Quie­tos e po­lo se­gu­ri­ño

La Voz de Galicia (Lugo) - - Opinión - VÍC­TOR F. FREI­XA­NES Pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga

Vol­vo á ma­rea que ini­ciei a pa­sa­da se­ma­na: o ho­ri­zon­te pro­fe­sio­nal das ga­le­gas e os ga­le­gos, a xen­te no­va que es­tá a saír das fa­cul­ta­des uni­ver­si­ta­rias e ini­cian o seu sem­pre in­cer­to fu­tu­ro la­bo­ral. «¿Que que­re­des ser de maio­res?». Era a pre­gun­ta que nos fa­cían de ne­nos. Al­gún di­cía que ar­tis­ta de ci­ne, «ofi­ci­nis­ta, igual ca meu pai», es­coi­ta­ba eu na ca­sa, con­du­tor de ca­mión, mé­di­co (os mais arri­cha­dos)… Un­ha das res­pos­tas máis co­múns nes­tes tem­pos sei­ca é ser «fa­mo­so», en­ten­dá­mo­nos: cal­que­ra cou­sa que sig­ni­fi­que saír po­la te­le­vi­sión ou bou­rear nas re­des; eses ra­pa­ces que dis­que se fan ri­cos en ca­tro días po­ñen­do ví­deos en YouTu­be.

Pe­ro can­do pou­sa a reali­da­de e nos imos ache­gan­do ao au­tén­ti­co desafío (o fu­tu­ro máis in­me­dia­to), a en­qui­sa que re­cen­te­men­te reali­zou en­tre 9.000 es­pa­ñois (1.000 ga­le­gos) a fun­da­ción AXA e o ins­ti­tu­to Edu­ca 20.20 di que o 36,6 por cen­to dos no­sos mo­zos as­pi­ran a ser fun­cio­na­rios pú­bli­cos. E lem­bra­ba eu na ma­rea da pa­sa­da se­ma­na o co­men­ta­rio que nos fa­cía un ve­llo mes­tre da de­le­ga­ción de Edu­ca­ción en Pon­te­ve­dra, nos anos se­ten­ta, can­do an­da­ba­mos nas pro­tes­tas e reivin­di­ca­cións do sec­tor: «Acou­ga­de, ra­pa­ces. Mi­ra­de que o pan do Es­ta­do é es­ca­so, pe­ro dun­ha bran­cu­ra in­fi­ni­ta».

Cu­ras, gar­da ci­vís e mes­tres. Ve­la­quí a tría­da his­tó­ri­ca dos no­sos avós, os que pui­de­ron che­gar a tan­to. A ca­rrei­ra ecle­siás­ti­ca e a Gar­da Ci­vil se ca­dra vi­ñe­ron a menos. O ma­xis­te­rio (con to­da a súa gran­de­za) se­gue a ser un­ha li­ña de ho­ri­zon­te co­bi­za­da po­la mo­ci­da­de. Aín­da que no con­cep­to de fun­cio­na­rio (non con­tra­ta­do la­bo­ral) en­tra ou­tra di­men­sión: a se­gu­ri­da­de, o tra­ba­llo fi­xo, a au­sen­cia de pre­sións com­pe­ti­ti­vas (máis pro­pias da em­pre­sa pri­va­da), es­ta­bi­li­da­de, un pos­to en pro­pie­da­de, in­vi­si­bi­li­da­de do pa­trón (o Es­ta­do é un en­te abs­trac­to)… Exis­te en moi­tos ca­sos vo­ca­ción de ser­vi­zo, sen dú­bi­da, mais o que man­da é o que ve­ño de su­bli­ñar: in­de­pen­den­cia e li­ber­da­de (in­di­vi­duais).

Na­da que ver coa ex­pe­rien­cia ca­ta­lá, vas­ca, na­va­rra ou mes­mo an­da­lu­za, cu­rio­sa­men­te, on­de a ini­cia­ti­va em­pren­de­do­ra (mon­tar em­pre­sa pro­pia) ocu­pa os pri­mei­ros postos. Ca­da con­tex­to cons­trúe o seu ima­xi­na­rio. Os ra­pa­ci­ños da Fe­rrol­te­rra, nos anos se­sen­ta do pa­sa­do sécu­lo, as­pi­ra­ban ca­se que to­dos a tra­ba­llar nos es­ta­lei­ros (de­li­ñan­tes, en­xe­ñei­ros, sol­da­do­res). Nas Rías Bai­xas man­da­ba moi­to o mun­do do mar. Mais en Ga­li­cia o fun­cio­na­ria­do se­gue pri­man­do no ho­ri­zon­te da xen­te no­va, agás cu­rio­sa­men­te os que vi­vi­ron ex­pe­rien­cias uni­ver­si­ta­rias de Eras­mus (es­ta­días anuais en Eu­ro­pa) ou fi­xe­ron al­gún pos­grao e tra­ba­llos no es­tran­xei­ro (¡ou­tra vez a emi­gra­ción co­mo in­cen­ti­vo!).

O país, a con­tor­na so­cial e eco­nó­mi­ca, a cul­tu­ra fa­mi­liar que pro­du­ci­mos e trans­mi­ti­mos ¿non dá máis de si? ¿Tan pou­co mu­dou a reali­da­de pro­fun­da nes­tas dé­ca­das de apa­ren­te pro­gre­so?

Quie­tos e po­lo se­gu­ri­ño. Un mo­ti­vo para re­fle­xio­nar.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.