Fran­cis­co Ja­vier Fer­nán­dez Da­vi­la, pre­mio de No­ve­la por En­tre­gas de La Voz

A obra, de at­mos­fe­ra ma­rí­ti­ma, es­tá am­bien­ta­da no Vi­go dos anos da Gue­rra Ci­vil

La Voz de Galicia (Lugo) - - Portada -

Un ve­llo ma­ri­ñei­ro, no sol­por da súa vi­da, sen­te a ne­ce­si­da­de de re­la­tar uns epi­so­dios de­ci­si­vos que vi­viu na súa mo­ci­da­de. Un­ha se­rie de acon­te­ce­men­tos que se re­mon­tan aos anos da Gue­rra Ci­vil e a Se­gun­da Gue­rra Mun­dial, can­do en Vi­go con­fluí­ron al­gúns su­ce­sos que, ma­lia o seu ca­rác­ter clan­des­tino, ti­ve­ron un im­pac­to his­tó­ri­co con­si­de­ra­ble. Es­te é o ar­gu­men­to que pro­pón A sen­da de sal, a obra ga­ña­do­ra do Pre­mio de No­ve­la por En­tre­gas de La Voz de Ga­li­cia, que se fa­llou on­te no Mu­seo San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre nas ins­ta­la­cións do xor­nal. O seu au­tor é Fran­cis­co Ja­vier Fer­nán­dez Da­vi­la, en­xe­ñei­ro de pro­fe­sión quen se es­trea na no­ve­la con es­ta obra.

A sen­da de sal arran­ca co en­con­tro en­tre es­te ma­ri­ño e un­ha mu­ller, a quen o ho­me eli­xe pa­ra res­ca­tar da me­mo­ria máis dis­tan­te e re­la­tar­lle aque­les fei­tos nos que, aín­da sen­do ca­se un neno, ti­vo un­ha par­ti­ci­pa­ción cru­cial. Por­que aquel ra­paz, for­za­do po­la au­sen­cia do pai por mor da gue­rra, ti­vo que fa­cer­se car­go do bar­co fa­mi­liar. Axi­ña as ta­re­fas ha­bi­tuais da pes­ca em­pe­za­rán a dar pa­so a ou­tros trans­por­tes que de xei­to so­te­rra­do afec­ta­rán a moi­tas vi­das mar­ca­das po­lo de­vir da Gue­rra Ci­vil. A no­ve­la am­bién­ta­se na cos­ta sur de Ga­li­cia, on­de a ci­da­de de Vi­go ten un pa­pel des­ta­ca­do, xa que ne­ses anos con­fluí­ron ne­la re­pre­sen­tan­tes dos dous ban­dos que pou­co des­pois ha­be­rían de en­fron­tar­se na se­guin­te con­ten­da bélica de al­can­ce mun­dial: alia­dos e na­zis.

O au­tor da no­ve­la re­ci­bi­rá un pre­mio de 10.000 eu­ros e a súa obra apa­re­ce­rá no xor­nal du­ran­te to­do o mes de agos­to, tan­to na edi­ción en pa­pel co­mo na web do dia­rio. Ca­da un dos 31 ca­pí­tu­los es­ta­rá ilus­tra­do por Juan Car­los Abral­des. Es­ta edi­ción do ga­lar­dón que or­ga­ni­za La Voz coa co­la­bo­ra­ción de Ám­bi­to Cul­tu­ral de El Cor­te In­glés foi das máis al­tas no to­can­te á par­ti­ci­pa­ción, xa que se re­ci­bi­ron 19 ori­xi­nais. Co ga­llo da ce­le­bra­ción do 135 aniver­sa­rio do dia­rio as ba­ses in­tro­du­ci­ron co­mo va­lor po­si­ti­vo un­ha ache­ga li­te­ra­ria de cor­te his­tó­ri­co, pro­pos­ta á que a no­ve­la ga­ña­do­ra se adap­tou de xei­to cum­pri­do.

No seu dis­cur­so, Fer­nán­dez Da­vi­la agra­de­ceu ao pre­mio a mo­ti­va­ción pa­ra «saír dos nú­me­ros e en­trar nas le­tras» e des­ta­cou o pa­pel de xor­nal co­mo di­fu­sor cul­tu­ral en tem­pos nos que «se­me­lla que o fei­to de es­coi­tar es­tá de­va­lua­do». Ás súas pa­la­bras se­gui­ron as de Ra­món Per­nas, director de Ám­bi­to Cul­tu­ral, quen de­fi­niu o cer­ta­me co­mo «un pun­to de en­con­tro que le­va 17 anos reunin­do á xen­te que es­cri­be e pro­du­ce cultura to­dos os días en Ga­li­cia». A eses 17 anos ta­mén se re­fe­ri­ron o director de La Voz, Xosé Luís Vi­le­la —«esa ida­de na que que­res co­mer­te o mun­do: así nos sen­ti­mos nós»— e o con­se­llei­ro de Cultura, Román Ro­drí­guez, pa­ra quen o pre­mio é quen de re­unir in­no­va­ción e tra­di­ción, cun po­ten­cial pa­ra le­var a li­te­ra­tu­ra a «mi­llei­ros de fo­ga­res». O director do xor­nal, quen ti­vo un­ha lem­bran­za es­pe­cial pa­ra Car­los Ca­sa­res e a rei­nau­gu­ra­da ca­sa­mu­seo de Rosalía de Cas­tro, ta­mén alu­diu a ese ca­rác­ter trans­ver­sal da cultura e o xor­na­lis­mo co te­ma his­tó­ri­co que tra­ta a no­ve­la ga­ña­do­ra —«a his­to­ria sem­pre ten moi­to que di­cir do fu­tu­ro»— e pu­xo co­mo exem­plo de­sa trans­mi­sión de lon­go al­can­ce o bi­co gra­va­do no dis­co de ou­ro que le­va a son­da Vo­ya­ger, den­de hai xa co­ren­ta anos, aos con­fíns do es­pa­zo exterior.

VÍTOR MEJUTO

Fer­nán­dez Da­vi­la, na ce­ri­mo­nia de en­tre­ga do ga­lar­dón, ce­le­bra­da on­te no Mu­seo San­tia­go Rey Fer­nán­dez-La­to­rre.

VÍTOR MEJUTO

A cea li­te­ra­ria nas ins­ta­la­cións de La Voz na que se fa­llou o pre­mio reuniu a re­pre­sen­tan­tes da vi­da cul­tu­ral de Ga­li­cia. FO­TOS

O ga­ña­dor, Fer­nán­dez Da­vi­la, con­ver­sa con An­tía Gar­cía, quen acu­diu en re­pre­sen­ta­ción de Ma­nue­la Blan­co, fi­na­lis­ta do pre­mio, en pre­sen­za de Ra­món Per­nas, director de Ám­bi­to Cul­tu­ral; Jo­sé Ma­nuel Blan­co, res­pon­sa­ble de co­mu­ni­ca­ción de El Cor­te In­glés en Ga­li­cia, á es­quer­da; e Román Ro­drí­guez, con­se­llei­ro de Cultura; An­xo Lo­ren­zo, se­cre­ta­rio xe­ral de Cultura e Víctor Frei­xa­nes, pre­si­den­te da RAG, á de­rei­ta da ima­xe.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.