Ir­lan­da no co­ra­zón

La Voz de Galicia (Lugo) - - La Voz De Galicia - Bieito Ro­me­ro

Es­cri­bían os mon­xes ir­lan­de­ses, no sécu­lo XI, un li­bro cha­ma­do Leab­har Gab­ha­la Ei­reann. Nel ná­rra­se a his­to­ria das di­fe­ren­tes in­va­sións que fo­ron che­gan­do á illa de Ir­lan­da a tra­vés dos tem­pos. Fá­la­se do per­co­rri­do de to­das es­tas xen­tes, dos seus per­so­na­xes máis sen­llei­ros, das súas ba­ta­llas, e des­crí­be­se con de­ta­lle o que foi a his­to­ria de Ir­lan­da du­ran­te moi­tos sécu­los. Se­gun­do es­te fas­ci­nan­te do­cu­men­to, a día de ho­xe gar­da­do no Tri­nity Co­lle­ge de Du­blín, a úl­ti­ma des­tas in­va­sións foi a dos Mi­le­sians que che­ga­ron a Ga­li­cia den­de o en­torno do Mar Ne­gro e fun­da­ron a ci­da­de de Bri­gan­tia (A Co­ru­ña?), er­gue­ron a To­rre de Breog­hán (Fa­ro de Hér­cu­les?) e con­ti­núa a his­to­ria di­cin­do que den­de o alto da to­rre de Breog­hán, Ith, un dos máis egre­xios fi­llos des­te cau­di­llo, des­cu­briu a illa de Ir­lan­da. O li­bro di ta­mén que os ac­tuais po­boa­do­res da illa, des­pois de ven­cer ao an­te­rior po­bo in­va­sor (os Tuat­ha De Dan­nan), son os des­cen­den­tes dos Mi­le­sians que par­ti­ran den­de Ga­li­cia. In­de­pen­den­te­men­te des­ta fas­ci­nan­te his­to­ria, as re­la­cións con Ir­lan­da ven­se re­flec­ti­das nas no­sas artes, li­te­ra­tu­ra e música maior­men­te, ta­mén as raíces e o fei­to de ser te­rri­to­rios con ca­rac­te­rís­ti­cas co­múns con­fír­man­nos co­mo po­bos atlán­ti­cos ir­máns.

Hai pou­co tem­po sou­ben de ca­tro in­tré­pi­dos ir­lan­de­ses que fi­xe­ron o ca­mi­ño de San­tia­go den­de Ir­lan­da por mar, na­ve­gan­do nun an­ti­go Cu­rragh (pe­que­na em­bar­ca­ción tra­di­cio­nal). A súa aven­tu­ra, que xa du­ra­ba un ano, re­ma­ta­ba ao pe do mon­te de San­ta Tre­ga, xus­to on­de o pai Mi­ño en­tre­ga as súas au­gas ao Atlán­ti­co. Alí nau­fra­ga­ban, e Danny Sheehy, de 61 anos, poe­ta e in­te­gran­te dese pro­xec­to cha­ma­do Ca­mino by sea per­día a vi­da. Den­de o Mi­ño ga­lai­co ao Tir Na Nog (Te­rra de eter­na xu­ven­tu­de pa­ra os cel­tas), Ga­li­cia e Ir­lan­da no co­ra­zón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.