A pre­gun­ta de Da­vid Chip­per­field

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - LOU­REN­ZO FER­NÁN­DEZ PRIETO

Apre­gun­ta non é no­va, pe­ro é a máis im­por­tan­te que po­de­mos fa­cer­nos ho­xe co­mo gru­po hu­mano cons­ti­tuí­do en país. É a pre­gun­ta so­bre o fu­tu­ro e o sus­ten­to e po­de re­su­mir­se en: «Ga­li­cia es­tá na van­gar­da da for­ma fu­tu­ra de pro­du­cir ali­men­tos ou no atra­so máis ab­so­lu­to?». Ar­gu­men­ta Chip­per­field que Ga­li­cia es­co­lleu un­ha for­ma de pro­du­cir a pe­que­na e non a gran­de es­ca­la e iso é un­ha van­ta­xe ho­xe, no tem­po en que a ca­li­da­de dos ali­men­tos con­ver­teu­se no ele­men­to cen­tral da pro­du­ción con fu­tu­ro. Ob­via a pro­du­ción de lei­te, pe­ro ati­na en apre­ciar esa for­ma no­sa de pro­du­cir ali­men­tos mal al­cu­ma­da mi­ni­fun­dio que, aín­da que re­si­lien­te e en re­tro­ce­so, apre­za co­mo van­ta­xe de fu­tu­ro. A pre­gun­ta lé­va­se fa­cen­do moi­to tem­po, pe­ro o im­por­tan­te é a olla­da ex­ter­na e in­te­li­xen­te de quen a fai e, so­bre to­do, que as au­to­ri­da­des po­lí­ti­cas, aín­da sen aca­bar de en­ten­de­lo, dan­lle a ra­zón. Se­gu­ra­men­te por­que es­te ar­qui­tec­to in­glés des­ti­la sa­be­do­ría, em­pe­ño e éxi­to. O que di vai con­tra to­da a con­cep­ción do­mi­nan­te so­bre en que con­sis­ten o pro­gre­so e o atra­so agra­rio de Ga­li­cia. Pe­ro ab­so­lu­ta­men­te a fa­vor do que fai a xen­te des­te país.

Acu­dín á pre­sen­ta­ción da Fun­da­ción Ría, en Ri­bei­ra, le­va­do po­lo ama­ble con­vi­te e o ce­re­bral en­tu­sias­mo de Ma­nuel Ro­drí­guez, pe­ro con cer­to es­cep­ti­cis­mo in­te­lec­tual, pa­ra des­cu­brir a quen en­ten­den que a for­ma de pro­du­cir ali­men­tos es­tá di­rec­ta­men­te re­la­cio­na­da coa iden­ti­da­de e que é a que pro­du­ce a pai­sa­xe. Na­tu­re­za trans­for­ma­da ex­pre­sa­da nun agroe­co­sis­te­ma que un bo ar­qui­tec­to iden­ti­fi­ca e va­lo­ra. A pre­gun­ta de Chip­per­field axu­da a re­con­ci­liar es­te país de la­bre­gos con el mes­mo. Non é a pre­gun­ta do hips­ter neo­ior­quino que mer­ca no Amish Sto­re, se­nón a de quen en­ten­de ao país e ás pai­sa­nas que se­guen la­bran­do as te­rras pa­ra ali­men­tar o con­su­mo de ca­li­da­de que prac­ti­ca­mos nes­te país. A iso é ao que cha­ma­mos «vi­vir co­mo ga­le­gos».

Ho­xe, quen que­re pro­du­cir a pe­que­na es­ca­la de­be fa­ce­lo por fó­ra das pro­pos­tas con­ven­cio­nais e as axu­das pú­bli­cas pa­ra pa­sar des­aper­ci­bi­dos, co­mo com­pro­ba­ron os in­ves­ti­ga­do­res da Re­de Re­vol­ta ana­li­zan­do ex­pe­rien­cias pro­du­ti­vas in­no­va­do­ras. Por fin al­guén dá­lle a ra­zón ao que fan os pai­sa­nos; en reali­da­de ao que fa­ce­mos to­dos: se­guir a ali­men­tar­nos con ali­men­tos de moi­ta ca­li­da­de pro­du­ci­dos aquí. O maior éxi­to re­cen­te do agro ga­le­go foi o da vi­ti­cul­tu­ra; ba­seou­se nun 60 % na tei­mo­sía de cen­tos de ca­sas que man­ti­ve­ron as súas vi­ñas, non en­tra­ron nas con­cen­tra­cións par­ce­la­rias, non dei­xa­ron mo­rrer as ve­llas cas­tes e se­gui­ron pro­du­cin­do pa­ra au­to­con­su­mo e pa­ra quen llo mer­ca­se (sem­pre ha­bía) a pre­zos re­mu­ne­ra­do­res ao lon­go dos úl­ti­mos cin­cuen­ta anos. Si, e lo­go to­do o de­mais, cla­ro, pe­ro al­guén se­guiu ca­van­do a vi­ña.

Ta­mén tei­ma­ba no porto de Ri­bei­ra xen­te maior afec­ta­da po­la cha­pu­cei­ra EDAR de Cas­ti­ñei­ras. Coas súas pro­tes­tas dá­ban­lle in­di­rec­ta­men­te a ra­zón ao ob­xec­ti­vo es­tra­té­xi­co da fun­da­ción Ría. So­bre co­mo com­ba­ter o ave­llen­ta­men­to —ou­tro gran pro­ble­ma do país— non hou­bo nin­gun­ha pre­gun­ta. Só un­ha res­pos­ta elo­cuen­te ao pre­sen­tar á equi­pa da Fun­da­ción: nin­gún de­be pa­sar dos 30 anos. Quen fai al­go así ho­xe en Ga­li­cia? É ver­da­de uni­ver­sal que só hai fu­tu­ro con xen­te no­va.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.