O ci­neas­ta Da­ni de la To­rre bus­ca no Círcu­lo ac­to­res pa­ra a súa pró­xi­ma pe­lí­cu­la

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo -

O ci­neas­ta mon­for­tino Da­ni de la To­rre, que di­ri­xiu El

Des­co­no­ci­do, un­ha das cin­tas máis pre­mia­das e con maior nú­me­ro de es­pec­ta­do­res hai dous anos, bus­ca ac­to­res pa­ra a súa pró­xi­ma cin­ta. Ma­ñá le­va­rá a ca­bo un cás­ting no Círcu­lo das Artes de Lu­go. Se­rá, a par­tir das dez da ma­ñá pa­ra os so­cios da ins­ti­tu­ción e po­la tar­de pa­ra o res­to do pú­bli­co.

Os que quei­ran pro­bar sor­te co­mo fi­gu­ran­tes de­be­rán ter máis de 16 anos pa­ra ser con­tra­ta­dos. Va­ca Films, a pro­du­to­ra, dí­xo­lle aos di­rec­ti­vos do Círcu­lo de las Artes que bus­can ho­mes de ta­lla re­du­ci­da con bar­ba e bi­go­tes pa­ra fa­cer de tra­ba­lla­do­res dun lo­cal de va­rie­da­des dos anos vin­te. Ase­ma­de bus­can a mo­zas afec­cio­na­das ao bai­le pa­ra in­ter­vir nun ca­ba­ré. Ta­mén va­lo­ra­rán de xei­to es­pe­cial a va­róns que te­ñan no­cións de piano, sa­xo, trom­pe­ta e ou­tros ins­tru­men­tos.

A no­va pe­lí­cu­la de Da­ni de la To­rre te­rá co­mo un dos prin­ci­pais pro­ta­go­nis­tas ao chai­re­go Luís To­sar. No re­par­to ta­mén es­ta­rán Er­nes­to Al­te­rio, Pa­co Tous e Ma­no­lo Se­ta. A fil­ma­ción le­va­ra­se a ca­bo en máis de 80 lu­ga­res de Lu­go e Monforte.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.