O en­te­rra­dor

La Voz de Galicia (Lugo) - - El Tiempo - Xo­sé Car­los Ca­nei­ro

Omeu avó era o en­te­rra­dor de Ve­rín. Ofi­cio que her­dou o meu tío Ge­rar­do e que es­ta­ba des­ti­na­do, por trans­mi­sión fa­mi­liar, ao meu pri­mo Ge­rar­di­to. Non foi así. Co tío aca­bou a sa­ga en­te­rra­do­ra. Se­me­lla­ba un per­so­na­xe no­ve­les­co. Era, el mes­mo, un­ha no­ve­la. Can­do vi­ñe­ron os du­ques de Alba a vi­si­tar o cas­te­lo de Mon­te­rrei, o meu tío era un dos ca­tro ci­ga­rróns que os acom­pa­ña­ron. El, cun ci­ga­rro na man e su­su­rrán­do­lle poe­mas de amor á du­que­sa. De mo­zo ía pa­ra fut­bo­lis­ta pro­fe­sio­nal, pe­ro un­ha le­sión dei­xouno co­xo. Ca­mi­ña­ba coa per­na es­quer­da en ar­co e mi­ra­ba con ollos de se­du­tor. O seu me­dio de lo­co­mo­ción era a bi­ci­cle­ta. Fre­cuen­ta­ba to­das as ta­ber­nas e ti­ña no bran­co, tin­to ou cla­re­te, os seus alia­dos. Abu­sa­ba do vi­ño con fre­cuen­cia e, car­ga­do, en­fron­tá­ba­se con aque­les que lle sacaban me­dio me­tro e cin­cuen­ta qui­los. Sen­tía­se Luis Ma­riano e to­das as noi­tes can­ta­ba dian­te da ca­sa da avoa, que non se cha­ma­ba Car­men, se­nón Ara­ce­li. Aca­ba­ba a ron­da can­do den­de a fies­tra a avoa be­rra­ba: «Vai­te pa­ra a ca­ma, Ge­rar­do». Del te­ño mil re­la­tos sen­ti­men­tais: por­que moi­to o que­ría. E el a min, dou fe. Den­de que co­me­cei a es­cri­bir, co­lec­cio­na­ba to­do o que saía do so­bri­ño es­cri­tor na pren­sa. A súa ca­sa era moi hu­mil­de. Un­ha co­ci­ña e un cuar­to pa­ra dur­mir. Eu pa­sa­ba por alí nas va­ca­cións. E así con­tem­pla­ba có­mo a mo­ra­da es­ta­ba em­pa­pe­la­da li­te­ral­men­te con fotos mi­ñas. Den­de o ro­da­pé ao tei­to. Aca­bou co­lan­do nel, con pe­ga­men­to, os meus ri­zos con ai­re a Ma­ra­do­na. Ago­ra a súa ca­sa es­tá en ruí­nas. Roí­da po­las he­dras, her­bas e sil­vas. Es­tá a trin­ta me­tros da ca­sa fa­mi­liar. Ca­da día te­ño a ten­ta­ción de sal­tar o mu­ro. Non o fa­go. Te­ño me­do de en­con­trar alí os meus res­tos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.