Luz Po­zo e o ca­ba­lei­ro Ga­lahad

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - SI­RO

Ao rematar a ho­me­na­xe que a Aca­de­mia fi­xo á poe­ta Luz Po­zo o pa­sa­do ven­res, día 21, en que cum­pría 95 anos, pre­gun­tá­ba­me can­tos ac­tos de tan al­tí­si­mo ni­vel se ce­le­bra­rán en Ma­drid, Pa­rís ou No­va York ao lon­go do ano e, can­to máis o pen­sa­ba, máis cer­to es­ta­ba de que se­rán moi pou­cos. As in­ter­ven­cións, ade­mais de elo­xiar a obra poé­ti­ca da ho­me­na­xea­da, coin­ci­di­ron en su­bli­ñar que o gran­de amor que vi­viu co ta­mén poe­ta Eduar­do Mo­rei­ras ins­pi­rou­lle os me­llo­res ver­sos. Dese amor fa­lou pu­bli­ca­men­te Luz Po­zo en in­con­tá­beis oca­sións, pe­ro nun­ca co­mo co­mi­go no ano 1997, can­do a en­tre­vis­tei para a sec­ción Ris­cos, que fa­cía nes­te xor­nal. Te­ño aque­la se­rie po­lo meu me­llor tra­ba­llo pe­rio­dís­ti­co e Luz de­bía de coin­ci­dir na va­lo­ra­ción por­que na con­ver­sa que man­ti­ve­mos na súa ca­sa abriu o co­razón e dei­xou saír os re­cor­dos e os sen­ti­men­tos máis ín­ti­mos. Ao rematar, eu sa­bía que na­que­las no­tas le­va­ba un­ha en­tre­vis­ta di­fe­ren­te e, des­pois, can­do na redacción lle dei a for­ma de­fi­ni­ti­va, sou­ben que non a su­pe­raría nin­gun­ha ou­tra. Le­vei­lla a Luz e emo­cio­nou­se ata as bá­goas. Re­co­ñe­ceu­se to­tal­men­te e sen­tiu­se le­da por­que di­cía o que sem­pre qui­xe­ra di­cir. Dous días des­pois a en­tre­vis­ta se­ría pu­bli­ca­da a to­da pá­xi­na, coa co­rres­pon­den­te ca­ri­ca­tu­ra.

Pa­sa­ron as ho­ras e Luz em­pe­zou a pen­sar que aque­las de­cla­ra­cións súas fa­rían dano ao pri­mei­ro ma­ri­do, a quen res­pec­ta­ba e que­ría; che­gou á con­vi­ción de que non de­be­ría pu­bli­ca­la e ás on­ce da noi­te cha­mou­me ao pe­rió­di­co para di­cir­mo, pe­ro non me ato­pou. Fa­lou co te­le­fo­nis­ta e pe­diu­lle, su­pli­cou­lle, que lle dese o te­lé­fono da mi­ña ca­sa por­que ne­ce­si­ta­ba fa­lar co­mi­go ur­xen­te­men­te. Non ti­vo éxi­to e per­deu os ner­vios. An­gu­ria­da, pú­xo­se a re­zar e á un­ha da ma­ñá cha­mou de no­vo ao meu te­lé­fono de La Voz e eu res­pon­dín. Fo­ra cear cuns ami­gos e an­tes de vol­ver a ca­sa pa­sei po­la redacción para re­co­ller al­go que es­que­ce­ra. Luz, mu­ller cren­te, tí­voo por mi­la­gre.

O día se­guin­te vol­vín á súa ca­sa, fi­xe­mos ou­tra en­tre­vis­ta e saíu pu­bli­ca­da. Des­de en­tón Luz di que son o seu ca­ba­lei­ro, o seu Ga­lahad. Gus­ta­ría­me pu­bli­car ho­xe, co­mo aga­sa­llo a Luz Po­zo, aque­la pri­mei­ra en­tre­vis­ta, pe­ro per­di­na can­do La Voz pa­sou de Con­cep­ción Are­nal a Sa­bón. Des­apa­re­ceu do or­de­na­dor co­mo des­apa­re­ce­ron do meu es­tu­do al­gúns de­bu­xos irre­pe­tí­beis. Nun­ca en­ten­dín aque­les ex­tra­víos e che­guei á con­clu­sión de que eran de­ma­sia­do bos para ser meus.

SI­RO

ILUSTRACIÓN

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.