A Fun­da­ción Cu­rros con­ce­de o pre­mio Ce­la­no­va, Ca­sa dos Poe­tas a Hi­jos de Ri­ve­ra

La Voz de Galicia (Lugo) - - Al Sol -

O pa­droa­do da Fun­da­ción Cu­rros En­rí­quez acor­dou on­te con­ce­der o pre­mio Ce­la­no­va, Ca­sa dos Poe­tas á cor­po­ra­ción Hi­jos de Ri­ve­ra po­lo seu com­pro­mi­so con Ga­li­cia e a pro­mo­ción da lin­gua e da cul­tu­ra ga­le­ga e, ade­mais, po­la súa im­pli­ca­ción no desen­vol­ve­men­to do me­dio rural con pro­xec­tos co­mo o Mer­ca­do da Co­llei­ta. A Fun­da­ción Cu­rros En­rí­quez le­va trin­ta e tres anos pro­mo­ven­do un­ha con­vo­ca­to­ria que, nes­te tem­po, le­va re­co­ñe­ci­do ás fi­gu­ras máis so­bran­cei­ras de Ga­li­cia, ins­ti­tu­cións e co­lec­ti­vos. Na de­ci­sión do pa­droa­do, que ce­le­brou a súa xun­tan­za anual na ca­sa de Cu­rros, ba­séa­se a con­ce­sión do ga­lar­dón na «con­tri­bu­ción á di­vul­ga­ción de Ga­li­cia no mun­do a tra­vés do seu prin­ci­pal pro­du­to, a cer­ve­xa Es­tre­lla Ga­li­cia, fai de seu que o no­me da no­sa te­rra se­xa pres­ti­xia­do e va­lo­ra­do co­mo pro­du­to de ca­li­da­de moi­to máis alá das no­sas pro­pias fron­tei­ras».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.