Car­gos a per­pe­tui­da­de

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión -

O mun­do do fút­bol (e non só es­te) an­da re­vol­to. A de­ten­ción —e pos­te­rior in­gre­so en pri­sión— do seu má­xi­mo di­ri­xen­te, Án­gel Ma­ría Vi­llar, acu­sa­do de di­ver­sos car­gos (apro­pia­ción in­de­bi­da, ad­mi­nis­tra­ción des­leal, co­rrup­ción en­tre par­ti­cu­la­res, po­si­ble al­za­men­to de bens, fal­si­da­de do­cu­men­tal), su­pón un du­ro gol­pe a un­ha per­so­na­xe con­tro­ver­ti­da, den­de hai xa moi­tos anos, e a un­has es­tru­tu­ras que o am­pa­ra­ron ao abei­ro dos éxi­tos que ob­ti­vo a se­lec­ción es­pa­ño­la de fút­bol.

Per­ma­ne­cer 29 anos nun car­go dun­ha enor­me re­per­cu­sión so­cial e de pres­ti­xio que mo­ve e xe­ra in­xen­tes can­ti­da­des de eu­ros, re­sul­ta moi ten­ta­dor.

As leis de­be­rían li­mi­tar man­da­tos pa­ra que, na me­di­da do po­si­ble, se mi­ti­guen eses efec­tos co­la­te­rais. Non va­len as es­cu­sas de «per­soa vá­li­da» ou «é o eli­xi­do». A so­cie­da­de ten a sen­sa­ción de que o in­to­ca­ble mun­do do «deporte rei» de­be­ría ser in­ves­ti­ga­do e con­tro­la­do dun xei­to moi­to máis efi­caz.

MA­NO­LO RO­MA­SAN­TA TOU­ZA. SI­GÜEI­RO (ORO­SO).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.