Tres obras com­pi­ten po­lo Pre­mio de No­ve­la por En­tre­gas de La Voz de Ga­li­cia

A na­rra­ción ga­ña­do­ra co­ñe­ce­ra­se no trans­cur­so dun­ha cea li­te­ra­ria que se ce­le­bra­rá es­te xo­ves

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura -

A 17.ª edición do Pre­mio de No­ve­la por En­tre­gas que con­vo­ca La Voz de Ga­li­cia en co­la­bo­ra­ción con Ám­bi­to Cul­tu­ral de El Cor­te In­glés xa ten fi­na­lis­tas. Son tres obras das 19 pre­sen­ta­das es­te ano, un­ha das edi­cións con maior par­ti­ci­pa­ción. Os tres ori­xi­nais que op­tan a ga­ñar o ga­lar­dón, que se fa­lla­rá es­te xo­ves, son os se­guin­tes: Wal­ki­ria, pre­sen­ta­do co pseu­dó­ni­mo Ama­zo­nía; A ví­vi­da vi­da dun bi­lle­te de cin­co­cen­tos eu­ros, co le­ma Flor­be­la Es­pan­ca; e A sen­da de sal.

A obra ven­ce­do­ra e a iden­ti­da­de do seu au­tor ou autora da­ran­se a co­ñe­cer o vin­dei­ro xo­ves, no trans­cur­so dun­ha cea li­te­ra­ria que se ce­le­bra­rá no Mu­seo San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre, nas ins­ta­la­cións de La Voz en Sa­bón.

Wal­ki­ria po­de en­mar­car­se no xé­ne­ro de aventuras. Re­la­ta o en­con­tro na bei­ra da selva bra- si­lei­ra en­tre un pi­lo­to es­pa­ñol re­pu­bli­cano e un pro­fe­sor uni­ver­si­ta­rio e en­xe­ñei­ro de mi­nas por­tu­gués: am­bos com­par­ten inimi­gos co­múns, Fran­co e Sa­la­zar, e axi­ña com­par­ti­rán al­go máis, a aven­tu­ra por ato­par un te­sou­ro de pe­dras pre­cio­sas. A eles su­ma­ra­se a Wal­ki­ria, un­ha mis­te­rio­sa mu­ller de ori­xe nór­di­ca que can­ta nun ca­ba­ré pe­ro que ago­cha moi­tos se­gre­dos.

Po­la súa ban­da, A ví­vi­da vi­da dun bi­lle­te de cin­co­cen­tos eu­ros responde cum­pri­da­men­te ao que o seu tí­tu­lo enun­cia: a tra­vés dos in­ter­cam­bios que pro­ta­go­ni­za un bi­lle­te de cin­co­cen­tos eu­ros a obra vai pre­sen­tan­do un mon­llo de per­so­na­xes, ás ve­ces cun­ha co­ne­xión pre­via en­tre eles, ou­tras ve­ces froi­to do azar, e os ca­pí­tu­los se­guen as idas e vin­das dos car­tos, que mes­mo cam­bian va­rias ve­ces de paí­ses, ata che­gar a mans anó­ni­mas e fa­mo­sas de for­ma ines­pe­ra­da.

Por úl­ti­mo, A sen­da de sal é un­ha no­ve­la de cla­ra vo­ca­ción ma­ri­ñei­ra. A obra arran­ca coa mor­te pró­xi­ma dun ve­llo ma­ri­ñei­ro que lle re­la­ta un­ha his­to­ria do seu pa­sa­do máis dis­tan­te, de can­do era neno e obri­ga­do po­la vi­da ti­vo que en­trar de xei­to pre­ci­pi­ta­do no mun­do dos adul­tos, fa­cén­do­se car­go do barco do pai. O re­la­to re­món­ta­se aos tem­pos da Gue­rra Ci­vil e da Se­gun­da Gue­rra Mun­dial, coas re­la­cións cru­za­das que pro­pi­cia­ron en­tre paí­ses na cos­ta ga­le­ga.

Do­ta­ción e pu­bli­ca­ción

O Pre­mio de No­ve­la por En­tre­gas es­tá do­ta­do con 10.000 eu­ros. A obra ga­ña­do­ra será pu­bli­ca­da no xor­nal e na súa edición di­xi­tal du­ran­te o mes de agos­to, a ra­zón dun ca­pí­tu­lo ca­da día. As Pá­xi­nas Li­te­ra­rias de La Voz com­ple­ta­ran­se cos re­la­tos en­via­dos po­los lec­to­res.

Nes­tes máis de quin­ce anos de his­to­ria do pre­mio, a nó­mi­na de ga­ña­do­res su­mou a au­to­res co­mo Ma­ri­lar Alei­xan­dre, Emi­lio Alon­so, An Al­fa­ya, Blan­ca Ries­tra, Con­cha Blan­co, Xo­sé A. Pe­ro­zo, Mi­guel Suá­rez Abel, Aran­tza Por­ta­ba­les, Francisco Cas­tro, Diego Amei­xei­ras, Fran Alon­so, Án­gel de la Cruz ou San­tia­go Lo­po, en­tre ou­tros.

Al­gúns xa eran au­to­res de lon­ga tra­xec­to­ria can­do ga­ña­ron o pre­mio, men­tres que ou­tros, co­mo o ca­so de Al­ber­to Ra­mos, es­ta­ban a ini­ciar a súa ca­rrei­ra li­te­ra­ria.

Ilus­tra­ción pa­ra «Com­pos­te­la Noi­re», de Blan­ca Ries­tra, por Abraldes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.