Ir­se!

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - MA­RÍA CANOSA

Ca­da vez que hai un cam­bio nas nor­mas do ga­le­go, quei­xá­mo­nos. Non só iso, é que apro­vei­ta­mos pa­ra di­cir que nos to­lean da ca­be­za e que así non hai quen fa­le ga­le­go. Ah! Xa non sa­be­mos que di­cir! Gra­cias/ Gra­zas. Ala, tor­zo o bi­co e non o fa­lo. Pun­to. Aca­bou­se. Que tan­ta lea e tan­to con­to...

Non fa­la­mos ga­le­go e pun­to. Des­cul­pas. A min non me pa­re­ceu ben que a RAE acep­ta­se mus­la­men, pe­cha­men, cu­la­men e ca­na­li­llo por po­ñer por ca­so. E in­dig­nei­me can­do se acep­ta­ron vul­ga­ris­mos co­mo mur­cié­ga­lo,

va­ga­mun­do ou al­món­di­ga. En lu­gar de edu­car­nos, vul­ga­ri­zá­mo­nos nós. Lem­bro así o que di­cía o meu pai, que co­mo do­cen­te, nas au­las vi­ra moi­tas ve­ces con­ta­xiar a bru­ta­li­da­de, pe­ro nun­ca a fi­nu­ra. Vén ser un­ha cou­sa así. Ou asín, co­mo ta­mén acep­ta a Aca­de­mia.

Qué­da­me que acep­ten as co­cre­tas... e ir­se! Da­que­la, Lo­la Flo­res te­ría ra­zón. Cons­te que imos po­lo ca­mi­ño, pois aca­ban de acep­tar iros co­mo im­pe­ra­ti­vo do ver­bo ir. Asín que... tem­po ao tem­po, que to­do ha che­gar.

Men­tres... por que non me fa­lan un pou­qui­ño de ga­le­go. Sa­ben máis do que pen­san. Di­gan: Íde­vos! Non te­rían problema co ter­mo. A que non du­bi­dan? Íde­vos. Pun­to. Ben sin­xe­lo.

Pro­ben. Fá­gan­me ca­so. Fa­len ga­le­go, e ve­rán que non é tan com­pli­ca­do. Por­que ade­mais, po­den fa­la­lo con cal­que­ra ti­po de dia­lec­ta­lis­mo, que es­tá per­mi­ti­do. E, ade­mais, é fer­mo­so ver a ri­que­za de va­rie­da­des que ten a no­sa lin­gua en fun­ción do lu­gar da fa­la.

E aos vul­ga­ris­mos que se vol­ve­ron reais e aca­dé­mi­cos, sa­ben que lles di­go? «Si me que­réis, ir­se!».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.