Adeus ao gran de­fen­sor do pa­tri­mo­nio lu­cen­se

La Voz de Galicia (Lugo) - - Lugo -

O his­to­ria­dor e sa­cer­do­te lu­cen­se Ni­can­dro Ares Váz­quez fa­le­ceu, tras un­ha lon­ga en­fer­mi­da­de, aos 91 anos. O fu­ne­ral te­rá lu­gar ma­ñá ás 11.00 ho­ras en San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da, o seu po­bo na­tal. O seu cor­po re­pou­sa es­tes días en Ve­la­to­rios Lu­cen­ses.

Ade­mais de teó­lo­go e fi­ló­lo­go, Ni­can­dro Ares foi mem­bro da Real Aca­de­mia Ga­le­ga (RAG). Ares foi un dos maio­res es­pe­cia­lis­tas do enig­má­ti­co con­xun­to mo­nu­men­tal de San­ta Eu­la­lia de Bó­ve­da, e un gran de­fen­sor do pa­tri­mo­nio lu­cen­se. En­tre as súas con­tri­bu­cións ao es­tu­do de Bó­ve­da des­ta­can a in­ter­pre­ta­ción do mun­do sim­bó­li­co da de­co­ra­ción.

Por ou­tra ban­da, es­te sa­cer­do­te foi un dos im­pul­so­res da re­cu­pe­ra­ción e pro­mo­ción do Ca­mi­ño Pri­mi­ti­vo, ho­xe de­cla­ra­do Pa­tri­mo­nio Mun­dial po­la Unes­co, des­ta­can­do que es­ta foi a pri­mei­ra vía do­cu­men­ta­da a Com­pos­te­la.

Ex­per­to en to­po­ni­mia

Ou­tro dos campos de es­tu­do no que máis des­ta­cou o his­to­ria­dor é a to­po­ni­mia. Pre­ci­sa­men­te a Real Aca­de­mia Ga­le­ga pu­bli­cou en 2013 dous to­mos que com­pi­lan 178 es­tu­dos so­bre to­po­ni­mia ga­le­ga rea­li­za­dos por es­te sa­cer­do­te lu­cen­se. Xesús Alon­so Mon­te­ro, ex pre­si­den­te da RAG, di­xe­ra ao res­pec­to que Ares é «un dos cu­mios da to­po­ni­mia española», e prac­ti­ca­men­te o úni­co sa­cer­do­te que se ten de­di­ca­do a ela.

AL­BER­TO LÓ­PEZ

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.