou po­dían hi­po­te­car pro­pie­da­des pa­ra pa­gar a pa­sa­xe, coa sor­te de que al­guén den­de Amé­ri­ca os re­cla­ma­se, e mais con saú­de pa­ra afron­tar o desafío. A crónica do país vén ser a com­bi­na­ción des­tes tres ou ca­tro ele­men­tos bá­si­cos.

Lo­go es­ta­ban os em­pre­sa­rios e os fun­cio­na­rios. Nas pri­mei­ras dé­ca­das do pasado sécu­lo, un­ha par­te im­por­tan­te de em­pre­sa­rios fi­xé­ron­se nas Amé­ri­cas. En cer­ta ma­nei­ra, a ex­pe­rien­cia emi­gran­te, lon­xe dos con­di­cio­nan­tes po­lí­ti­cos, psi­co­ló­xi­cos e es­tru­tu­rais que to­llían o país, ac­tua­ba co­ma un­ha es­pe­cie de se­lec­ción na­tu­ral: os que non que­da­ban no ca­mi­ño saían adian­te e ás ve­ces mes­mo fa­cían car­tos. A mar­ca do éxi­to era vol­ver e amo­sar aos ve­ci­ños que a aven­tu­ra non fo­ra un fra­ca­so.

Ou­tra cas­te de em­pre­sa­ria­do era a de rai­cei­ra fa­mi­liar: her­dan­zas de pais a fi­llos, que non sem­pre fun­cio­na­ban, pe­ro que vi­ñan ser, co­ma quen, un­ha cas­te de no­bre­za ur­ba­na, os se­ño­ri­tos, que aca­ba­ban as máis das ve­ces en ca­ci­ques, e con­su­mían en dúas xe­ra­cións o que cons­truí­ran os de­van­cei­ros. Es­tas em­pre­sas de es­tir­pe fa­mi­liar ti­ñan ca­se sem­pre ori­xe fo­rá­nea: ma­ra­ga­tos, leo­ne­ses, ca­me­ra­nos, vas­cos na in­dus­tria do coi­ro, ca­ta­láns na con­ser­va… Na es­tru­tu­ra do po­der, vi­ñe­ron subs­ti­tuír os ve­llos fi­dal­gos que, co­mo di­cía Ote­ro Pe­dra­yo, co­lle­ron me­do á noi­te da al­dea e arri­ba­ron ás vi­las e ás ci­da­des a ma­tar o tem­po xo­gan­do no ca­sino ao do­mi­nó men­tres os co­mer­cian­tes, os no­vos amos, cons­truían o fu­tu­ro.

O de­rra­dei­ro gru­po son os fun­cio­na­rios. O meu avó, que aca­bou de gar­da ci­vil po­las ra­zóns que se ex­pli­can nos pri­mei­ros apar­ta­dos, acon­se­lla­ba aos seus ne­tos es­ta saí­da «por­que o Es­ta­do nun­ca que­bra», di­cía. Tra­ba­llar no se­gu­ri­ño e pa­ra to­da a vi­da. «O pan po­de ser es­ca­so, pe­ro é dun­ha bran­cu­ra in­fi­ni­ta». Es­ta idea da bran­cu­ra co­mo al­go que non com­pro­me­te, ao con­tra­rio do ris­co que se lle su­pón ao em­pre­sa­rio, e que du­ra to­da a vi­da, por­que o Es­ta­do non que­bra nun­ca, sig­ni­fi­ca acep­tar a es­ca­se­za de re­tri­bu­cións ca­se co­ma un­ha re­sig­na­ción, co­ma par­te do con­tra­to, a cam­bio da tran­qui­li­da­de e a con­ti­nui­da­de sen amos. Sen amos vi­si­bles, que­ro di­cir. Pa­ra a in­men­sa maio­ría da no­sa xen­te o Es­ta­do é un­ha abs­trac­ción que non ten ros­tro. Po­lo que aca­ba­mos de ver nun­ha en­qui­sa de ex­pec­ta­ti­vas la­bo­rais en­tre a no­sa mo­ci­da­de, un­ha gran maio­ría da xen­te mo­za an­da nes­ta de­ri­va­da. Se­rá cou­sa de pre­gun­tar por que, se aca­so ou­tro día.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.