«Ter un­ha maio­ría ab­so­lu­ta non che dá a ra­zón en to­do o que fas»

A depu­tada cha­ma a to­dos a par­ti­ci­par o 25 de xu­llo por­que «Galicia está máis dis­cri­mi­na­da que nun­ca po­lo Es­ta­do»

La Voz de Galicia (Lugo) - - Galicia - MA­RIO BERAMENDI SAN­TIA­GO / LA VOZ

Moi­to mu­da­ron as cou­sas no Blo­que en ape­nas do­ce me­ses. En xu­llo de 2016, hai ape­nas un ano, vi­ñan de per­der a re­pre­sen­ta­ción no Con­gre­so por vez pri­mei­ra den­de 1996.

—Que lem­bra do am­bien­te do ano pa­sa­do?

—Era un mo­men­to moi dis­tin­to. Man­ti­ven e man­te­ño que es­te país ne­ce­si­ta o na­cio­na­lis­mo; creo que acer­ta­mos can­do apos­ta­mos por man­ter un­ha for­za po­lí­ti­ca pro­pia, coa ca­be­za e co co­ra­zón nes­te país. E o tem­po deu­nos a ra­zón.

—Que mu­dou den­de en­tón?

—Cen­tra­mos as ideas for­za do BNG nas ne­ce­si­da­des do mo­men­to e nas al­ter­na­ti­vas, e pu­xe­mos en mar­cha un no­vo tem­po no que hai no­vas per­soas e no que ac­tua­li­za­mos o no­so dis­cur­so. Po­do di­cir que a xen­te se sin­te ca­da vez máis pró­xi­ma ao BNG.

—Vos­te­des con­vo­ca­ron un 25 de xu­llo pa­ra to­dos os ga­le­gos. Fa­la­ron co res­to das for­zas?

—Nes­ta mo­bi­li­za­ción hai per­soas, or­ga­ni­za­cións e en­ti­da­des so­ciais coas que man­te­mos con­tac­tos e que van es­tar pre­sen­tes no Día da Pa­tria; co­lec­ti­vos que loi­tan con­tra a ban­ca, en de­fen­sa da lin­gua.

—Eu re­fe­ría­me a ou­tras for­zas po­lí­ti­cas de cor­te ga­le­guis­ta ou na­cio­na­lis­ta, co­mo Ano­va...

—Hai cou­sas que non te­ñen ló­xi­ca. Nós res­pec­ta­mos as súas de­ci­sións, pe­ro tra­ba­llan nou­tro es­pa­zo. Son or­ga­ni­za­cións so­be­ra­nas pa­ra en­fo­car o seu tra­ba­llo.

—Que lle pa­re­ce que o 25 ha­xa tan­tas con­vo­ca­to­rias den­de as for­zas de es­quer­da?

—Ca­da quen sin­te co­mo ten que ce­le­brar o Día da Pa­tria. É evi­den­te que hai un­ha gran mo­bi­li­za­ción que con­vo­ca o BNG, e que é aber­ta e se­rá his­tó­ri­ca. Nes­ta oca­sión non só que­re­mos reivin­di­car que so­mos un po­bo, se­nón ta­mén po­ñer o acen­to na dis­cri­mi­na­ción.

—A que se re­fi­re?

—A que Galicia está máis dis­cri­mi­na­da que nun­ca po­lo Es­ta­do. Ca­da día que pa­sa te­mos un­ha no­va no­ti­cia que nos re­afir­ma ne­se sen­ti­do. Ho­xe lin co­mo o Go­berno cen­tral vai pe­dir un prés­ta­mo de mil mi­llóns pa­ra ace­le­rar as obras do AVE en Eus­ka­di; en Galicia te­mos re­cor­tes e ne­ga­ti­vas a trans­fe­rir a AP-9, cun ve­to ver­go­ñen­to; is­to ten que ver coa fal­ta de dis­po­si­ción de quen nos go­ber­na.

—No na­cio­na­lis­mo hai vo­ces que pen­san que o Blo­que está có­mo­do con seis es­ca­nos, e que non po­de as­pi­rar a moi­to máis...

— Su­po­ño que se­rán os mes­mos que nos di­cían que non ía­mos sa­car re­pre­sen­ta­ción no Par­la­men- to ga­le­go. En fin, nós as­pi­ra­mos a ser un­ha for­za maio­ri­ta­ria, e que­re­mos go­ber­nar es­te país.

—Es­coi­tan­do ao BNG a dia­rio xur­de un­ha pre­gun­ta: an mal está Galicia?

—Pen­so que so­mos un gran país, nin me­llor nin peor ca ou­tros; so­mos xen­te cun­ha gran ca­pa­ci­da­de pe­ro fá­lla­nos o so­por­te po­lí­ti­co pa­ra to­da esa ini­cia­ti­va. Preo­cú­pa­me que te­ña­mos uns sa­la­rios tan bai­xos, que a xen­te te­ña que emi­grar, un­ha cre­cen­te pre­ca­rie­da­de la­bo­ral. Esas non son as preo­cu­pa­cións da Xun­ta, que está ins­ta­la­da no 4.0. O PP non ten un pro­xec­to pa­ra es­te país.

—En­tón por que vo­ta a Fei­joo tan­ta xen­te?

—Fun­cio­nou­lle xo­gar to­do a un­ha car­ta, a da es­ta­bi­li­da­de; e fun­cio­nou­lle nun con­tex­to en que o fa­vo­re­ceu a po­lí­ti­ca es­ta­tal; lo­go hai cou­sas internas co­mo o pe­so his­tó­ri­co do PP en Galicia; non creo que to­dos os que lle vo­ta­ron pen­sen que to­do vai de ma­ra­bi­lla. Ter maio­ría ab­so­lu­ta non che da a ra­zón en to­do o que fas.

—En que me­di­da cre que o pro­ce­so ca­ta­lán po­de afec­tar aos car­tos que re­ci­be Galicia?

—O no­so pro­ble­ma non é pro­ce­so ca­ta­lán nin Eus­ka­di. O Es­ta­do re­ci­be en im­pos­tos 3.500 mi­llóns máis dos que lo­go des­ti­na a Galicia pa­ra o seu fi­nan­cia­men­to. Ten­nos que preo­cu­par co­mo rom­per con iso e ter un­ha fa­cen­da pro­pia.

—As­pi­ra a que Galicia vi­va un pro­ce­so si­mi­lar ao ca­ta­lán?

—Ca­da po­bo ten os seus rit­mos, a súa reali­da­de. E nós te­mos que tra­ba­llar pa­ra con­se­guir un­ha ca­pa­ci­da­de de so­be­ra­nía maior. Nós non imos re­nun­ciar ao de­rei­to a de­ci­dir. O nú­me­ro de in­de­pen­den­tis­tas que ha­bía en Ca­ta­lu­ña nos anos oi­ten­ta é moi si­mi­lar ao de na­cio­na­lis­tas ga­le­gos ho­xe.

—A ac­tua­li­da­de vén mar­ca­da po­lo úl­ti­mo ple­na­rio de En Ma­rea, fon­da­men­te di­vi­di­da: co­mo se­guiu ese pro­ce­so?

— Pa­ra fa­cer opo­si­ción da opo­si­ción xa está Fei­joo, que é a súa afec­ción fa­vo­ri­ta. Me­llor nos iría se ca­na­li­za­se to­da esa for­za pa­ra go­ber­nar. Di­to is­to, é cer­to que En Ma­rea ten un­ha si­tua­ción com­pli­ca­da, e eu agar­do que te­ñan a in­te­li­xen­cia pa­ra ca­na­li­zar os seus pro­pios pro­ble­mas.

—Se­guen as por­tas aber­tas pa­ra to­dos os que mar­cha­ron?

—Es­ta­ban e es­tán aber­tas a to­das as per­soas que com­par­tan con nós a idea de que Galicia é un po­bo que ne­ce­si­ta go­ber­nar­se e ofre­cer un ho­ri­zon­te de be­nes­tar á xen­te.

—Que re­la­ción man­tén o Blo­que co res­to das for­zas da opo­si­ción?

—Cor­dial, co­mo non po­de­ría ser dou­tro xei­to, e dia­lo­gan­do so­bre aque­las cues­tións que te­ñen que ver co pro­pio fun­cio­na­men­to do Par­la­men­to e con aque­las cues­tións de país. Aca­ba­mos de so­li­ci­tar un­ha depu­tación per­ma­nen­te as tres for­zas po­lí­ti­cas. O que non é ló­xi­co e que Fei­joo se pre­sen­ta­ra á in­ves­ti­du­ra ofre­cen­do diá­lo­go e ca­da vez que nós que­re­mos dia­lo­gar pe­che esa por­ta. Fei­joo só es­coi­ta aos que lle dan a ra­zón.

X. A. S.

As por­tas do BNG es­tán aber­tas pa­ra quen mar­cha­ron, di Pontón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.