En de­fen­sa da Real Filharmonía de Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion -

Den­tro da ac­ti­vi­da­de cul­tu­ral de Ga­li­cia, un dos sec­to­res con máis po­si­bi­li­da­des de de­sen­vol­ve­men­to, pro­xec­ción so­cial e ex­ce­len­cia é o da mú­si­ca sin­fó­ni­ca e, non obs­tan­te, esas po­si­bi­li­da­des non se es­tán apro­vei­tan­do su­fi­cien­te­men­te. Esa con­tra­di­to­ria reali­da­de asén­ta­se nos se­guin­tes seis pun­tos:

1.º A Real Filharmonía de Ga­li­cia, úni­ca or­ques­tra de ti­tu­la­ri­da­de au­to­nó­mi­ca e, por iso, so­bre a que a Xun­ta ten un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de in­elu­di­ble, xa cum­priu vin­te anos acre­di­tan­do a súa ca­li­da­de e o seu po­ten­cial. Es­ta or­ques­tra, des­de o seu na­ce­men­to, es­tá vin­cu­la­da a un pro­xec­to edu­ca­ti­vo, a Es­co­la de Al­tos Es­tu­dos Mu­si­cais, no seo do que se desen­vol­ve un pos­grao uni­ver­si­ta­rio que ten por fun­ción cu­brir o ni­vel su­pe­rior da for­ma­ción mu­si­cal pa­ra ins­tru­men­tis­tas or­ques­trais.

2.º As con­di­cións do Au­di­to­rio de Ga­li­cia, on­de a or­ques­tra ten a súa se­de, son ex­cep­cio­nais, e per­mi­ten un­ha am­plia­ción de pú­bli­cos a tra­vés da de­mo­cra­ti­za­ción do ac­ce­so á mú­si­ca sen ris­cos de ba­na­li­za­la con ini­cia­ti­vas de des­lo­ca­li­za­ción ou de dis­per­sión: a mú­si­ca clá­si­ca de­be de­mo­cra­ti­zar­se so­bre to­do atraen­do no­vos pú­bli­cos aos seus fo­ros.

3.º Sen em­bar­go, a RFG per­deu pre­sen­za nou­tras ci­da­des de Ga­li­cia, coa ex­cep­ción de Vi­go; o pro­xec­to edu­ca­ti­vo da Es­co­la de Al­tos Es­tu­dos Mu­si­cais es­tá a con­fun­dir­se con ou­tras ini­cia­ti­vas de for­ma­ción, moi va­lio­sas pe­ro dou­tro ran­go e fun­ción, que non de­ben con­tri­buír a di­mi­nuír o po­ten­cial da for­ma­ción de al­to ni­vel pa­ra a que a es­co­la es­tá des­ti­na­da.

4.º A re­la­ción da RFG coa Or­ques­tra Sin­fó­ni­ca de Ga­li­cia, ou­tra gran­de or­ques­tra con per­fil e di­men­sións non coin­ci­den­tes e, por iso, com­ple­men­ta­rios, é ca­se inexis­ten­te, dán­do­se un­ha moi li­mi­ta­da pre­sen­za da OSG en San­tia­go e da RFG na Co­ru­ña.

5.º O au­tis­mo en­tre esas dúas for­ma­cións e os seus res­pon­sa­bles é inad­mi­si­ble, xa que fai per­der opor­tu­ni­da­des de de­sen­vol­ve­men­to cul­tu­ral que se po­de­ría dar se am­bas as dúas se coor­di­na­sen pa­ra ra­cio­na­li­zar re­per­to­rios e pro­gra­ma­cións, in­ter­cam­biar ba­tu­tas e ins­tru­men­tis­tas e, en re­su­mo, apro­vei­tar ao má­xi­mo o re­cur­so que re­pre­sen­tan pa­ra Ga­li­cia.

6.º Fron­te a es­ta si­tua­ción, é ne­ce­sa­rio re­cor­dar que o Ano Xu­bi­lar 2021 é un­ha opor­tu­ni­da­de es­pe­cial pa­ra que Com­pos­te­la e Ga­li­cia em­pren­dan ini­cia­ti­vas es­pe­cí­fi­cas re­la­cio­na­das coa mú­si­ca.

Con ese ho­ri­zon­te, ins­ta­mos a que as au­to­ri­da­des cul­tu­rais res­pon­sa­bles se com­pro­me­tan nun plan de po­ten­cia­ción e de­sen­vol­ve­men­to des­te ám­bi­to, ga­ran­tin­do a ex­ce­len­cia pa­ra a que a RFG foi crea­da e fo­men­tan­do que a re­la­ción en­tre es­ta e a OSG se con­so­li­de pa­ra al­can­zar un­ha pro­gra­ma­ción mu­si­cal óp­ti­ma en Ga­li­cia, que é po­si­ble cos ins­tru­men­tos de que dis­pón a co­mu­ni­da­de au­tó­no­ma. Ne­se es­for­zo, po­den con­tar co apoio dos asi­nan­tes des­te es­cri­to e, se­gu­ro, co das per­soas afec­cio­na­das á mú­si­ca de to­da Ga­li­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.