«Os meus pais sa­bían de me­mo­ria moi­tí­si­mos poe­mas de Ro­sa­lía», lem­brou a es­cri­to­ra

La Voz de Galicia (Lugo) - - Cultura -

«Gra­zas ao pre­si­den­te saín­te, Xesús Alon­so Mon­te­ro, que en 1950 fi­xo que eu en­tra­ra na Real Aca­de­mia, pri­mei­ro co­mo co­rres­pon­den­te e des­pois, en 1966, co­mo nu­me­ra­ria». Era o agra­de­ce­men­to de Luz Po­zo des­pois de pre­gun­tar­se en voz al­ta que se­ría de­la «se non hou­be­ra un­ha Real Aca­de­mia que me aco­lle­ra con tan­to amor». Na súa in­ter­ven­ción, Alon­so Mon­te­ro fa­lou de­la co­mo «poe­ta do amor con maiús­cu­las, can­to­ra con­subs­tan­cial do amor, de­ce­nas e de­ce­nas de poe­mas desde no­va ata ho­xe».

A ho­me­na­xea­da con­tou co­mo «ao prin­ci­pio es­cri­bía en cas­te­lán, aín­da que na mi­ña ca­sa lía­se moi­to a Ro­sa­lía, os meus pais sa­bían de me­mo­ria moi­tí­si­mos poe­mas de­la, que pa­ra min era co­mo un­ha se­gun­da nai». Ex­pli­cou que non es­cri­bía en ga­le­go «por­que na ca­sa fa­la­ba en cas­te­lán e pa­re­cía­me nor­mal es­cri­bir co­mo fa­la­ba; pe­ro can­do em­pe­cei din­me con­ta que era com­ple­ta­men­te di­fe­ren­te, non que fo­ra me­llor nin peor, por­que as lin­guas non son me­llo­res nin peo­res: as lin­guas son fer­mo­sas, son ne­ce­sa­rias, pe­ro son dis­tin­tas».

Luz Po­zo, que está pre­pa­ran­do un no­vo poe­ma­rio, fa­lou ta­mén «dun li­bro que se cha­ma Al­ba de mu­lle­res de Car­men Blan­co», que re­co­men­dou vi­va­men­te a ho­mes e mu­lle­res, «os que son fe­mi­nis­tas e os que non o son», xa que ne­se vo­lu­me es­tán «to­das as mu­lle­res do mun­do». Re­ma­tou lem­bran­do aos seus ami­gos («que pa­sa­ron anos e anos es­cri­bin­do so­bre min») os Po­ci­ña, que es­tán en Gra­na­da e «non pui­de­ron vir e es­ta­ban moi des­gus­ta­dos». E re­par­tiu bi­cos pa­ra to­dos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.