De Ir­lan­da do Nor­te á Quin­ta­na

Mi­lla­doi­ro vol­ve­rá a San­tia­go lo­go de cin­co anos pa­ra pe­char o Cer­ta­me Folk

La Voz de Galicia (Lugo) - - Al Sol - TA­MA­RA MON­TE­RO

«É un­ha pra­za que pa­ra cal­que­ra ga­le­go, pa­ra cal­que­ra mú­si­co tra­di­cio­nal re­pre­sen­ta moi­tas cou­sas». Non lle ten na­da que co­bi­za á piaz­za da San­ta Cro­ce de Flo­ren­cia, nin á ca­te­dral de St. John Di­vi­ne de No­va York, nin ao au­di­to­rio do par­que cen­tral de Chica­go. Cua­li­fi­ca Pe­pe Fe­rrei­rós a pra­za da Quin­ta­na de «lu­gar em­ble­má­ti­co». Co­mo em­ble­má­ti­ca é ta­mén a for­ma­ción á que per­ten­ce. Mi­lla­doi­ro re­tor­na a Com­pos­te­la o sá­ba­do, cin­co anos des­pois da súa de­rra­dei­ra ac­tua­ción en San­tia­go e faino no co­ra­zón mes­mo da ci­da­de. A ca­rón da Be­ren­gue­la.

Se­rá pa­ra pe­char a sex­ta edi­ción do Cer­ta­me Folk, o fes­ti­val de música tra­di­cio­nal que pro­mo­ven La Voz e o Con­ce­llo de San­tia­go, que día 22 ofre­ce­rá un­ha «pro­gra­ma­ción in­ten­sa», se­gun­do sa­lien­tou o con­ce­llei­ro Jorge Duar­te, que pu­lou do éxi­to das edi­cións an­te­rio­res pa­ra au­gu­rar un gran po­der de con­vo­ca­to­ria a un cer­ta­me que xa re­cla­mou pa­ra si un es­pa­zo pro­pio na pro­gra­ma­ción dun­ha das mei­ran­des ci­tas fes­ti­vas de Com­pos­te­la: O Após­to­lo. Un fes­ti­val cun­ha pro­gra­ma­ción in­ten­sa si, pe­ro ta­mén con vo­ca­ción fa­mi­liar e, por pri­mei­ra vez, in­ter­na­cio­nal.

Por­que Mi­lla­doi­ro re­gre­sa a Íta­ca em­pu­rra­do po­lo ven­to de Ir­lan­da do Nor­te. A Do­mi­nic Graham School su­birá ao es­ce­na­rio pa­ra co­la­bo­rar con eles lo­go de apren­der­lle a to­dos os que quei­ran os ali­cer­ces da es­pec­ta­cu­lar dan­za tra­di­cio­nal ir­lan­de­sa a par­tir das 19 ho­ras do sá­ba­do. Du­ran­te ese pe­che dou­ra­do pa­ra o Cer­ta­me Folk —que co­me­za­rá a iso das 22.45 ho­ras— «Fa­re­mos o que vi­mos fa­cen­do hai 40 anos, e di­re­des, ui, que abu­rri­dos». Pa­ra na­da. Ex­pli­ca­ba Pe­pe Fe­rrei­rós que Mi­lla­doi­ro fa­rá o que sa­ben fa­cer. «Os gru­pos que le­va­mos tan­tos anos tra­ba­llan­do te­mos un­ha se­rie de pe­zas que non po­des dei­xar, que o pú­bli­co de­man­da» e que ta­mén es­ta­rán pre­sen­tes ne­se lon­ga­men­te agar­da­do re­gre­so Com­pos­te­la. Con to­do, non só mi­ra­rán ca­ra a atrás. Ha­be­rá ta­mén no­vas com­po­si­cións no re­per­to­rio dun­ha ac­tua­ción que, ao ser «es­pe­cial» con­ta­rá non só coa Do­mi­nic Graham School co­mo co­la­bo­ra­do­ra. Ta­mén ha­be­rá es­pa­zo pa­ra a dan­za. Eva Fa­ral­do e Xe­sús Qui­ro­ga, pa­re­lla de dan­za con­tem­po­rá­nea, con­tri­bui­rán a fa­cer o es­pec­tácu­lo de Mi­lla­doi­ro «máis glo­bal».

Vo­ca­ción fa­mi­liar

O Cer­ta­me Folk, ade­mais, é pa­ra to­dos. Pa­ra os maio­res e pa­ra os pe­que­nos. Re­me­mo­ra­ba Fe­rrei­rós du­ran­te a pre­sen­ta­ción da ci­ta mu­si­cal que du­ran­te a súa ac­tua­ción no Par­que Cen­tral de Chica­go ha­bía ra­pa­za­da, fa­mi­lias cos seus ca­ti­vos, e que pen­sa­ron que era un­ha lás­ti­ma que en Ga­li­cia, en gran­des ci­tas co­mo Or­ti­guei­ra ou Moa­ña, non hou­be­ra ese am­bien­te fa­mi­liar. «Apos­ta­des por un­ha cou­sa boa, que ese con­cep­to de fes­ti­val se­xa moi­to máis am­plo». Abren os ca­mi­ños da ca­ti­va­da gru­pos co­mo Trío Re­fu­ga­llo (12 ho­ras), Pe­ter Punk (13 ho­ras) e Ha­ku­na Ma­ta­ta de Trou­la Ani­ma­ción (18 ho­ras), pe­ro ta­mén os obra­doi­ros pa­ra os pe­que­rre­chos que se desen­vol­ve­rán en­tre as 11 e as 14 ho­ras. Ade­mais, den­de as 10 da ma­ñá ha­be­rá un­ha fei­ra de ar­te­sa­nía e ex­po­si­ción de pro­du­to en coiro, aci­be­che e ce­rá­mi­ca de Ga­li­cia.

Xa a par­tir das 20.30 ho­ras, Xa­bier Díaz su­birá ao es­ce­na­rio pa­ra exer­cer de mestre de ce­ri­mo­nias. A arrin­ca­dei­ra co­rre­rá a car­go de Gha­ve­ta e Lag­har­tei­ras, con dis­co pu­bli­ca­do no 2015 e con moi­to que di­cir no pa­no­ra­ma fol­kie. Des­pois se­rá a quen­da dos ir­lan­de­ses Do­mi­nic Graham School, que dei­xa­rán pa­so a Mi­lla­doi­ro.

ÁL­VA­RO BALLESTEROS

Ac­tua­ción de Mi­lla­doi­ro en la pra­za da Quin­ta­na en el año 2012.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.