Xes­ta­ción por subs­ti­tu­ción

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinion - AN­DRÉS M. IGLE­SIAS. SAN­TIA­GO.

Es­crí­bo­lles en re­fe­ren­cia á no­ti­cia pu­bli­ca­da por vos­te­des o pa­sa­do 12 de xu­llo e ti­tu­la­da «El PP evi­ta que el Par­la­men­to se pro­nun­cie en con­tra de la le­ga­li­za­ción de los vien­tres de al­qui­ler». O ter­mo exac­to, exen­to de con­ti­do pe­xo­ra­ti­vo e ofen­si­vo, é xes­ta­ción por subs­ti­tu­ción, que é tal como fi­gu­ra na Ley 14/2006 de Téc­ni­cas de Re­pro­duc­ción Hu­ma­na Asis­ti­da e en to­dos os di­ta­mes da Or­ga­ni­za­ción Mun­dial da Saú­de. Non é nin «ven­tre de alu­guer», nin «ma­ter­ni­da­de su­bro­ga­da», nin tan se­que­ra «xes­ta­ción su­bro­ga­da». Le­gal­men­te, e iso é im­pe­pi­na­ble (es­téa­se de acor­do ou non con es­ta téc­ni­ca de re­pro­du­ción asis­ti­da), é «xes­ta­ción por subs­ti­tu­ción». Se­ría moi con­ve­nien­te que es­te me­dio de co­mu­ni­ca­ción uti­li­za­ra os ter­mos co­rrec­tos ao re­fe­rir­se a al­go tan sen­si­ble como es­te te­ma, xa que afec­ta a moi­tos ne­nos e ne­nas (e xa non tan ne­nos) ga­le­gos, que fo­ron na­ci­dos des­te xei­to e po­de re­sul­tar pro­fun­da­men­te ofen­si­vo e mo­les­to pa­ra eles e pa­ra as súas fa­mi­lias, cou­sa que me cons­ta. Como ben di a depu­tada Ana Pon­tón, a lin­gua­xe non é inocen­te (aín­da que ela, nes­te ca­so, a uti­li­ce ta­mén pre­ci­sa­men­te de mo­do ten­den­cio­so e ofen­si­vo), por iso os me­dios de co­mu­ni­ca­ción, na súa fi­na­li­da­de de in­for­ma­ción ao con­xun­to da so­cie­da­de, de­be­rían uti­li­zar os ter­mos máis asép­ti­cos e neu­tros po­si­bles, co fin de non ofen­der a nin­guén, e máis can­do eses ter­mos fi­gu­ran en tex­tos le­xis­la­ti­vos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.