Jo­sé Suá­rez re­gre­sa a Orien­te

Abre en To­quio un­ha mos­tra do fo­tó­gra­fo ga­le­go coa súa se­rie so­bre Xa­pón

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - XESÚS FRA­GA

En 1953 Jo­sé Suá­rez le­va­ba vi­vin­do no exi­lio la­ti­noa­me­ri­cano —pri­mei­ro en Ar­xen­ti­na e des­pois en Uru­guai— da­bon­do co­mo pa­ra pre­ci­sar un cam­bio. Ato­pá­ba­se can­so. E o fo­tó­gra­fo ga­le­go pro­cu­rou esa no­va xei­ra vi­tal ollan­do a Orien­te: «Ne­ce­si­to un pe­río­do de paz, de so­se­go, de tran­qui­li­da­de es­pi­ri­tual e de cam­bio de am­bien­te e vou ver se no Orien­te ato­po esa paz e ese acou­go, esa do­zu­ra, esa pe­ne­tra­ción, di­ria­mos, bu­dis­ta». Ese lu­gar eli­xi­do foi Xa­pón.

A es­ta­día pro­lon­ga­ría­se arre­dor de dous anos, un tem­po no que Suá­rez em­pre­gou a súa pro­fe­sión co­mo un­ha vía do­bre: a tra­vés da ima­xe in­ter­nou­se no mio­lo da cul­tu­ra xa­po­ne­sa, que á súa vez re­flec­tiu con no­ta­ble sen­si­bi­li­da­de coa súa cá­ma­ra. Da im­pre­sión que lle cau­sou o con­tac­to co país dan fe as súas ano­ta­cións e tex­tos —en­tre os que des­ta­can os ar­ti­gos so­bre o tea­tro Noh, co­mo o que pu­bli­cou en 1967 en Grial—, así co­mo as fo­to­gra­fías que amo­sa­ría en mos­tras e con­fe­ren­cias.

Son es­tas ima­xes as que ago­ra em­pren­de­ron o ca­mi­ño de vol­ta coa aper­tu­ra on­te no Ins­ti­tu­to Cer­van­tes en To­quio da ex­po­si­ción Jo­sé Suá­rez. Uns ollos vi­vos que pen­san, co­mi­sa­ria­da por Xo­sé Luís Suá­rez Ca­nal e Ma­nuel Sen­dón, e que den­de a súa pri­mei­ra ins­ta­la­ción no 2015 na Ci­da­de da Cul­tu­ra, per­co­rreu Madrid, Bos Ai­res, Mon­te­vi­deo e Pa­rís; des­pois da súa eta­pa ni­po­na vi­si­ta­rá No­va De­li.

Se­gun­do os co­mi­sa­rios da mos­tra, en Xa­pón Suá­rez che­ga­rá a prac­ti­car un­ha fo­to­gra­fía di­fe­ren­te, afas­ta­da das ima­xes máis ela­bo­ra­das que fi­xe­ra ata en­tón e máis pró­xi­mas ao es­ti­lo de fo­to­xor­na­lis­mo das re­vis­tas ilus­tra­das que ti­ñan a Car­tie­rB­res­son co­mo prin­ci­pal ex­po­ñen­te. O fo­tó­gra­fo na­ci­do en Alla­riz re­co­lle es­ce­nas ri­tuais nos tem­plos, a prác­ti­ca do ju­do, re­pre­sen­ta­cións tea­trais e ele­men­tos re­cha­man­tes, den­de os xar­díns zen aos pa­ra­so­les de pa­pel. Un­ha ex­cep­ción a es­te do­cu­men­ta­lis­mo máis es­pon­tá­neo son os re­tra­tos hu­ma­nos, nos que Suá­rez re­gre­sa ao gus­to por un­ha es­té­ti­ca máis tra­ba­lla­da e pre­pa­ra­da de an­te­mán. Des­ta­can ta­mén as súas se­ries en cor so­bre as mu­lle­res mer­gu­lla­do­ras á pro­cu­ra de per­las.

Tes­te­mu­ñan ta­mén o grao do seu co­ñe­ce­men­to da cul­tu­ra xa­po­ne­sa a súa re­la­ción e ami­za­de co ci­neas­ta Aki­ra Ku­ro­sa­wa e a co­ne­xión que es­ta­ble­ceu Suá­rez coa fi­lo­so­fía xa­po­ne­sa da na­tu­re­za, un­ha «co­mu­ñón in­me­dia­ta coa pai­sa­xe» coa que se iden­ti­fi­cou fon­da­men­te. Tan­to, que can­do che­gou o mo­men­to da des­pe­di­da do país, de­ci­diu que o me­llor xei­to de hon­ra­lo era pe­re­gri­nar ao mon­te Fu­ji. Que, cla­ro es­tá, fo­to­gra­fou.

Un­ha das fo­tos máis ela­bo­ra­das que Suá­rez to­mou en Xa­pón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.