Si­na­li­zan en Be­ce­rreá un pos­te de 1849 úni­co en Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Lugo) - - Provincia - XA­BIER MOU­RE

O Con­ce­llo de Be­ce­rreá si­na­li­zou un pos­te mi­ria­mé­tri­co de 1849 a pe­ti­ción do co­lec­ti­vo Pa­tri­mo­nio dos An­ca­res, que o do­cu­men­tou en maio. Es­te fi­to es­tá si­tua­do na pa­rro­quia de Agüei­ra, a ca­rón da ve­lla N-VI, que for­ma­ba par­te do an­ti­go Ca­mi­ño Real que co­mu­ni­ca­ba Ga­li­cia coa Me­se­ta. Es­te ben pa­tri­mo­nial foi co­lo­ca­do can­do en Es­pa­ña se in­tro­du­ciu o no­vo sis­te­ma mé­tri­co de­ci­mal, o que con­le­vou o aban­dono dos le­gua­rios e a adop­ción dou­tras si­na­li­za­cións. Es­tes fi­tos mi­ria­mé­tri­cos, que se co­lo­ca­ban ca­da dez qui­ló­me­tros, in­di­ca­ban as dis­tan­cias que os se­pa­ra­ban de Ma­drid e as ca­pi­tais máis im­por­tan­tes. Es­te é o úni­co que se con­ser­va en Ga­li­cia. Des­de a co­lo­ca­ción des­te pos­te, o lu­gar re­ci­be o no­me de O Mar­co. Con­ser­va a se­guin­te ins­cri­ción: «A Lu­go 51; a Ma­drid 460; a León 176».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.