Luz Po­zo Gar­za: 95 anos

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - XESÚS ALON­SO MON­TE­RO

Ho­xe, 21 de xu­llo do 2017, ás seis en pun­to da tar­de, a ex­cel­sa poe­ta cum­pre no­ven­ta e cin­co anos. A súa obra é un mo­nu­men­to de ri­que­za es­pi­ri­tual, de in­cur­sións re­ve­la­do­ras, de pa­la­bras con­vo­can­tes, de aso­mos ao mis­te­rio, de au­ten­ti­ci­da­de, de ace­nos á di­men­sión sa­gra das cou­sas, de li­ris­mo fon­do e de­li­ca­do… Nos seus de­za­seis li­bros (des­de Án­fo­ra, do 1949, a Ro­sa tán­tri­ca, do 2016) o AMOR (así, con maiús­cu­las) atra­ve­sa pá­xi­nas e pá­xi­nas da súa poe­sía, un AMOR que, en non pou­cas oca­sións, po­de­ría es­cri­bir­se con mi­nús­cu­la: o amor que se pro­fe­sa­ron, des­de 1946, ela e o poe­ta Eduar­do Mo­rei­ras, un amor du­ran­te anos sen­ti­do e non con­vi­vi­do e, des­de hai moi­tos, lem­bra­do e evo­ca­do des­de a no­bre e fon­da poé­ti­ca da sau­da­de.

Ho­xe, ás se­te da tar­de, na Real Aca­de­mia Ga­le­ga, Luz Po­zo Gar­za —o me­llor pen­ta­sí­la­bo da poe­sía his­pá­ni­ca— se­rá ho­me­na­xea­da por mú­si­cos que in­ter­pre­tan os seus ver­sos e por dous pro­fe­so­res que ex­pli­can os seus poe­mas, agás os de raíz mís­ti­ca, que son dou­tro mun­do. Nes­te en­con­tro, dez poe­tas le­rán dez poe­mas da ho­me­na­xea­da, e ca­da poe­ta ex­pli­ca­rá por que es­co­lleu tal poe­ma den­tro da in­men­sa fra­ga lí­ri­ca de Luz Po­zo. A Aca­de­mia, des­te xei­to, cum­pre cun de­ber hon­ran­do a quen nos hon­ra, e ini­cia un­ha ac­ti­vi­da­de que de­be­rían con­ti­nuar, en Eu­ro­pa e fó­ra, aque­las ins­ti­tu­cións li­te­ra­rias que aín­da cren na ne­ce­si­da­de e na trans­cen­den­cia da Poe­sía, pois Luz Po­zo é a Poe­sía, a Poe­sía en es­ta­do pu­ro aín­da que non se­xa, no sen­ti­do aca­dé­mi­co, poe­sía pu­ra.

Por­que es­ta POE­TA fai poe­sía en es­ta­do pu­ro mes­mo can­do al­gún lec­tor pou­co aten­to po­de pen­sar que fai poe­sía so­cial ou ci­vil. Nun­ca se cha­mou a no­sa poe­ta Cu­rros En­rí­quez, nin Ga­briel Ce­la­ya nin Cel­so Emi­lio Fe­rrei­ro; nun­ca es­cri­biu pa­ra de­nun­ciar as in­fa­mias da his­to­ria per­pe­tra­das po­los in­fa­mes po­de­ro­sos ou po­los po­de­ro­sos in­fa­mes. Luz Po­zo, aín­da nos tem­pos máis me­nes­te­ro­sos, es­cri­be des­de o Amor, des­de a pu­re­za da Cau­sa. Así hai que in­ter­pre­tar un poe­ma pu­bli­ca­do en La Voz de Ga­li­cia o 4 de fe­brei­ro de 1973 so­bre a gue­rra do Viet­nam e que ti­tu­lou Poe­ma antibelicista [re­pro­du­ci­do nas ima­xes que ilus­tran es­te ar­ti­go]. Des­de a pu­re­za do amor á es­cri­to­ra dóe­lle que «los hom­bres de tez blan­ca / ase­si­nan tus del­tas alu­via­les» men­tres «La flor del al­go­dón / se ti­ñó del co­lor de la inocen­cia / he­ri­da». E an­te o ho­rror da Gue­rra, pre­gun­ta a es­cri­to­ra: «¿Sa­bes tú cuán­tos años / ne­ce­si­ta la vi­da / pa­ra cons­truir un hom­bre?». En reali­da­de, Luz Po­zo, fa­vo­re­cen­do cos seus ver­sos, da­que­la, a es­tra­te­xia da es­quer­da, es­cri­bía des­de ou­tro uni­ver­so: des­de a cau­sa do ben e da pu­re­za. (Co­mo o en­ten­de­ron os cen­so­res fran­quis­tas que non arre­me­te­ron con­tra La Voz?).

Hai ou­tra com­po­si­ción, es­ta de 1991, Poe­mas de Ger­ni­ka que esi­xe un ache­ga­men­to se­me­llan­te. Non se fa­la de fas­cis­mo, nin de Fran­co, nin da Le­xión Cón­dor; a poe­sía en es­ta­do pu­ro en­ri­que­ce o no­so es­pí­ri­to: «Tó­da­las mans anó­ni­mas sim­bo­li­zan o es­tra­go / nun es­pa­cio fen­di­do en dia­go­nais pa­ra ra­char a vi­da. / In­da ou­vi­mos as vo­ces no te­rri­to­rio da inocen­cia. / Os ollos non se pe­chan / nun­ca». Con es­tes cin­co ver­sos fi­na­li­za o poe­ma Ger­ni­ka de Pi­cas­so.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.