A Real Aca­de­mia Ga­le­ga ren­de­rá un­ha ho­me­na­xe mu­si­cal e poé­ti­ca a Luz Po­zo Gar­za aos seus 95 anos

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura -

A es­cri­to­ra Luz Po­zo Gar­za (Ri­ba­deo, 1922) cum­pre 95 anos es­te ven­res. Con es­te mo­ti­vo, a Real Aca­de­mia Ga­le­ga, á que per­ten­ce a autora, ofre­ce­ra­lle un­ha ho­me­na­xe mu­si­cal e poé­ti­ca pa­ra fes­te­xar aniver­sa­rio dun­ha «das vo­ces máis ex­cel­sas, ori­xi­nais e vi­bran­tes» das le­tras ga­le­gas con­tem­po­rá­neas, en pa­la­bras de Víc­tor F. Frei­xa­nes, pre­si­den­te da RAG, se­gun­do in­for­mou a en­ti­da­de.

O ac­to ce­le­bra­ra­se na se­de co­ru­ñe­sa da ins­ti­tu­ción, na rúa Ta­ber­nas, e co­me­za­rá ás 19.00 ho­ras con en­tra­da li­bre. Na ve­la­da es­coi­ta­ran­se os ver­sos de Luz Po­zo na voz de dez poe­tas de dis­tin­tas xe­ra­cións. Es­tes es­cri­to­res se­rán a aca­dé­mi­ca Ma­ri­lar Alei­xan­dre, os aca­dé­mi­cos Xo­sé Luís Fran­co Gran­de, Sal­va­dor Gar­cía Bo­da­ño e Ma­nuel Rivas, xun­to con Xo­sé Ma­ría Ál­va­rez Các­ca­mo, Yo­lan­da Cas­ta­ño, Ol­ga No­vo, Pilar Pa­lla­rés, Ol­ga Pa­ti­ño e Eva Vei­ga. Os dez re­ci­ta­rán e co­men­ta­rán ver­sos de dis­tin­tas obras da lon­ga tra­xec­to­ria de Luz Po­zo: non en van le­va oi­to dé­ca­das crean­do poe­sía.

Ade­mais, as obras es­col­ma­das pa­ra a oca­sión ce­le­bra­to­ria ta­mén for­ma­rán par­te dun opúscu­lo coor­di­na­do po­la aca­dé­mi­ca co­rres­pon­den­te Oli­via Ro­drí­guez, quen ta­mén exer­ce­rá co­mo con­du­to­ra li­te­ra­ria da ce­le­bra­ción. Nas pá­xi­nas da pu­bli­ca­ción ocú­pan­se da poe­sía de Luz Po­zo Clau­dio Ro­drí­guez Fer e o aca­dé­mi­co Xesús Alon­so Mon­te­ro, en­car­ga­dos ade­mais de pre­sen­tar e pe­char o ac­to des­te ven­res.

En can­to á par­te mu­si­cal da con­me­mo­ra­ción, es­ta co­rre­rá a car­go da so­prano Pa­tri­cia Ro­drí­guez Ri­zo e do Cuar­te­to Ci­ma­rrón, que in­ter­pre­ta­rán Tres can­cións pa­ra Ro­sa­lía, un­ha adap­ta­ción mu­si­cal de tres poe­mas da ho­me­na­xea­da, a car­go do com­po­si­tor Ga­briel Bus­si.

Luz Po­zo in­cor­po­rou­se á RAG co­mo mem­bro co­rres­pon­den­te en 1950 e den­de 1996 é aca­dé­mi­ca de nú­me­ro. Na súa tra­xec­to­ria des­ta­can obras co­mo Có­di­ce Ca­lix­tino, e foi re­co­lli­da ín­te­gra no vo­lu­me Me­mo­ria so­lar.

PE­PA LO­SA­DA

Un­ha voz

ex­cel­sa. A de Luz Po­zo é un­ha das tra­xec­to­rias li­te­ra­rias máis re­co­ñe­ci­das no panorama da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga ac­tual.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.