«Cán­sa­me moi­to o reguetón»

La Voz de Galicia (Lugo) - - El Tiempo - JOR­GE CA­SA­NO­VA

que vi­ñe­ra máis a xu­ven­tu­de. —Así que vos­te­de to­cou pa­ra os pais e pa­ra os fi­llos, que ago­ra xa co­me­zan a ser pais. —Si, ha, ha. Nun­ha carreira co­mo a mi­ña tes a po­si­bi­li­da­de de to­car pa­ra tres xeracións. —Cal é a cla­ve do éxi­to da Pa­no­ra­ma? —O re­per­to­rio é bá­si­co. A va­rie­da­de é o se­gre­do. E o con­tac­to co pú­bli­co, fa­ce­lo par­ti­ci­par. —E a in­cor­po­ra­ción dos te­mas la­ti­nos, su­po­ño. —Hai moi­to au­xe do la­tino, si. Den­de hai catro ou cin­co anos, to­do é la­tino. —Gús­ta­lle o reguetón? —A min cán­sa­me moi­to o reguetón. É moi igual to­do. Ata é di­fí­cil dis­tin­guir un te­ma dou­tro. Pe­ro eu pen­so que ten da­ta de ca­du­ci­da­de. É un­ha mo­da que vai pa­sar pron­to. Eu di­ría que non hou­bo un­ha épo­ca na que a mú­si­ca se pa­re­ce­ra tan­to, pe­ro ta­mén pen­so que o reguetón é un rit­mo ao que se adap­ta a xu­ven­tu­de e a xen­te maior. —Pois ima­xi­ne que ten que bai­lar un reguetón cun­ha des­tas pa­re­llas: Inés Arri­ma­das, Mi­reia Belmonte, Cris­ti­na Pe­dro­che ou Mar­ta Sán­chez. A quen eli­xe? —Pa­ra bai­lar un reguetón, a Cris­ti­na Pe­dro­che. —Que é o que me­nos lle gus­ta do seu tra­ba­llo? —Pois a fa­lla dun­ha vi­da nor­mal. No ve­rán dis­fru­tas moi pou­co da fa­mi­lia. Pe­ro es­tá moi ben tra­ba­llar no que te gus­ta, dis­fru­tar do que fas. —En in­verno que fai, des­can­sa? —Tal co­mo te­mos en­fo­ca­da a ac­ti­vi­da­de da or­ques­tra, prac­ti­ca­men­te non hai des­can­so. En­tre os cam­bios de re­per­to­rio, os en­saios, os mu­si­cais pa­ra ne­nos... tra­ba­llas o ano en­tei­ro. —Co­mo se pre­pa­ra pa­ra to­do o que fai no es­ce­na­rio? —A ver­da­de é que son ca­se dúas ho­ras nas que non pa­ras. Eu o úni­co que fa­go é man­ter al­go de die­ta por­que en can­to me pa­so de pe­so, nó­too. Ta­mén xo­go al­go ao fút­bol, aín­da que ago­ra xa non me dou tan­ta ca­ña co­mo an­tes. —Qué can­ción lle gus­ta in­ter­pre­tar? —Non sei, por­que cam­bia­mos moi­to o re­per­to­rio. Un­ha que non cam­bia­mos é o Vals de las ma­ri­po­sas. Cán­ta­na os mo­zos e os maio­res. —Un­ha que non lle gus­te can­tar. —Do­lo­res se lla­ma la Lo­la, de Los Sua­ves. Pí­de­na moi­to, pe­ro se po­do lla em­pa­que­to a ou­tro. —Can­ta no co­che? —No co­che nun­ca po­ño mú­si­ca. —Qué lle gus­ta fa­cer fó­ra da mú­si­ca? —Gús­ta­me moi­to o fút­bol e o ci­ne. Ir de vi­ños cos ami­gos fai­me des­co­nec­tar. —Cal é o seu equi­po? —Eu son do Bar­ce­lo­na, pe­ro ta­mén moi ga­le­go. Por pro­xi­mi­da­de, un pou­co máis do Cel­ta, pe­ro se xo­gan os dous e o Dé­por se es­tá xo­gan­do al­go e o Cel­ta non, pre­fi­ro que ga­ñe o Dé­por. —Sa­be­ría fa­cer un­ha tor­ti­lla de pa­ta­cas? —Si. A co­ci­ña non é o meu, pe­ro a tor­ti­lla dá­se­me ben. —Que se pon pa­ra dur­mir? —Un­ha ca­mi­se­ta. Non so­por­to o pan­ta­lón do pi­xa­ma. —Can­tas ve­ces se na­mo­rou? —Uf. Pou­cas. Un­ha vez que ca­sa­ches é di­fí­cil que vol­vas na­mo­rar­te. —De que se arre­pin­te? —De non ter es­tu­da­do máis. Non ti­ña que ter em­pe­za­do tan ce­do. Gus­ta­ría­me ter si­do xor­na­lis­ta de­por­ti­vo. —Que foi a de­rra­dei­ra cou­sa que mer­cou? —Hummm. Non me lem­bro. Ah, si! Un­ha cá­ma­ra Go­pro que aín­da non usei. —Un­ha can­ción. —San­ta Lu­cía, de Mi­guel Ríos. —O máis im­por­tan­te na vi­da é... —Sen­tir­se ben con un mes­mo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.