Os poe­tas can­tan a ple­ni­tu­de de Luz Po­zo

A RAG aco­lleu un­ha ho­me­na­xe lí­ri­ca e mu­si­cal con mo­ti­vo do seu 95.º ani­ver­sa­rio

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura - RODRI GAR­CÍA

«Que­re­ría ter aper­ta­do no meu co­ra­zón a to­dos vós, pe­ro non che­go... Es­tas cou­sas tan fer­mo­sas que te­des di­to. Es­ta­me tre­men­do o co­ra­zón...». Son as emo­ti­vas pa­la­bras que di­cía Luz Po­zo Gar­za can­do re­ma­ta­ba a ho­me­na­xe que re­ci­biu on­te na Real Aca­de­mia Ga­le­ga con mo­ti­vo do seu 95.º ani­ver­sa­rio. O sa­lón de ac­tos que­dou­se pe­queno pa­ra es­coi­tar o re­ci­ta­do de dez poe­mas da es­cri­to­ra ce­le­bra­da na voz dou­tros tan­tos poe­tas de dis­tin­tas xe­ra­cións que ex­pli­ca­ron o por­que das súas es­co­llas e o sig­ni­fi­ca­do per­soal da obra des­ta au­to­ra.

No ac­to in­ter­vi­ron Ma­ri­lar Aleixandre, Xo­sé Luís Fran­co Gran­de e Ma­nuel Ri­vas, quen lem­brou que fo­ra alumno de­la nas cla­ses de li­te­ra­tu­ra do ins­ti­tu­to Mo­ne­los da Coruña; Xo­sé Ma­ría Ál­va­rez Các­ca­mo e Pilar Pa­lla­rés, no­vos poe­tas can­do pu­bli­ca­ron na re­vis­ta Nor­dés que di­ri­xía a ho­me­na­xea­da; Eva Veiga e Ol­ga Patiño, que se vi­si­bi­li­za­ron co­mo poe­tas ao tem­po que to­mou o re­le­vo do fa­cho poé­ti­co ou­tra xe­ra­ción, e Yo­lan­da Cas­ta­ño e Ol­ga No­vo, par­te de­sas no­vas vo­ces que emer­xe­ron a me­dia­dos dos anos 90. Nas súas vo­ces soa­ron ver­sos de Con­cer­to de ou­tono (1981), Pro­me­to a flor de lo­to (1992), As ar­pas de Iwerd­don (2004) e Ro­sa tán­tri­ca (2016).

Ta­mén soou un poe­ma iné­di­to que fo­ra eli­xi­do por Sal­va­dor Gar­cía-Bo­da­ño, quen fi­nal­men­te non pui­do acu­dir, e que leu Oli­via Rodríguez. Es­ta foi a en­car­ga­da da edi­ción, coor­di­na­ción e pa­ra­tex­tos do li­bri­ño Un po­zo de luz que, deseña­do por Pe­pe Ba­rro e pu­bli­ca­do po­la RAG, re­co- lle as in­ter­ven­cións que ti­ve­ron lu­gar na tar­de de on­te. O opúscu­lo in­clúe ta­mén as olla­das so­bre a obra de Luz Po­zo Gar­za que ache­ga­ron o poe­ta e di­rec­tor da Cá­te­dra Va­len­te de Poe­sía e Es­té­ti­ca, Clau­dio Rodríguez Fer, e o aca­dé­mi­co e ex pre­si­den­te da RAG Xesús Alon­so Mon­te­ro. Fi­gu­ran ade­mais os tres poe­mas que Po­zo de­di­cou a Ro­sa­lía de Cas­tro e que fo­ron in­ter­pre­ta­dos so­bre a par­ti­tu­ra crea­da pa­ra eles po­lo com­po­si­tor e pro­fe­sor vio­li­nis­ta da Or­ques­tra Sin­fó­ni­ca de Galicia Ga­briel Bus­si, na voz da so­prano Patricia Rodríguez Ri­zo acom­pa­ña­da po­lo Quin­te­to Ci­ma­rrón.

Es­ta­ba pre­vis­to que o pre­si­den­te da RAG, Víc­tor Frei­xa­nes, pe­cha­ra o ac­to fa­lan­do de «au­ten­ti­ci­da­de, ele­gan­cia e be­le­za» pa­ra re­tra­tar a Po­zo. «Pe­ro des­pois de to­do o que se di­xo —apun­tou non sen hu­mor— non vou ler na­da». Agra­de­ceu Frei­xa­nes a par­ti­ci­pa­ción de to­dos, sa­lien­tou que alí se xun­ta­ran a luz das rías de Vi­go e da Coruña e re­ci­tou un­ha das can­ti­gas de ami­go. Apro­vei­tou pa­ra fa­lar da ne­ce­si­da­de de re­cu­pe­rar a obra de Eduardo Mo­rei­ras, que fo­ra o ho­me de Luz, moi pre­sen­te nun­ha ho­me­na­xe na que os poe­tas can­ta­ron a ple­ni­tu­de de Luz Po­zo Gar­za.

«E un­ha mu­ller ca­paz de po­ñer to­do en fer­mo­sas pa­la­bras, nas que ás ve­ces un ver­so ex­pli­ca o mun­do» Víc­tor Frei­xa­nes Pre­si­den­te da RAG «Ca­rac­te­rí­za­se po­la lu­mi­no­si­da­de car­nal e es­pi­ri­tual dun­ha poe­ta me­ta­de eró­ti­ca e me­ta­de fí­si­ca» Clau­dio Rodríguez Fer Es­cri­tor e crí­ti­co «¿Que se­ría de Luz Po­zo se non hou­be­ra un­ha Real Aca­de­mia que a aco­lle­ra con tan­to amor?» Luz Po­zo Gar­za Poe­ta

CÉSAR QUIAN

A mú­si­ca do Quin­te­to Ci­ma­rrón ame­ni­zou a ho­me­na­xe á es­cri­to­ra Luz Po­zo (Ri­ba­deo, 1922).

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.